"Razo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 100.

    1. Que obra ou pensa conforme á razón.

    2. Que resulta aceptable, xusto ou convinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de razoar.

    2. Que se basea ou fundamenta en razóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen razoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de razoar.

    2. Conxunto de proposicións ou ideas que serven para demostrar, xustificar ou explicar unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aducir as razóns que explican ou xustifican unha cousa.

    2. Facer uso da razón.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facultade de razoar, de discorrer pola intelixencia. Entendida xeralmente como sinónimo de intelecto, Immanuel Kant entendeuna como a facultade de coñecemento superior que, mediante as ideas, ou os principios, unifica en último termo todo o que se coñece polo entendemento.

      2. Cada un dos diferentes usos que se fai da razón ou cada unha das diferentes maneiras como se entende que esta facultade pode ser exercida. A razón analítica refírese á comprensión máis tradicional do uso da razón, en contraposición á razón dialéctica , que expresa o exercicio dialéctico desta facultade. Distínguese tamén entre razón pura , que é a razón que se refire aos principios a priori do coñecemento, e razón práctica , é dicir, a que se refire aos principios a priori da acción humana. O problema dos diferentes usos da razón preséntase tamén na cuestión das relacións que existen entre fe e razón, relixión e ciencia ou teoloxía e filosofía.

      3. Fundamento, sentido, xustificación última e racional de todas e cada unha das cousas da realidade total. Expresión do intento de reducir o universo a unha unidade coherente e intelixible, a proclama dunha razón do mundo está xa no inicio mesmo da filosofía occidental, aínda que esta razón se denominou de formas diversas (como logos, noüs ou idea), e pasou ao mundo cristián como unha proclama do divino. Coa progresiva secularización que conlevou a modernidade, a afirmación da razón fíxose máis explícita.

      4. culto da razón

        Actitude, a miúdo filosófica, pola que se afirma a primacía e autosuficiencia da razón humana. Permanecen excluídas, ou polo menos invalidadas, todas as outras maneiras de enfrontar a realidade que non sexan estritamente racionais, e incluso racionalistas, ou todas aquelas manifestacións do real que non se deixan explicar pola soa razón.

      5. principio de razón suficiente

        Principio polo que algo non se dá ou non chega a ser sen unha razón para que se dea ou chegue a ser, ou sen unha razón que explique o feito que se dea ou que chegue a ser. Coñecido desde tempos antigos, foi enunciado de forma clara por G. W. Leibniz: “Ningún feito pode ser verdadeiro ou existente e ningún enunciado pode ser verdadeiro, se non se dá unha razón suficiente para que sexa así e non doutro xeito”. Relacionado co principio de causalidade e incluso co de non contradición, este principio inclúe diversos aspectos: un lóxico-gnoseolóxico, outro ontolóxico, e un psicolóxico ou psicognoseolóxico.

    1. Acerto ou certeza no que se di ou se fai.

    2. Argumento válido ou xusto para dicir ou facer unha cousa.

    3. Cousa que determina unha acción ou a existencia de algo.

    4. Información ou explicación dunha cousa.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado na Pobra do Caramiñal a partir do 30 de abril de 1916. Cesou o 25 de marzo de 1917 (nº44). Subtitulado “Semanario crítico. Órgano del Partido Obrero” e de contido anticaciquil, estivo baixo a dirección do militante socialista Antonio Ferreiro, delegado da Sociedad Marítima La Naval na Ría de Arousa e fundador de numerosos colectivos obreiros e agrarios na bisbarra. Baixo o lema “La crítica purifica el ambiente de la verdad mal traída. Todos para uno, uno para todos. La Unión es fuerza”, incluíu información política e colaboracións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Madrid a partir do 10 de novembro de 1998. Subtitulado “Diario Independente de información general” naceu como un proxecto persoal do ex director de ABC, Luís María Ansón. Integrado no Grupo Zeta e dirixido por Joaquín Vila, é un diario de carácter nacional que aspira a competir cos diarios de maior tiraxe. De tendencia conservadora e monárquica, defensor da unidade nacional fronte aos nacionalismos, distinguiuse do ABC polo seu estilo sensacionalista con grandes fotos e chamativos titulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Vigo a partir de 1889. Cesou non antes de 1894. Subtitulado “Semanario defensor del catolicismo”, foi dirixido por Amador Montenegro. Editouse nos obradoiros da Editorial Galaica e foi un firme defensor do catolicismo, das cuestións agrarias e dos problemas do campesiñado galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza situada en cada un dos laterais dun asento que serve para apoiar os brazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1189-1199) e duque de Aquitania (1168-1199), fillo e sucesor de Enrique II de Inglaterra e de Leonor de Aquitania. Tan pronto ocupou o trono, preparou (1189-1190) a terceira cruzada a Terra Santa, da que foi o heroe: conquistou Chipre, contribuíu á conquista de San Xoán de Acre (13.7.1191) e derrotou a Saladino I. De volta a Inglaterra, naufragou nas costas de Dalmacia e foi apresado polo duque Leopoldo de Austria, que o entregou ao Emperador Enrique VI, quen o obrigou a pagar un elevado rescate. En 1194 volveu a Inglaterra. Derrotou a Filipe II de Francia (1198), que invadira Normandie, e en loita contra os rebeldes do condado de Limoges foi ferido en Châlus. Casado con Berenguela de Navarra, morreu sen sucesión e herdou a súa coroa o seu irmán Xoán Sen Terra (Xoán I de Inglaterra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Alcalde de Santiago de Compostela (1834), foi líder do progresismo en Compostela (1840-1847) e fundou o xornal La situación de Galicia (1842-1843). Foi presidente da Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia durante o Levantamento de 1846 e formou comisións encargadas de abordar plans para a administración de Galicia. Despois da derrota dos sublevados exiliouse a Portugal e regresou en 1847 para dedicarse aos negocios familiares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. axila.

      1. Cada un dos espazos de forma máis ou menos triangular que conforma un arco ou círculo ao ser enmarcado ou inserido nun cadrado ou nun rectágulo.

      2. Superficie de forma máis ou menos triangular que separa dous arcos.

      3. Cada un dos catro triángulos curvilíneos situados entre os arcos torais, sobre os que descansa directamente o anel dunha cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado ao N da capital provincial e delimitado ao S polo Júcar (6.252 h [2001]). Ten industrias derivadas das actividades agropecuarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Material para pavimentar, formado por un conglomerado de area e cemento con anacos de mármore ou granito, sometido a pulido.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Liña que se traza ao escribir ou ao debuxar.

      2. Parte ou elemento dunha letra que se escribe sen levantar a pluma do papel.

    1. Aspecto característico da maneira de ser ou da calidade dunha persoa ou dunha cousa.

    2. Feito que mostra unha característica da persoa que o realiza.

    3. Forma característica de cada parte do rostro dunha persoa pola que se identifica ou se diferenza das demais.

    4. guión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Trazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Ordes situado no centro-O de Galicia e no centro da provincia da Coruña (43° 01’ 12’’ N - 8° 30’ 42’’ O). Limita ao N co concello de Tordoia (comarca de Ordes); ao S co de Santiago de Compostela (Santiago); ao L co de Oroso (Ordes) e ao O co de Val do Dubra (Santiago). Abrangue unha superficie de 101,4 km 2 cunha poboación 3.548h (2007), distribuída nas parroquias de Benza, Berreo, Campo, Castelo, Chaián, Monzo, Morlán, Restande, Trazo, Vilouchada e Xavestre. A capital é o lugar de Viaño Pequeno, na parroquia de Campo, situada a 50 km da Coruña e 35 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Ordes.
    Xeografía física
    O concello de Trazo forma parte da superficie fundamental esóxena, aplanamento formado tras sucesivos movementos oroxénicos e posteriores arrasamentos no Terciario do zócolo hercinian cristalino sobre o que se asenta. O substrato litolóxico está formado por rochas metamórficas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos asteroides cuxa órbita non está comprendida completamente no zodíaco.

    VER O DETALLE DO TERMO