"Roa" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 265.

  • Apelido que ten a súa orixe nun alcume. A dificultade para establecer o motivo do alcume reside no problema de identificación da coroa á que se refire. Non parece ter relación cun acto de coroación verdadeiro, senón cunha característica física do individuo portador do alcume, como pode ser a presenza dunha calva; de feito, as calvas teñen, en moitas ocasións, formas circulares. Tamén os eclesiásticos levaban un corte de pelo con forma de coroa. Documéntase no s XIV: “Matin Perez Coroado” (doc ano 1309 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 412). Este apelido galego practicamente está desprazado polo castelanismo Coronado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de coroar.

      1. Aplícase ao escudo timbrado cunha coroa.

      2. Aplícase ao animal, cabeza ou helmo que leva unha coroa.

    2. Aplícase ao eclesiástico que recibiu tonsura ou ordes menores, que contaba co foro da Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de coroar ou coroarse.

    2. Remate dunha cousa material ou inmaterial.

    3. Conxunto de adornos que coroan a parte máis alta dun edificio. Adoita ser un motivo calado, vexetal ou xeométrico, que se repite ao longo da coroa do edifico. Foi moi empregado na arquitectura gótica.

    4. Conxunto de ameas dunha fortificación.

      1. Contorno superior na liña curva da cobertura coa que acaba a popa dos barcos formando un arco convexo.

      2. coroamento de popa

        aranda situada na popa sobre a que se coloca o motor da embarcación, acompañado, máis cara ao exterior, da bandeira distintiva do país de orixe.

      1. Conquista dunha posición.

      2. coroamento do camiño cuberto

        Operación militar realizada no sitio dunha praza que consiste en colocar un soldado no camiño cuberto da muralla para despois continuar dende alí o asalto.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Poñer unha coroa na cabeza a alguén.

      2. Colocarlle unha coroa a un rei, emperador ou papa como insignia de dignidade soberana antes de comezar o seu mandato.

      1. Rematar ou constituír algo a perfección dunha cousa.

      2. Chegar á parte máis alta dun lugar elevado.

      3. Estar unha persoa ou cousa na parte superior de algo.

    1. Ocupar unha posición gañada aos seus defensores.

      1. Chegar, no xogo do xadrez, á oitava casa do taboleiro cun peón, que se cambia por calquera outra peza.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte central dun xacemento castrexo.

    2. Parte máis elevada dun castelo que adoita estar amurallada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual en galego do Colexio Calasanz da Coruña e que iniciou a súa edición a partir de decembro de 1987. Dirixida por Basilio Vence Diéguez, contaba coa colaboración dos membros do Colectivo Cultural Galego CROA. Dividíase nas seccións: “Editorial”, “Letras Galegas”, “Entrevistas”, “Creación Literaria”, “Cómic” e “Colaboracións”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego aparecida en 1991 na parroquia de Viladonga, no concello de Castro de Rei, subtitulada “Boletín da asociación de amigos do museo do castro de Viladonga”. Contaba coas colaboracións de Felipe Arias Vilas, Elena Varela Arias, Monserrat Vila Martínez, Enrique Montenegro, Antonio Reigosa e Fernado Acuña, entre outros. Incluía información referida ao patrimonio cultural da parroquia, ás actividades da asociación, aos restos arqueolóxicos atopados arredor do castro de Viladonga e bibliografía relacionada coa prehistoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que lles serve de límite ás parroquias (e concellos) de Tórdea (Castroverde) e Folgosa (O Corgo). O seu cumio acada os 651 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa suroriental, situado na península dos Balcáns, que forma un arco desde o Danubio ao NL ata Kotorska ao SL, e que limita con Hungría, Iugoslavia e Bosnia-Herzegovina, atravesado por unha estreita franxa na costa adriática, para permitir paso ao mar a Bosnia-Herzegovina. Limita con Eslovenia ao NO e co Mar Adriático ao O (56.610 km2; 4.481.000 h [1998]). Esténdese entre os 47° e os 42° de latitude N e os 13° e os 19° de lonxitude L. A súa capital é Zagreb.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    O relevo caracterízase pola súa diversidade, e del destacan as chairas de Panonia ao L e os Alpes Dináricos, que atravesan o país de NO a SL. A costa está formada por materiais calcarios, invadidos polo mar e parcialmente somerxidos, feito que explica os numerosos golfos, baías e máis de 600 illas, das que cómpre salientar as de Krk, Cres, Dugi, Brač, Hvar, Korčula e Pelješac. O sector setentrional de Croacia comprende...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador. Pertencente ao círculo de Juan de Angés, cara ao 1598 rematou o retablo da Nosa Señora dos Remedios en Vilamaior do Val (Verín).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emitir o seu son particular certos animais, como a ra ou o corvo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Croacia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Croacia.

    3. Lingua eslava da familia lingüística indoeuropea que se fala en Croacia. É idéntica á lingua serbia, pero, a diferenza desta, escríbese en alfabeto latino. Tanto o croata como o serbio adoitan agruparse nunha única lingua, o serbocroata.

    4. Arte desenvolvida en Croacia. A situación xeográfica do país explica as diversas influencias que recibiron as súas manifestacións. Os acontecementos políticos vividos no país dende 1991 danaron algún dos seus monumentos. Entre as primeiras manifestacións arquitectónicas destacan as igrexas prerrománicas de Zadar, Split e Dubrovnik. Os beneditinos introduciron o románico e o gótico; entre as mostras románicas destacan as catedrais de San Trifón (Kotor) e San Lourenzo en Trogir, e o campanario da catedral de Split. Da catedral de Dubrovnik só se conserva, tralo terremoto de 1661, o claustro maior. Do período gótico destaca o claustro do convento dos dominicanos de Dubrovnik e a catedral de Zagreb. Do Renacemento sobresaen a catedral de Sibenik e a obra do pintor Bernardo Bobic. Entre as construcións barrocas destacan as igrexas da Virxe e dos Xesuítas de Dubrovnik. Durante o s XIX, Zagreb converteuse no centro artístico do país. No eido da pintura destacaron Vjekoslav Karas e Ferdo Quiquerez,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión de xefes de estado e de goberno de 21 países de fala castelá e portuguesa de América e Europa, constituída como un mecanismo político de coordinación no que se tratan temas específicos de interese común dende a solidariedade, a cooperación e o diálogo. No ano 2001 os países membros eran: Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile, Ecuador, El Salvador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguay, Perú, Portugal, República Dominicana, Uruguay e Venezuela. A primeira reunión tivo lugar en Guadalajara (México) en 1991, despois celebráronse en Madrid (1992), San Salvador de Baía (Brasil, 1993), Cartagena de Indias (Colombia, 1994), San Carlos de Bariloche (Arxentina, 1995), Santiago e Viña del Mar (Chile, 1996), Isla Margarita (Venezuela, 1997), Porto (1998), La Habana (1999), Panamá (2000) e Lima (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • bronce de aluminio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor galés. Traballou na empresa petrolífera Shell e foi piloto da RAF na Segunda Guerra Mundial. As súas primeiras publicacións editáronse en xornais e revistas da época, e foi, ademais, guionista de cine. Foi un autor de grande éxito, innovador, tanto en obras para adultos -orientado cara a un tipo de narración curta onde predomina o humor negro- como para nenos. Da súa produción destacan My Uncle Oswald (O meu tío Oswald, 1979), Charlie and the Chocolate Factory (Charlie e a fábrica de chocolate, 1964), The Witches (As bruxas, 1975), The Enormous Crocodrile (O gran crocodilo, 1980), Matilda (1989) e Muá, muá: once relatos coa chispa do inesperado (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar a coroa a alguén.

    2. Quitar a parte superior dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Excluír a alguén do padrón dunha poboación.

    2. Excluírse alguén do padrón dunha poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta que presenta flores de dúas cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada en Santa María de Donramiro (Lalín). Foi edificada no s XVI e reformouse no XVIII. Ten planta rectangular e dous pisos. A solaina cuberta eríxese sobre piares e percorre o lateral do edificio; accédese a ela por medio dunha escaleira exterior. A portada principal está formada por un arco de medio punto e conserva un brasón que alude ás familias Suárez de Deza, López de Lemos e Salgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que tamén recibe a anguía, especialmente no N de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO