"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Pintor castelán. Discípulo de J. Ribeira e J. Madrazo. Cultivou un gusto irónico, reflexo da arte de Goya. Consérvanse obras súas na Academia de San Fernando e no museo de Lázaro Galdiano de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á orde dos aleocelos.

    2. Verme da orde dos aleocelos.

    3. Orde dos turbelarios formados por pequenos vermes planos, aparentemente segmentados, xeralmente mariños, que se caracterizan por ter a cavidade dixestiva en forma dun saco único, con divertículos dispostos de forma semimetamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de pequenos coleópteros da familia dos estafilínidos, de cores escuras, que viven en lugares húmidos, alimentándose de restos vexetais, fungos ou cadáveres. Algunhas especies viven nos formigueiros, mentres outras parasitan as ninfas dos dípteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar británico, primeiro conde Alexander of Tunis. Estudia en Harrow e en Sandhurst. Serviu en Francia durante a Primeira Guerra Mundial e formou pate do exército letón na loita contra a URSS. Entre 1932 e 1938 comandou as tropas británicas no NO da India. Durante a Segunda Guerra Mundial, como lugartenente xeral, mandou o primeiro corpo de exército: organizou a defensa e despois a evacuación (1940) de Dunkerque. Foi axudante de Eisenhower nas campañas de Túnez, Sicilia e Italia (1943); en 1944, trala caída de Roma, asumiu o mando das forzas aliadas no Mediterráneo. Ao acabar a guerra, convértese en gobernador do Canadá (1945-1952) e máis tarde en Ministro de Defensa (1952-1954) do goberno de Churchill. Publicou as súas memorias (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei (103-176 a C) e gran sacerdote asmoneo. Sucedeu ao seu irmán Aristóbulo I. Expandiu os seus dominios ata a costa de Palestina. Reprimiu violentamente a primeira revolta dos fariseos contra os asmoneos (feito que orixinou, posiblemente, a seita dos esenios).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa automobilística italiana fundada no 1910 co nome de ALFA (Anonima Lombarda Fabbrica Automobili), que Nicola Romeo (1876-1938) cambiou en 1915 por Alfa Romeo, ao se converter en primeiro accionista e delegado administrador da sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Grecia, no Peloponeso. Nace no monte Taixeto, alimentado polo Erýmanthos e polo Ladon. Pasa preto de Olimpia, e desemboca logo dun percorrido de 111 km no golfo de Arcadia, ao S de Pirgos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ruído esaxerado que se produce por voces e berros de moita xente.

    2. Rifa de escasa importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao allo.

    2. Dise do olor ou sabor semellante ao do allo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Fundou xunto cos seus irmáns un importante arquivo fotográfico (1854), sobre patrimonio artístico e retratos, que aínda mantén a súa actividade comercial como editora de arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á familia das alismatáceas.

    2. Planta da familia das alismatáceas.

    3. Familia de plantas acuáticas da orde das alismatais á que pertencen os xéneros Alisma e Baldellia, que reciben o nome común de chantaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e estatístico británico. É coñecido polos seus múltiples manuais sobre economía matemática, entre os que destacan Mathematical Analysis for Economists (Análise matemática para economistas, 1938) e Macro-Economic Theory (Teoría macroeconómica, 1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence a outra persoa, lugar ou cousa.

    2. Que resulta estraño, que non ten relación ou parte cunha persoa ou cousa.

    3. Que non ten correspondencia.

    4. Que non recibiu novas informacións ou que non ten interese por algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘consideración, respecto’.

    2. Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘respecto’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, escritor, publicista e estudoso da cultura galega. Logo de estudar bacharelato en Tui e Vigo publica no 1950 o seu primeiro libro Cantos de Cotovía, poemario en castelán e no mesmo ano emigra a Bos Aires, inciando a súa andaina como escritor e xornalista vencellado aos círculos galeguistas. Na emigración fundou a revista Mundo gallego e dirixiu Airiños do Carballiño, órgano da Casa de Galicia en Bos Aires, na década dos cincuenta. Desenvolveu o labor de articulista para xornais da Arxentina, Galicia, Montevideo, Madrid e O Brasil, obtendo en Bos Aires varios premios xornalísticos e o Premio Minerva polos seus poemas. Foi tamén corresponsal de El Hogar nas provincias arxentinas e traballou como redactor en La Prensa, ademais de colaborar en case todos os xornais rioplatenses, ao tempo que enviaba ao vigués El Pueblo Gallego as súas crónicas “Aquí Buenos Aires”. De volta a Galicia en 1958, colabora en Faro de Vigo, Industrias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor da música da popular “Cántiga”, sobre texto do primeiro poema escrito de Curros Enríquez en 1869, cando compartían ambos unha pensión madrileña na época en que Curros estudiaba Dereito na Universidade Central de Madrid. Alonso Salgado non coñecía a grafía musical, pero interpretou a melodía coa guitarra. Foi Chané quen posteriormente fixo a transcrición ao pentagrama, circunstancia que xerou confusión na posteridade, chegando a atribuír a Chané a autoría da famosa peza. Cesáreo Alonso deuna a coñecer en Trives, a súa terra natal, e máis tarde, entre os estudiantes de Compostela. Aquela popular cántiga pasou con todos os honores á posteridade, sendo poucas as xuntanzas festivas nas que non sexa interpretada co título de Unha noite na eira do trigo. Dáse o fenómeno de que chegou a eclipsar a homónima de Xoán Montes, unha das seis fermosas baladas do compositor lugués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Alpes Meridionais Serra que constitúe a espiña dorsal de Nova Zelanda e ocupa maioritariamente a Illa do Sur. Culmina no pico de Cook (3.760 m de alt), o máis alto do país. Forma unha crista situada entre a gran fosa oceánica de Tonga-Kermadec e o escudo australiano occidental. É un arco con dúas inflexións ou convexidades: a do NL, cara ao Pacífico occidental, e a do SO, cara á Cunca Oriental Australiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén é coñecido o porto de Guadarrama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da rexión de Midi-Pyrénées, Francia (4.464 km2; 223.718 h [estim 1995]). A capital é Tarbes.

    VER O DETALLE DO TERMO