"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • Estado de relaxación que se pode acadar individualmente sen axudas externas directas. As técnicas máis empregadas son a de Jacobson e a de Schulz. A técnica de Schulz coñécese tamén como autorrelaxación concentrativa ou adestramento autóxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca, onde foi alumno do profesor Xosé Luís Pensado, mestre da filoloxía galega a quen debe o seu achegamento ao século XVIII. É catedrático de Lingua e Literatura Castelá no IES Rafael Dieste da Coruña, cidade en que reside e onde exerceu a súa profesión desde 1989.
    Entre os seus estudos cómpre citar As coplas galegas do Padre Sarmiento (1982), Cartas de Padre Sobreira a Gómez de Ortega y Cornide (1983), A poética de Manuel Antonio (1993), en colaboración con Xosé Luís Pensado Tomé; Luís Seoane e o libro galego na Arxentina: 1937-1978 (1994), en colaboración con Xavier Seoane; Rafael Dieste: bibliografía e cronoloxía (1995), Rafael...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Publicou El laboratorio y los derrames tuberculosos (1922) e El problema manicomial de Conjo (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Segundo o regulamento universitario medieval, vixente, con variacións, ata o s XIX, persoa que posuía o primeiro grao académico das diferentes facultades, acadado mediante exame de coñecementos. O grao de bacharel en artes era inferior ao de mestre, pero facultaba para ensinar como auxiliar ou substituto. O mestre en artes que quería seguir estudios superiores tiña que acadar o grao de bacharel en Teoloxía, indispensable para os graos superiores de licenciado e de doutor en Teoloxía, ou ben o de bacharel en Leis ou Cánons ou de bacharel en Medicina, previos aos de doutor nas respectivas facultades. Só as universidades ou estudios xerais poden conferir graos.

      1. Persoa que recibiu o primeiro grao académico outorgado nas facultades eclesiásticas de Filosofía, Teoloxía e Dereito Canónico.

      2. Persoa que recibiu o grao concedido ao rematar o bacharelato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudios de ensino secundario ou medio que facultan o alumno para poder seguir estudios universitarios ou estudios profesionais cualificados.

    2. Grao de bacharel.

    3. A palabra bacharelato empezou a utilizarse en España a finais do s XVIII, como derivación do título de bacharelato que se concedía na Idade Media ao finalizar a determinantía, ou primeira etapa do ensino universitario. Para poder ingresar nos estudios de bacharelato era preciso acreditar que se recibira instrución en humanidades. Estes estudios tiñan unha duración de seis anos que, unha vez rematados, podían dar acceso a cátedras de universidade. A reforma do marqués de Pidal en 1845 estableceu a separación entre os estudios universitarios e o bacharelato, que se cursou dende entón nos Institutos de Ensino Medio. A partir de 1901 o bacharelato estaba formado por seis cursos que remataban cos correspondentes exercicios de grao (Letras e Ciencias). En 1924 instituíuse a diferenciación entre Institutos Nacionais, de orzamento estatal, e Institutos Elementais, subvencionados polos concellos. En 1926 implantouse un novo sistema que distinguía dous bacharelatos: o elemental e o universitario,...

    4. Modalidade de ensino secundario, promovida dende 1945 en Xenebra e auspiciada pola UNESCO, que pretende establecer un programa común de estudios a nivel internacional e proporcionar un título de admisión común á universidade.

    5. Estudios de ensino medio laboral que formaban bachareis nos graos elemental e superior. Tiñan como obxectivo, segundo a Lei do 16 de xullo de 1949, preparar os alumnos para o seu ingreso nos centros especiais técnicos. Para acceder a estes estudios, o alumno debía ter cumpridos os 10 anos e superar un exame de ingreso. Os estudios de bacharelato laboral estruturábanse en dous ciclos: o elemental, con materias comúns e materias especiais para cada modalidade, duraba cinco anos e diferenciaba os seus obxectivos escolares segundo se tratase de alumnado feminino ou masculino; e o superior, ó que se accedía despois de ter superado o elemental e un exame de reválida, cunha duración de dous cursos tamén con materias comúns e específicas para cada modalidade; ao rematalo debíase superar un exame de reválida. As modalidades de bacharelato superior eran: agrícola-gandeira, industrial, marítimo-pesqueira e administrativa (feminina). Esta modalidade de bacharelato foi extinguida en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relevo que sobresae menos da metade do vulto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Estudiou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Entre 1932 e 1965 foi arquitecto municipal de Santiago de Compostela. Interveu na ordenación urbanística da cidade compostelá como nos xardíns da Alameda e na rúa San Francisco. A súa proposta arquitectónica participa do Racionalismo, sobre todo na concepción da planta dos seus edificios (nº 14 da rúa Doutor Teixeiro de Santiago, 1945). Tamén interveu no patrimonio histórico santiagués, adiantando propostas que despois tiveron certa continuidade (nº 11 da rúa do Vilar).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romanés. Cultivou a reportaxe periodística, a novela e sobre todo o teatro. Entre as súas obras destaca, a novela Iarba rea (Mala herba, 1950) e as pezas teatrais Opinia publica (A opinión pública) e Interesul general (O interese xeral).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe que dá nome a unha serie de historietas ilustradas francesas con texto e debuxos de Jean-Claude Forest.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor titular de Literatura Inglesa na Universidade de Santiago, doutor en Filoloxía Inglesa e licenciado en Filosofía e Letras. Ademais de exercer a súa actividade docente escribiu: Aplicación de un método dinámico a siete poemas de amor de Auden, In mortal Shakespeare. Radical readines, Paradise lost: The Word, the words, the world, Individuo, orden y mundo moderno, e Arte, sociedad y pensamiento en ‘The nonnes preestes tale’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista galego, conde de Torre-Cedeira. Estudiou peritaxe mercantil na Escola de Comercio de Ourense e na de Vigo, onde en 1970 obtivo o título de profesor mercantil. Xunto con Francisco Bernis principiou, en 1972, os censos de aves acuáticas en Galicia. No mesmo ano promoveu e presidiu a Asociación de Amigos de los Pazos. En 1974, da man de Jose Antonio Valverde, iniciou os estudios do lobo e en 1975 realizou o primeiro censo desta especie na Península Ibérica. En 1976 entrou a formar parte do equipo investigador do laboratorio de Parasitoloxía da Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela onde dirixiu no 1991 o Estudio da incidencia de determinadas parasitoses animais en Galicia a través do lobo e en 1994 o Estudio do coello en Galicia: Analise dos factores bioecolóxicos incidentes nas poboacións silvestres. En 1995 participou na organización do IV Congreso Ibérico de Parasitoloxía e en 1998 na do Euro-Americam Mammal Congress celebrado en Santiago de Compostela....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Licenciado en Dereito polas universidades de Oviedo e Madrid, ampliou estudios económico-sociais en Berlín e Marburgo. En 1910 colaborou en Acción Gallega e ingresou na Liga Agrario Redencionista, que nese ano se constituíu en Madrid, onde tamén presidiu o Ateneo. En 1911 integrouse no Partido Republicano Reformista que encabezaba Melquíades Álvarez. Elixido deputado na Segunda República, foi xefe de Izquierda Republicana no Congreso. Nos gobernos de Azaña e de Casares Quiroga foi ministro de Estado e presidente do Consello de ministros. No 1936 foi ministro de Asuntos Exteriores e, rematada a Guerra Civil (1936-1939), refuxiouse en Francia e posteriormente en Arxentina, onde desempeñou o cargo de ministro de Facenda do Goberno da República no exilio. Escribiu, entre outras obras, El pangermanismo (1916), La codificación progresiva del Derecho Internacional (1921), El Tratado de Locarno (1925), San Martín en América e Francisco...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Monforte de Lemos. As súas armas levan, en campo de azul, unha vaca de cor clara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrela da constelación do Serpentario. É a terceira máis próxima (6 anos-luz), posúe unha magnitude visual aparente de 9,5 e pertence ao tipo espectral M5. Foi descuberta no 1916 por Edward Emerson Barnard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e poeta. Desempeñou os oficios de xornalista e arquiveiro. Militante do Partido Republicano, foi secretario do Comité Revolucionario de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu o xornal La Revolución e a revista Galicia Diplomática. Pola súa actividade política, exiliouse dúas veces na Arxentina. Colaborou en distintas publicacións (El Heraldo Gallego, Gaceta de Galicia, Revista Compostelana e Diario de Santiago). Como historiador publicou, entre outras obras, Efemérides de Galicia (1877), Testimonio de la capitalidad de Galicia (1882) e Guía histórica, arqueológica y militar de la antigua capital de Galicia, Santiago (1885). En canto ao eido literario, os seus primeiros traballos apareceron en La Estrella Compostelana e La Aurora de Galicia. É autor do poema en galego “O desterro (Camiño de Portugal)” (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Piso situado a certa altura dunha parede onde se gardan produtos do campo e comida para o gando.

    2. Depósito onde se almacena a leña ou palla na palleira.

    3. Cama construída con táboas ou largueiro da mesma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente, normalmente de barro, onde se preparaba a bogada e se lavaba a roupa.

    2. Operación de lavar a roupa na barrela nunha mestura de auga quente e cinsa, xabón ou lixivia.

    3. Mestura preparada con auga quente e cinsa, empregada para branquear a roupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Limpar o liño con auga fervida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cinsa empregada na barrela.

    2. Cesto de tamaño mediano empregado para levar ao ombreiro as froitas recollidas na época.

    3. Caldeiro no que se prepara a barrela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e botánico. No 1635 ingresou na orde dominicana e viaxou pola Península Ibérica, Occitania e Italia. Fixou a súa residencia en Roma (1653 -1672), onde fixo gravar os debuxos de moitas das plantas recollidas nas súas viaxes. Perdidos os seus escritos nun incendio, Antoine de Jussieu publicou no 1714 a impresión dos gravados das plantas, acompañadas dalgúns comentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO