"Pula" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 101.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de popularizar ou popularizarse.
-
-
Facer algo popular.
-
Chegar a ser popular.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución estadounidense de carácter privado creada en 1936 na Princeton University. Dedícase á investigación e ao ensino no campo da demografía.
-
CIDADES
Cidade de Croacia, situada ao S da península de Istria (62.378 h [1991]). É un centro turístico, concentrado na illa de Uljanik. Antiga colonia romana (Pietas Iulia), a poboación foi sucesivamente posesión dos bizantinos (539) e dos francos (788), e capital do marquesado de Istria. Despois pertenceu a Venecia (1150), a Austria (1850) e a Italia (1920) e incorporouse a Iugoslavia en 1947.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade monetaria principal de Botswana. Divídese en 100 thebe.
-
-
Dar choutos ou saltos unha persoa ou un animal.
-
Medrar unha planta ou un animal de xeito visible.
-
Andar moi rapidamente e con grandes alancadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Malaisia (1.031 km2; 1.313.449 h [2000]). A súa capital é Pinang.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Restos de palla e po dos cereais que voan ao peneiralos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Madrid a partir de 1944. Editada polo CSIC, incluíu investigacións dialectolóxicas, etnográficas e antropolóxicas, atendendo á diversidade lingüística da Península. Incluíu numerosos artigos asinados por expertos sobre literatura popular, folclore e tradicións. O seu primeiro director foi Vicente García de Diego, que foi subtituído por Xulio Caro Baroja a partir de 1988. A partir de 1989 publicou só estudos de antropoloxía e etnografía e, a partir de 1994, trocou a súa periodicidade de trimestral en semestral. En 1996 tomou o relevo na dirección Concha Casado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Pontevedra a partir do 1 de decembro de 1892 que cesou en novembro de 1924. Subtitulada inicialmente “Ciencias, artes y literatura”, foi dirixida por Ramiro Vieira. Saíu tres veces ao mes e incluíu entrevistas, enquisas e artigos pequenos de temática variada a cargo de distintos colaboradores. O último número desta primeira época editouse o 20 de xuño de 1896 (nº123), pero en marzo de 1904 reapareceu en Vigo, agora subtitulada “Literaria, científica, de bellas artes e intereses regionales”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poliqueto sedentario, pertencente ao xénero Serpula, da familia dos serpúlidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de anélidos poliquetos sedentarios, da familia dos serpúlidos, da orde dos sabélidos, con opérculo cartilaxinoso formando un funil sobre un pedúnculo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral fundada por Eduardo Blanco Amor en Bos Aires en 1957, na que se integraron actores como Fernando Iglesias Tacholas, que representaron as súas pezas no Centro Lucense. Dos seus espectáculos destacan Estadeíña, de M. Lugrís, e O cantar dos cantares, de Blanco Amor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral fundada en Vigo en 1966. Dos seus espectáculos destacan A raposa e as uvas (1966), de G. Figueiredo, e A puta respetuosa (1968), de J. P. Sartre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Artello.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro estatal fundado en París en 1920. O seu primeiro director foi o actor Gremier, que ostentou o cargo ata 1933. Creouse coa finalidade de ofrecer espectáculos de calidade a uns prezos accesibles, especialmente para un público popular. Foi dirixido por notables personalidades, das que destaca Jean Vilar (1951-1963), co que a compañía acadou un gran prestixio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos dípteros, da familia dos tipúlidos, que está constituído por mosquitos de grandes dimensións (3-4 cm), con patas moi longas e delgadas (ata 10 cm), ás veces sen ás, con antenas filiformes e aparato bucal curto e sen ocelos. De larvas fitófagas ou saprófagas, os adultos nútrense de zumes vexetais. Habitan en medios húmidos de rexións temperadas e cálidas de todo o mundo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de persoas encargadas da manobra e do servizo nun barco, nunha aeronave ou nunha astronave.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro dunha tripulación.
-
-
Prover de tripulación unha embarcación, unha aeronave ou unha astronave.
-
Conducir ou gobernar unha embarcación, unha aeronave ou unha astronave.
-