"xia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 855.

    1. Dificultade para respirar.

    2. Suspensión da función respiratoria dun organismo por causas mecánicas ou pola alteración da hematose. Leva á anoxia dos tecidos. Os obstáculos mecánicos poden ser accidentais ou patolóxicos (edema da larinxe, membranas da difteria, parálise dos músculos respiratorios e lesións no núcleo respiratorio cerebral). No aspecto de alteración da hematose cómpre mencionar a asfixia por falta de osíxeno e a producida polos gases tóxicos ou bloqueadores da actividade hemoglobínica (gas de hulla, gas butano, monóxido de carbono, etc).

    3. Debilitamento dos vexetais por falta de osíxeno, particularmente en solos encharcados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce asfixia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Provocarlle a morte a alguén por suspensión da respiración.

    2. Impedirlle a respiración a alguén; causar dificultades respiratorias.

    3. Sentir asfixia ou dificultades respiratorias.

    4. Morrer a causa da suspensión da respiración.

    5. Afogarse por falta de osíxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incapacidade de integrar e de executar de forma axeitada os diversos movementos que constitúen un acto. É signo de lesión cerebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que estudia as culturas de raizame asiriobabilónica, semítica, da antiga Mesopotamia. Non investiga, xa que logo, a cultura sumeria, non semítica, que ten campo propio de estudo na sumerioloxía. O termo é, entón, erróneo, pois nomea unha parte (Asiria) polo todo (Asiria, Acad e Babilonia). Asiria e Babilonia eran os herdeiros directos do Reino de Acad, cunha mesma lingua, o acadio. O primeiro interese da asirioloxía foi o de fornecer o relato bíblico de datos provenientes da investigación histórica. Pódese poñer como data de nacemento da asirioloxía o ano 1802, cando o alemán Grotefend descifrou parcialmente a escrita cuneiforme persa ou aqueménide. Foi seguido por diversos autores como os franceses Burnouf e Oppert, o noruegués Lassen, o irlandés Pincks e os británicos Talbot e, sobre todo, Rawlinson, no estudo da escrita cuneiforme, non só da aqueménide, senón tamén doutras como a acadia. Deste xeito ficaba aberto o camiño para a investigación das fontes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da Zooloxía que estudia os astácidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tremor localizado preferentemente nas mans, pero tamén na lingua e nos pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • exobioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina e estudo especulativo das influencias dos astros sobre o mundo sublunar, especialmente sobre o destino dos homes (astroloxía xudiciaria), e sobre os fenómenos meteorolóxicos (astroloxía natural), segundo os conceptos predominantes antes do nacemento da ciencia moderna. Atópanse as primeiras manifestacións en Mesopotamia (3.000 a C), en China (1.500 a C), e en datas imprecisas pero posteriores, na civilización maia. Os astrólogos do pasado, predicían o tempo e os sucesos humanos amais de regular os actos rituais. En Mesopotamia creáronse regras prácticas (zodíaco, horóscopo, etc) aínda que a súa fixación foi tardía: o primeiro horóscopo babilonio conservado é do s IV a C. Chegou a Grecia coas expedicións de Alexandre o Grande onde, ben acollida polos pitagóricos, platónicos e aristotélicos, os estoicos elaboraron a principal base doutrinal coa súa teoría da harmonía entre o microcosmos (home) e o macrocosmos (universo). O Almaxesto e o Tetrabiblon...

    2. Nome dado antigamente á Astronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tranquilidade de ánimo non turbada por algún desexo ou por algún temor.

    2. Estado de tranquilidade e impasibilidade da persoa producido por axentes atarácticos ou por medios psíquicos, como o ioga ou a autorrelaxación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ornamento característico da arte musulmá constituído polo incrustamento de esmalte ou metais, en axustes abertos sobre un metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trastorno caracterizado pola falta ou pola alteración da coordinación dos movementos.

    2. Ataxia caracterizada pola asociación desta con fenómenos espasmódicos, causada por un tumor do corpo calloso.

    3. Ataxia producida por lesións das vías cerebelosas. Hai unha descompensación dos movementos (asinerxia) de tal xeito que non se acada nunca o obxectivo proposto (disimetría). Ao camiñar, o atáxico é incapaz de seguir unha liña recta e mantén os pés separados.

    4. Ataxia parecida á cerebelosa acompañada de trastornos de conduta, por lesións no lóbulo frontal.

    5. Ataxia orixinada por unha disociación entre pensamento e afectividade.

    6. Ataxia causada por afección da sensibilidade profunda que vai polos cordóns posteriores da médula espiñal. O individuo camiña bruscamente, deixando caer os pés fortemente sobre o talón.

    7. Ataxia orixinada polo descoñecemento dun propio hemicorpo que se move incoordinadamente. Está causada por lesións do lóbulo parietal.

    8. Ataxia producida por alteración dos nervios periféricos, especialmente polas polineurites.

    9. Ataxia ocasionada por lesión no tálamo; presenta ademais dunha hemiataxia, unha síndrome talámica.

    10. Ataxia producida por alteracións vestibulares labirínticas. Comporta trastornos da marcha caracterizados polo feito de que o individuo se sente atraído cara ao lado da lesión; se o desequilibrio é moi acentuado, está obrigado a cruzarse de pernas (marcha en tesoiras). Está acompañada de vertixes e nistagmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de alerxia provocado e mantido nun organismo pola aparición de autoantíxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio da distribución xeográfica dos taxons.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da ecoloxía que estudia os seres vivos considerados individualmente; oponse á sinecoloxía ou ecoloxía das comunidades e ecosistemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso polo que unha célula dixire parte do seu citoplasma ou dos orgánulos celulares por medio de vacúolos dixestivos formados nas membranas do retículo endoplasmático liso. É máis activo en certos períodos da vida, como por exemplo no desenvolvemento embrionario ou na senescencia.

    2. Consumo do propio glicóxeno por parte das células do lévedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de defensa dalgúns insectos que consiste na emisión espontánea de sangue que, debido ao seu olor e acritude, actúa amodo de repelente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio do crecemento dun individuo ou dun grupo de individuos ao longo da súa vida co obxectivo de coñecer as características do crecemento da poboación á que pertencen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu en 1972 a Axencia Europea de Enerxía Nuclear, institución con sede en París, fundada en 1958 pola Organización Europea de Cooperación Económica (OECE) e dependente da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE, substituta da anterior) dende 1961. Ten por finalidade promover e coordinar proxectos conxuntos de desenvolvemento da enerxía nuclear para usos pacíficos. Pertencen a ela todos os estados membros da OCDE agás Nova Celandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización intergobernamental creada en 1974 baixo os auspicios da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE). Preocúpase pola situación do mercado do petróleo e de promover a investigación de enerxías alternativas. Pertencen a ela 21 dos 24 estados membros da OCDE e ten a súa sede en París.

    VER O DETALLE DO TERMO