"rot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

    1. Quen é sucio ou desaliñado no xeito de vestir.

    2. Quen fai trampas ou mente con moita frecuencia. SIN: embusteiro, mentirán, mentireiro, troleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Creba económica dunha empresa ou persoa que polo xeral ten a súa orixe nunha actividade fraudulenta. A palabra ten a súa orixe na Idade Media, cando os cambistas que caían na miseria rachaban o banco no que sentaban para efectuar as súas operacións nos mercados, nun xesto que significaba o cesamento das súas actividades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte prominente do maxilar inferior, situada debaixo da boca. SIN: barbadela, barbela, queixelo, 2queixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado á beira do río Alcarrache, no pé da serra de Santa María (3.938 h [1996]). As súas principais actividades económicas son a agricultura e a gandería. Tamén destaca a industria da cortiza. Este perfil agropecuario favoreceu durante o s XX a emigración dos seus habitantes cara a outras áreas máis desenvolvidas, especialmente Catalunya, factor que desencadeou transformacións na súa dinámica demográfica que repercutiron nun forte descenso con respecto ás cifras iniciais. En Barcarrota naceu Hernando de Soto, conquistador da Florida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adoración Sánchez Bárcena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que rexistra ao mesmo tempo as variacións de presión e de temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Otite provocada por cambios súpetos da presión atmosférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración traumática do oído producida por exposición a cambios de presión atmosférica que determinan unha diferenza entre as presións atmosférica e intratimpánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de baroclinidade cero, é dicir, estado de estratificación dun fluído no que as superficies de densidade (ou temperatura) constante coinciden coas superficies de presión constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á barotropía.

    2. Atmosfera na que as superficies de presión constante son tamén superficies de densidade (ou temperatura) constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tropismo provocado por diferencias de presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barra grosa e curta.

      1. Barra pequena de ferro ou de madeira que se emprega para asegurar as fiestras ou as portas.

      2. Peza de madeira ou ferro utilizada nos mobles para asegurar ou reforzar as patas.

    2. Cada un dos ferros verticais dunha varanda ou dunha reixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Buraco cadrado das paredes dun edificio que serve para asegurar as estadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de albumosa, cun peso molecular de 25.000 unidades, que corresponde a un dímero das cadeas lixeiras das inmunoglubinas (λ2 ou x2). Descrita polo urólogo británico Henry Bence-Jones (1813-1873). Aumenta notablemente nos ouriños dos enfermos que padecen mieloma e pódese poñer de manifesto mediante a reacción chamada de Bence-Jones.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lipoproteína de baixa densidade, rica en colesterol. O seu déficit ou falta orixina un cadro grave de abetalipoproteinemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das proteínas que se eliminan na bile e que levan bilirrubina conxugada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico alemán. Está considerado como un dos creadores da cirurxía moderna. En 1874 practicou unha larinxectomía total e en 1881 realizou con éxito a primeira gastrectomía. Entre os seus traballos destacan a descrición de dúas técnicas clásicas de gastrectomía con anastomose gastroduodenal (operación de Billroth I) ou gastroxexunal (operación de Billroth II); o estudo do falso meningocele (enfermidade de Billroth), unha técnica persoal de sutura e a introdución dunha anestesia mixta de alcohol, cloroformo e éter. Publicou Die allgemeine chirurgische Pathologie und Therapie (Patoloxía cirúrxica e terapias xerais, 1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proteína dun organismo vivo.

    2. Proteína obtida nun cultivo de bacterias ou de lévedos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo e xeomorfólogo. Realizou estudios sobre xeomorfoloxía e xeografía dos Pireneos e da Península Ibérica, entre eles a súa tese de doutoramento, Recherches sur la morphologie des Pyrénées orientales franco-espagnoles (Investigacións sobre a morfoloxía dos Pireneos orientais franco-españois, 1937). Tamén fixo experimentos sobre a descomposición das rochas cristalinas. Foi profesor nas universidades de Dijon, Estrasburgo, Lille e na Sorbonne de París. Publicou, entre outras obras, Regions naturelles du globe (Rexións naturais do globo, 1970) e Processus d’érosion à la surface des continents (Procesos de erosión na superficie dos continentes, 1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Foi administrador do departamento dos Pireneos Orientais e deputado da Convención (1792). Loitou contra os excesos da represión e o monopolio político de París. Desterrado e preso, conseguiu escapar e intentou organizar unha sublevación desde Lyon. Capturado cerca de Bordeos, morreu guillotinado.

    VER O DETALLE DO TERMO