"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • Conxunto de linguas pertencente ao grupo semítico occidental setentrional, faladas no oeste de Mesopotamia, que se divide nos grupos oriental e occidental, ao que pertencen o sirio e o samaritano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cercar un sitio con arames.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou todos os xéneros pictóricos, dende o retrato ata a paisaxe. A súa obra caracterízase por composicións moi sobrecargadas, aínda que nidiamente estruturadas. As súas preferencias cromáticas, que constitúen o cerne da súa abstracción persoal, son vermellos esvaídos, terras, negros e óxidos. Recibiu a medalla de ouro da Bienal Nacional de Pontevedra (1975) e da Bienal Provincial de Pontevedra (1976). A súa obra está presente en diversos museos de Galicia e de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Xefe do estado maior das Forzas Armadas Arxentinas, participou no derrocamento do xeneral Perón (1955) e foi Presidente provisional da República ata as eleccións (1958) que lle deron o triunfo a Arturo Frondizi. Secuestrado no 1970, foi asasinado polos montoneros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fío metálico flexible empregado para diversos usos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio de cociña empregado para bater ovos á hora de facer biscoitos e doces semellantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos arameos ou á súa lingua.

    2. Individuo dun pobo semita do antigo Oriente establecido no s XI a C no O de Asiria. Un texto cuneiforme da III Dinastía de Ur (2006 a C) menciona a cidade de Aramiki; os nomes Aramu e Ahlamu aparecen en Mari (ss XIX e XVIII a C). Na época de Abraham, segundo a Biblia, a rexión de Aram Naharayim estaba ao N de Mesopotamia, tendo o seu centro en Haran. Preto da actual Baalbek, tribos arameas nómadas chegadas de Mesopotamia no s XI a C fundaron pequenos estados: Samal, Arpad, Alepo, Hama e Damasco, o máis poderoso de todos eles, atacado repetidamente polos asirios, caendo nas mans do Rei asirio Teglatpelésar III (733). Despois da Batalla de Qarqar (720), derrotados por Sargon II de Asiria, desapareceron os estados arameos.

    3. Lingua ou conxunto de dialectos semíticos do grupo occidental. Falada polo pobo arameo, despois da súa desaparición como entidade política, converteuse na lingua franca do Próximo Oriente. O seu nacemento está moi relacionado co hebreo, o siríaco e o fenicio do que deriva o seu alfabeto. Caracterízase polo triliteralismo, pola perda da vogal de caso na declinación e polo feito de formar os plurais mediante a anexión de sufixos. Aínda que foi pouco importante literariamente, sen embargo, exerceu como transmisora da cultura grecorromana en Oriente e do Oriente a Europa. O arameo antigo remóntase probablemente ao II milenio a C, aínda que os primeiros testemuños da súa aparición dátanse a finais do s XI a C. Durante o Imperio Babilónico converteuse na lingua oficial, e a partir do s VII a C, suplantou ao accadi, para acadar a súa máxima vitalidade: convértese na lingua franca dos comerciantes babilonios no Oriente Medio. Substituíu tamén ao hebreo, a partir do desterro dos xudeus en Babilonia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terra de labor que é adecuada ou que está en sazón para sementar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Musicólogo e crítico musical. Foi profesor de Xeometría, Aritmética, Álxebra, Mecánica e máquinas de vapor na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Froito da súa investigación musicolóxica, da que foi precusor, publicou xunto con Varela Lorenzo unha Monografía sobre música patriótica española (1901), colaborou con Casto Sampedro en Los trabajos del folclore musical gallego e publicou Sobre un himno gallego: algunas consideraciones. Resultado da súa investigación arqueolóxica musical son Solo de gaita (1911) e Solo de gaita Coda (1911), acompañados de gravados e publicados no Boletín da Real Academia Galega, e a Colección de cantos populares gallegos. Outras achegas súas son: Música popular ferrolana e Romerías ferrolanas. Foi crítico musical e redactor de El Correo Gallego (Ferrol), no que asinou co pseudónimo de Pizzicato, e colaborador de revistas como Almanaque de Ferrol, El...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ministro de Facenda con Fernando VII, foi tamén moi afeccionado á música, destacando como violoncelista. En 1842 foi nomeado director do Conservatorio Nacional (1842-1847).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de cantería que traballou na diócese de Tui. En 1862 contratou a edificación da igrexa de Salcidos; reconstruíu a torre campanario e parte do coro da igrexa das Clarisas de Tui. Tamén fixo o enlousado da igrexa de San Cristovo de Goián (Tomiño) e o cruceiro da praza de San Martiño de Figueiró (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de arquitectos ingleses fundado en 1961. Preconizaba os sistemas tecnolóxicos como definidores da arquitectura e como organizadores do hábitat humano. Estaba formado por Chalk, Cook, Crompton, Greeve, Herron e Webb.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Pontificia de Salamanca (1964) e pola Universidade de Madrid (1968). É coautor do libro Introdución á Filosofía (1979) e autor da Historia da Filosofía (1980). Colabora na prensa local (La Región) e en revistas (Trebo) con artigos sobre pensadores galegos, filosofía ou temas de cultura xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Aínda novo emigrou a Cuba onde comezou a traballar nos almacéns El Encanto da Habana. Tras un período de formación nos EE UU retornou a España, iniciando a súa andaina empresarial coa apertura, en 1935, dun pequeno almacén de roupa, que chamou El Corte Inglés, no centro de Madrid. A partir dos anos cincuenta iniciou unha coidadosa planificación que vai converter a súa empresa no primero grupo español de distribución, abranguendo actividades industriais (confección téxtil, moble, informática) e de servicios (axencia de viaxes, seguros). Así mesmo, xestionou o grupo Construciones y Contratas, situándoo entre os máis importantes do sector. A fundación que leva o seu nome desenvolve, desde os seus inicios en 1976, un importante labor cultural e de investigación. En 1982 foi nomeado Doutor Honoris Causa en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Oviedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ruso. Participou dende 1890 ao 1900 no grupo dos Ambulantes. A súa obra é de feitura expresionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. En 1885 creou a publicación mensual A Gaita Gallega, en colaboración con Manuel Lugrís Freire. É autor da peza titulada Non máis emigración (1886), estreada na Habana no ano da súa publicación, con música de Felisindo Rego. Subtitulada “apropósito lírico-dramático en dous actos e sete cadros”, a obra é unha forte alegación contra a diáspora. Con esta peza obtivo un sorprendente éxito de público e suscitou un intenso debate respecto á oportunidade e á necesidade dun teatro en galego. Posteriormente publicou un monólogo titulado Mexamorno en Viveiro (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico español coñecido como Montxo Armendáriz. Comezou o seu labor realizando algunhas curtametraxes entre as que cómpre salientar Carboneros de Navarra (1981). Volveu tratar o mesmo tema na longametraxe Tasio (1984), producida por Elías Querejeta, principiando unha relación persoal entre director e produtor que se prolongou en 27 horas (1986), Las cartas de Alou (1990) e Historias del Kronen (1995). No ano 1997 dirixiu Secretos del corazón (1997), nominada ao Oscar como mellor película estranxeira, na que volta ao mundo da súa primeira obra, a Navarra rural dos anos sesenta vista polos ollos dun neno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que sofre trastornos psíquicos pasaxeiros ou que ten moitas teimas.

    VER O DETALLE DO TERMO