"USA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 381.

  • Conxunto de relatos breves da autoría de Afonso Daniel Rodríguez Castelao. Editou o seu primeiro libro a partir de 1926 na Editorial Lar da Coruña; en 1929 apareceu o segundo, tamén na Coruña, na editorial Nós. Xa en 1934, con este último selo editorial, pero agora en Santiago de Compostela, o autor reunía nun único e definitivo volume o publicado nos dous anteriores. Varias das pezas artístico-literarias que Castelao bautizou como “Cousas” apareceron en diversas publicacións (El Pueblo Gallego, Nós, Alma Gallega, Céltiga, Terra) e, malia o anunciado pola editorial Nós, despois de 1934 non apareceron novos libros co título de Cousas. Para Carballo Calero nesta obra hai un feixe de “prosas ilustradas (...) que constitúen a máis orixinal creación literaria de Castelao”. Son, en conxunto, 44 pezas que, en perfecta simbiose, reúnen breves textos de prosa coas súas correspondentes ilustracións. A única excepción é “A carón da natureza”, texto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada polo Club de empleados de Casa de Galicia en Montevideo a partir do 1 de outubro de 1956. Coordinada por Antonio Paleo Fernández, contaba coa colaboración de Nélida Prado, Ana Mª Núñez, Rubén Montes, Manuel Chao, Antonio Rey Trigo, Manuel G. Terán e Francisco López Maseda, entre outros. O seu primeiro número saíu como homenaxe aos fundadores da sociedade que celebraba o seu 39 aniversario. Incluíu ademais retratos, algunha fotografía do local social e debuxos de motivos galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía e literatura gregas, filla de Creonte, rei de Corinto. Prometida de Xasón. Ás veces, recibe o nome de Glauce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da Eneida, filla de Príamo e Hécuba. Morreu no incendio de Troia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía grega, filla de Erecteo e Praxítea. Violada por Apolo nunha gruta da Acrópole ateniense, tivo un fillo, Ión, que abandonou así que naceu naquel mesmo lugar. Hermes recolleu o neonato e educouno no templo de Delfos. Tempo despois casou con Xuto e tivo dous fillos, Diomede e Aqueo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paleontólogo e teórico da evolución. Logo de licenciarse en Farmacia, iniciou a partir de 1933 unha intensa colaboración con Fernández de Villalta, que o levou a prospectar numerosos xacementos do Mioceno do Vallés-Penedés; froito deses traballos foi a revisión da estratigrafía empregada tradicionalmente e a introdución dos termos Vallesiano e Turoliano para referirse a dous pisos diferentes do Terciario. En 1952 publicou a súa tese de doutoramento, Los jiráfidos fósiles en España, que lle valeu o recoñecemento internacional, polo que entre 1952 e 1958 organizou os Cursillos Internacionales de Paleontología de Sabadell. Foi catedrático de Paleontoloxía nas universidades de Oviedo (1961) e Barcelona (1963-1972). En 1969 fundou o Instituto Provincial de Paleontología (despois Institut Paleontològic “M. Crusafont”), que dirixiu ata 1983. Paralelamente ás súas contribucións ao estudo dos mamíferos fósiles, dende 1948 realizou unha intensa tarefa de investigación e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta brasileiro. De formación naturalista, iniciou o simbolismo en Brasil. Da súa produción destacan, entre outras obras: Missal (1893), Broquéis (1893), Evocações (1898) e Últimos sonetos (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cubomedusas.

    2. Cnidario da antiga orde das cubomedusas.

    3. Antiga orde de cnidarios que se pasou a considerar como unha clase, a dos cubozoos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Colaborou co xornal El Eco de las Mariñas, co Anuario Brigantino, coa asociación cultural Candilejas e coa coral polifónica da vila. Ademais, traballou con numerosas agrupacións musicais e cadros de declamación.Traduciu ao galego dúas obras de Rabindranath Tagore tituladas O carteiro do rei, da que se fixeron numerosas representacións teatrais, e Malini, publicadas ambas as dúas en 1976. Con Mi tumba y yo obtivo o primeiro premio de contos no certame literario-musical da Unión Protectora de Artesanos de Santiago de Compostela e unha mención de honra no certame Breogán do centro galego de Bizkaia coa narración Tiñan frío. Publicou, ademais, Alcumes recollidos en Betanzos (1989), xunto con Xesús Torres Regueiro, e O que non quedou no protocolo (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e militar. Nos seus temas destacan as escenas hípicas e militares. Traballou en París no estudo de Detaille e estableceuse máis tarde en Barcelona. Pintou os retratos oficiais de Antonio López, Afonso XIII, Joan Prim e do presidente mexicano Porfirio Díaz. Ilustrou a obra de Francesco Barado La vida militar en España (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Freire dominicano. Formouse no convento de San Domingos de Ribadavia, onde ensinou teoloxía antes de ser nomeado prior do convento de San Pedro Mártir de Toledo. Foi un dos máis destacados benfeitores do convento de Ribadavia, do que foi prior ata o 1412, ano no que foi nomeado provincial da súa orde en España. Ocupou a mitra de Salamanca (1413-1420) e logo a de Ourense (1420-1424), cidade na que nunca residiu e que sería gobernada polo seu provisor, frei Lope de Galdo. En 1424 promovérono a bispo de León e levou a cabo un importante labor de goberno ao promulgar as Constitucións Sindicais (1426) nas que se castigaban os abusos de cabaleiros e sacerdotes sobre as vilas dependentes do bispado. En 1434 foi promovido ao bispado de Osma, pero rexeitou o posto e continuou na sé leonesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Freire dominicano. Prior do convento de San Domingos de Ribadavia. No ano 1431 foi o rexente da cátedra de Sentencias no estudo xeral de San Pablo de Valladolid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Freire dominicano. Mestre de filosofía e confesor de Xoán II, foi vigairo e prior do convento de Ribadavia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Participou coa Compañía Luís Seoane en Forzas eléctricas (1986) ou Aquela historia de Bly (1987). Posteriormente, formou parte do elenco da montaxe da Escola Dramática Galega en Como as camisas de liño, sobre textos de Ramón Otero Pedrayo. Tamén traballou coa compañía Uvegá Teatro na obra Trínguili Trángala, de Vicente Montoto. En 1992 actuou en Tatuaxe, de Manuel Lourenzo, e en 1993 en Saxo Tenor, de Roberto Vidal Bolaño. Participou, así mesmo, nas montaxes de Teatro do Atlántico Vellos tempos (1998), sobre un texto de Harold Pinter e O cerco de Leningrado (1999), a partir do texto de José Sanchís Sinisterra, interpretación esta última pola que recibiu o Premio María Casares á mellor actriz protagonista no ano 2000. Tamén para esta compañía foi axudante de dirección no espectáculo Solo para Paquita (2000), de José Sanchís Sinisterra. A súa colaboración co Centro Dramático...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de goles, seis vieiras de ouro, postas unha, dúas e tres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Paco Martín publicada en 1985 que conseguiu o Premio O Barco de Vapor (1984), o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria (1985) e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1986). Ademais en 1986 formou parte da Lista de Honra do IBBY e en 1988 foi seleccionada para a lista White Ravens da Biblioteca de Múnic. Traducida ao asturiano, castelán, catalán e éuscaro, nela cóntanse, a través de oito relatos nos que se mesturan fantasía, realidade, tenrura, humor, absurdo e certo espírito crítico, retallos da vida de Ramón Lamote Miñato, profesor de chairego e debuxante de soños por encargo que representa unha forma de ser e de entender a vida baixo do seu espírito irónico e retranqueiro. Por medio deste personaxe sábese da chegada do Reparante á cidade, un misterioso ser que fala en chairego antigo e que só esperta cada seiscentos noventa e seis anos, e cómo Lamote intenta avisar o Rexedor. A nova esténdese decontado pola cidade e todos se preparan para a súa chegada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Iniciou o seu labor teatral no grupo Avento de Vigo e desenvolveu a maior parte da súa actividade na compañía de teatro de rúa Os Quinquilláns, na que participou en diversas montaxes, como Danza da meiga no campo da festa (1991), Feira de lixos (1992), As voces do mar (1996), Os irmadiños (1999) e A noite (2001). Traballou tamén na montaxe Valle-Inclán 98 para o Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cruzamento en forma de aspa ou de X das fibras nerviosas. No corpo humano, as principais decusacións son: a piramidal, das fibras motoras no plano bulbar; a de Forel, das fibras dos tubérculos cuadrixéminos anteriores; e a óptica, das fibras nerviosas do quiasma óptico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disposto en forma de cruz.

    2. Aplícase ás follas opostas e dispostas de xeito que cada parella forma un ángulo recto coa parella inmediatamente superior e coa inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferramenta utilizada para aparafusar ou desaparafusar.

    VER O DETALLE DO TERMO