"Sus" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 279.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo federativo das sociedades obreiras de Ferrol, fundado en xaneiro de 1919 e no que figuraban tanto sindicatos de carácter socialista como anarcosindicalista ou sen orientación definida. Foi coetáneo coa época de achegamento entre a CNT e a UGT, trala folga xeral de 1918, na que ambas centrais sindicais actuaron conxuntamente. En decembro de 1919 varios delegados de sociedades vinculadas á Federación participaron no Congreso da CNT en Madrid, no que esta organización se amosou contraria á fusión coa UGT, optando por tratar de absorber o sindicato socialista. En Ferrol xurdiron tamén diferencias entre anarcosindicalistas e socialistas, que remataron coa creación do Sindicato Único de Obreros Metalúrgicos en febreiro de 1920, xermolo da CNT ferrolá. No II Congreso da Federación, en abril do mesmo ano, decidiuse por maioría o ingreso na UGT. A maior parte dos seus afiliados pertencían aos diferentes gremios de traballadores da construción naval, sumando un total de 2.063 afiliados...
-
GALICIA
Economista. Licenciouse en Dereito e doutorouse en Ciencias Económicas e Empresariais (1980) pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de economía política e facenda pública na Universidad de Madrid (1982-1990), e de facenda pública, dereito financeiro e historia do pensamento económico no Centro de Estudios Universitarios Ramón Areces (1987-1989). En 1990 acadou a cátedra de Facenda Pública da Universidade da Coruña. Foi decano da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e vicerrector de Asuntos Económicos e de Economía e Planificación (1995-2002) da Universidade da Coruña. Publicou numerosos artigos e informes de carácter socioecómico e, entre as súas monografías, cómpre salientar La Economía del déficit público (1983), Estado, Privatización y bienestar (1991) e Sempre en Galiza: perspectivas (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Iniciou o seu labor periodístico como director do semanario Las Riberas; posteriormente exerceu como redactor de El Regional e de El Pueblo Católico. En Santiago de Compostela, ademais de traballar como secretario da Universidade, colaborou en Gaceta de Galicia e foi redactor de El Eco de Santiago. Escribiu Prosa de la vida (1901), Lucha de sentimientos (1903), Senda de amargura (1911) e Gallegos ilustres. Montero Ríos (1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Estudiou maxisterio e foi correspondente de El Ideal Gallego, Faro de Vigo e El Progreso; neste último xornal publicou parte das súas crónicas e artigos. Colaborou tamén coa COPE e coa SER, e presentou en Radio Foz o espazo cultural Os teus libros. En 1962 fundou a revista A Rapadoira, e posteriormente os periódicos Rompeolas e Despertar. Promoveu e dirixiu a Feira de Arte Popular Galega. Escribiu San Martín de Mondoñedo: Guía histórica y artística (1976), Foz, un lugar de ensueño (1991) e Foz: o mar e as xentes (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista e político. Licenciouse en Ciencias Económicas e Empresarias pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores das Xuventudes Socialistas, PSOE e UGT en Galicia, membro da Comisión Executiva Federal do PSOE e responsable da política autonómica (1981-1987). Concelleiro da Coruña desde 1987, encargouse da área de Urbanismo (1995) e ocupouse da coordinación do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña (1998). Tamén foi vicepresidente da comisión de Urbanismo da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e membro do seu consello federal. Foi deputado a Cortes pola Coruña da I a V lexislaturas (1979-1996) e Senador na VI (1996-2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Foi director xerente e secretario do Padroado da Fundación para a Investigación e o Desenvolvemento de Recursos Mariños. Deputado autonómico pola Coruña na II lexislatura (1985-1989) por Coalición Popular e na III, IV e V lexislaturas (1989-2001) polo Partido Popular, pertenceu ás Comisións de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servicios e Economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Crítico cinematográfico en diversas revistas especializadas, nun principio optou por un irrealismo social da posguerra (Los bravos, 1954) e posteriormente decantouse por unha narrativa de temática máis intimista. Da súa produción destaca En la hoguera (1957), Cabeza rapada (1958), Las catedrales (1970), La que no tiene nombre (1977), A orillas de una vieja dama (1979), Extramuros (Premio Nacional de Literatura 1979), Las puertas del edén (1981) e Aunque no sé tu nombre (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Jesito, foi profesor de debuxo no Instituto de Ensino Medio Eusebio da Guarda e nas Escolas da Casa da Misericordia da Deputación da Coruña. En 1931 obtivo unha bolsa para estudar a talla dos imaxineiros casteláns. Participou na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1929 e recibiu, entre outros, o primeiro premio do concurso de carteis das festas da Coruña (1932) e o segundo premio do concurso nacional da Asociación de Pintores y Escultores de Zaragoza (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista. Estudiou belas artes en Madrid e formou parte dun grupo de arte nova en Xenebra (1971). Cultivou a pintura, a escultura e a cerámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Antropólogo, arqueólogo, arquiveiro, historiador e profesor. Ingresou no Seminario Conciliar de Santiago de Compostela en 1918, onde se doutorou en 1930, e licenciouse en 1931 en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. No inicio da década dos trinta, exerceu a docencia nos colexios vigueses Apóstol Santiago e Lábor, e no Instituto de Ensino Medio de Tui, onde fundou a revista TVDE. En 1930 ingresou no Seminario de Estudos Galegos, cun traballo sobre a Batalla de Cabo Sicié e en 1931 no Partido Galeguista, polo que participou como presidente da primeira mesa na terceira Asemblea das Mocidades Galeguistas. Durante a Guerra Civil (1936-1939) integrouse nas Milicias Populares Galegas e no Sindicato Único de la Enseñanza, adscrito á CNT, converténdose desde 1938 no secretario da delegación de Instrución Pública de Madrid e a zona S. Sometido a expediente de depuración entre 1939 e 1940, ingresou en xuño de 1941 no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e investigador. Estudou filosofía e teoloxía en Santiago de Compostela (ata 1965) e filoloxía clásica en Roma (1969). Catedrático de Latín no ensino medio, foi cotradutor de O Novo Testamento (1978) e A Biblia (1989), obra que recibiu o Premio Nacional de Tradución en 1990. No eido da filoloxía clásica publicou De varia Christianorum habitudine erga cultum et rem classicam (1982), Dido e Eneas. Xénese nacemento e vida de dous personaxes polémicos da Eneida (1983), “Tres escritores latinos na Galicia do século XX” (1999) e unha tradución ao latín dun conto galego de Rafael Dieste: “Cum Benedictus vita functus est” (1987). Foi coautor dun libro de texto para o estudo do latín dende a lingua e cultura galegas: De onte a hoxe (1984), e de Novos textos para a introdución no latín. 3778 refráns latinos (1990). En relación á fraseoloxía galega, publicou o Refraneiro Galego Básico (1987), Refraneiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e en Historia de América pola Universitat de Barcelona. Da súa produción destaca Querido Corto Maltés (Premio Nuevos Narradores 1994), Las cenizas de la Bounty (1998), Tiernos y traidores (1999), Fronteras de Arena (2001) e Adiós, muñeca. Cuaderno de cine (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Oficial da Mariña Mercante e experto en redes comerciais. Colaborou en El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, onde levou, baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego, as súas páxinas culturais. Durante quince anos fixo programas radiofónicos e foi membro do grupo do Círculo Ourensán-Vigués, creador dos Premios da Crítica Galicia. Foi o piloto do Breogán, o barco de coiro, reprodución das naves galegas prerromanas, co que tentou demostrar a teoría do catedrático Fernando Alonso Romero sobre as relacións atlánticas celtas. Foi xerente de Edicións Xerais de Galicia e Publicações Dom Quixote en Portugal. Autor de numerosos artigos, fundamentalmente sobre o mar, publicou os primeiros álbum-cómics en galego con debuxos de Pedro Bofill, volume titulado As aventuras dun neno galego (1985) que incluía Os homes do fin do mundo, Os fillos de Breogán e A grande viaxe polo río. Así mesmo, publicou Blues para un asasino “First we take Manhattan”...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Licenciouse en Dereito en Madrid e doutorouse en Filosofía pola Universidade de Columbia. Foi un membro activo do Partido Nacionalista Vasco e viviu exiliado en Santo Domingo desde 1939. Entre as súas obras destacan La legislación penal en Vizcaya (1934), Los vascos en el Madrid sitiado (1945), Estampas de la guerra (1951) e La era de Trujillo (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Foi redactor xefe de El Correo Gallego e La Noche, ademais de correspondente doutros diarios. Foi asesor informativo para Galicia e Asturias do ministerio de Agricultura e presidente da Asociación da Prensa de Santiago de Compostela. Escribiu Tratamiento periodístico sobre ferias y mercados agropecuarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Publicou Poemas de Carmeliña (1983), Poemas da miña terra (1985) e Poesía para nenos (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e político. Concelleiro de Vilalba durante dez anos, e afiliado a Alianza Popular desde 1977, foi deputado do Parlamento de Galicia na I lexislatura (1981-1985) e en parte da II (1985-1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote e escritor. Realizou estudios de arqueoloxía no Pontificio Instituto di Archeologia Cristiana. Foi director do Museo Diocesano Catedralicio e do Arquivo Histórico. Das súas obras destacan Finalidad de la pena eclesiástica según Amor Ruibal (1968), Un edificio con historia: antiguo hospital de Tuy (1975), Santa María de Oliveira, una iglesia románica desaparecida (1976), Lucerna romana del Museo Diocesano de Tuy (1980) e, en colaboración, Necrópolis germánica en el claustro de la catedral de Tuy (1976) e Villa romana y necrópolis germánica de Currás, Tomiño (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Concheiro, formouse con Fernando Álvarez de Sotomayor. Colaborou con Felipe Bello Piñeiro no grupo Altamira e participou nos círculos artísticos locais. Asistiu en Madrid a cursos no Círculo de Bellas Artes e realizou exposicións en Ferrol, A Coruña, Tánxer e Arxel.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor, organista e director de orquestra e coral. Estudiou no Conservatorio de Madrid e, entre outras agrupacións, dirixiu as corais polifónicas El Eco e Follas Novas. Da súa produción destacan as cancións “Alborada Galega”, “Maio longo” e “Tan soio”. Así mesmo, compuxo motetes, pezas para órgano e misas.
VER O DETALLE DO TERMO