"beiro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 108.

  • Antigo mosteiro situado en Pantón. A primeira noticia da existencia do mosteiro é dos anos 926-929 cando o Rei Sancho Ordóñez e a súa dona Goto delimitaron os termos do mosteiro. En 997 Vermudo II e a súa dona Elvira confirmaron esta doazón. A comezos do s XVI converteuse nun priorado do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Conserva a igrexa, de finais do s XII e reformada posteriormente. Construída en cantaría, ten planta basilical con tres naves e tres ábsidas semicirculares. No interior conserva restos de antigas pinturas murais. A portada principal está formada por unha cuádrupla arquivolta sostida por dous pares de columnas acobadeladas con capiteis decorados. No lado oeste da fachada érguese unha torre circular rematada nun campanario cadrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no S da parroquia de San Martín de Arroxo (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 860 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que gusta de murmurar.

    2. Que é amigo de andar de troula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación de Orixe recoñecida pola orde do 2 de febreiro de 1976 do ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. A zona amparada para a súa produción é o oeste da provincia de Ourense: os concellos de Ribadavia, Arnoia, Castrelo de Miño, Carballeda de Avia, Leiro, Cenlle, Beade, Punxín e Cortegada; as parroquias de Banga, Cabanelas e O Barón do concello do Carballiño; as parroquias de Albarellos, Cameixa, Laxas, Moldes e Pazos de Arenteiro do concello Boborás; os lugares de Santa Cruz de Arrabaldo e Untes do concello de Ourense; os lugares da Eirexa, Celeirón e Puga na parroquia de Puga, os entidades de Feá, Celeiro e a parroquia de Alongos do concello de Toén; o lugar da Touza do concello de San Amaro. A uva branca preferente é a treixadura e as autorizadas torrontés, albariño, loureira, godello, macabeo, albilla e xerez; a uva tinta preferente é caíño e as autorizadas brancellao, ferrón, sousón, mencía e garnacha, tempranillo. Son viños novos, lixeiros, moderadamente ácidos, con...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao viño do mesmo nome.

    2. iño amparado pola Denominación de Orixe Ribeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Río e Monseiro (Láncara). O seu cumio acada os 573 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor portugués. Centrou a súa obra na súa rexión de orixe e no material lingüístico que recolleu. Destacan Terras do Demo (1919), O Malhadinhas (1922), Andam faunos pelos bosques (1926), S. Banaboião, anacoreta e mártir (1937) e Quando os lobos uivam (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e narrador portugués. As súas obras, recollidas en diversas églogas e unha novela, foron impresas postumamente en 1554, aínda que xa circularan manuscritas con anterioridade. Impregnado das innovacións que viñan de Italia, a súa insistente mención da saudade anticipa temas románticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Visantoña (Santiso). Ten planta en forma de L cunha solaina situada no ángulo cuberto polo tellado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no O da provincia de Ourense, e o S da Comunidade Autónoma de Galicia. Os seus límites polo N son a comarca do Carballiño (Beariz, Boborás, O Carballiño, San Amaro e Punxín), polo S a comarca de Terra de Celanova (Pontedeva, Gomesende e Cartelle), polo L, a comarca de Ourense (Toén) e polo O as comarcas de Pontevedra (A Lama), Vigo (Fornelos de Montes) e A Paradanta (O Covelo, A Cañiza e Crecente). Abrangue unha superficie de 407,1 km2nos que acolle unha poboación de 20.035 h (2001) distribuídos nos concellos da Arnoia (20,7 km2; 1.187 h), Avión (120,5 km2; 2.775 h), Beade (6,4 km2; 600h), Carballeda de Avia (47 km2; 1.589 h), Castrelo de Miño (39,7 km2; 2.034 h), Cenlle (29 km2; 1.586 h), Cortegada (26,9 km2; 1.414 h), Leiro (38,3 km2; 1.949 h), Melón (53,4 km2; 1.504 h) e Ribadavia (25,2 km2; 5.397 h). A densidade de poboación do conxunto é de 49,2 h/km2....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto e político. Foi un dos impulsores do complot nobiliario que conduciu ao alzamento de Portugal en 1640 contra o dominio de Filipe IV de Castela e ofreceulle o trono portugués ao duque de Bragança (Xoán IV de Portugal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bande baixo a advocación de san Pedro Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Catedrático de Xeografía na Universidade de Lisboa (1943), traballou sobre as terras portuguesas, diversas illas do Atlántico e diferentes rexións tropicais africanas e brasileiras. Publicou Portugal, o Mediterrâneo e o Atlântico (1945) e La Zone intertropicale humide (1973), en colaboración con S. Daveau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Bande. Ten planta rectangular con presbiterio elevado. No interior destaca o retablo maior, que conta con relevos onde se representan escenas haxiográficas de san Pedro. Na fachada, a porta ten un arco de medio punto e un ollo de boi no frontispicio. A espadana ten un corpo de arcos que remata nun frontón triangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade do exército popular dirixida por Bernardo González de Valle, Cachamuíña, que participou na reconquista de Vigo. Posteriormente foi reorganizada en tres batallóns e a súa existencia prolongouse despois da Guerra da Independencia ata 1815 cando os batallóns se refundiron do Rexemento da Princesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Ousá e Cotá (Friol). O seu cumio acada os 558 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo brasileiro. Licenciado en Economía (1968) e doutor en Estatística Económica (1971) en París, traballou en África para a Organización Internacional do Café (1971-1973). Alí decidiu dedicarse á fotografía nas axencias Sygma (1974), Gamma (1975) e Magnum (1979). Viaxou por Europa, América do Sur e África retratando en branco e negro a dignidade humana malia as miserables condicións de vida, a emigración ou a guerra. Cunha predilección polas poboacións marxinais, publicou Otras Américas (1986), Trabajadores (1992), o documental Terra (1997), Éxodos (2000) ou Migraciones (2000). Recibiu o World Press Photo (1985) pola serie Sahel: L’Homme en Détresse e foi o primeiro fotógrafo que obtivo o Premio Príncipe de Asturias das Artes (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en San Clodio (Leiro). De orixe descoñecida, pode que a vida monacal comezase na segunda metade do s VI con monxes que seguían a regra beneditina, procedentes de San Claudio de León. A primeira noticia histórica é de 928, cando se produciu a doazón dos condes Álvaro e Savita. Daquela o mosteiro tiña carácter familiar e dúplice e seguía a regra beneditina. Cara a 1151 adoptouse á regra cisterciense e en 1225 ingresou na orde do Císter. Desde 1530 ata a exclaustración de 1835 integrouse na Congregación de Castela. En 1891 foi priorado de Samos pero a vida monacal despareceu. As súas dependencias restauráronse e reformáronse para converterse en hotel. A igrexa ten planta basilical de tres naves divididas en catro tramos e tres ábsidas semicirculares, precedidas dun tramo recto, das que destaca a central, e cruceiro. O acceso ás capelas absidais é mediante arcos apuntados, as laterais cóbrense con bóveda de canón apuntado o tramo recto e bóveda de forno o tramo curvo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. alo vexetal que se compón principalmente de silvas e toxos.

    2. Pedra utilizada para sondar o fondo do mar e saber se hai rochas que poñen en perigo as embarcacións.

    VER O DETALLE DO TERMO