"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
-
Relativo ou pertencente aos grílidos.
-
Insecto da familia dos grílidos.
-
Familia de insectos ortópteros de antenas longas e setáceas, os machos con aparato estridulador nos élitros, que presentan unha porción ancha e plana formada polo campo axilar e distal, e outra lateral formada polo marxinal e adaptados á forma do abdome, e as femias cun longo oviscapto cilíndrico. Son saltadores, con tarsos de 2 ou 3 artellos, e con ás algúns deles.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Enxeñeiro químico de profesión, foi correspondente durante a Segunda Guerra Mundial. É autor de contos, novelas e teatro. Da súa produción destaca Za pravoje delo (1952) e Vsjo tečot (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de gobernable.
-
CIDADES
Cidade do zizhiqu de Guangxi Zhuang, China, na rexión do Centro-Sur (364.130 h [1990]). Está situada na beira esquerda do Gui Jiang, tributario do Xi Jiang. É un importante centro comercial, artesanal e de transportes, e converteuse nun núcleo industrial desde 1950, con industria química, de fabricación de motores, de equipamento agrícola, de papel, téxtil (principalmente algodón) e, sobre todo, alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei normando de Sicilia (1154-1166), fillo de Roxelio I. Instalou no papado a Alexandre III coa oposición do Emperador Federico I (1159) e sufocou a rebelión da nobreza de Puglia (1160).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei normando de Sicilia (1166-1189), fillo de Guillerme I de Sicilia. Sucedeu o seu pai baixo a rexencia da súa nai, Margarida de Navarra. Iniciou unha política expansionista que o levou a tentar casar coa filla do Emperador Manuel I Comneno de Bizancio e a realizar unha serie de campañas (1174-1175) co fin de conquistar as costas norteafricanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor canadense. Considérase un dos representantes destacados do expresionismo abstracto. Inicialmente cultivou unha pintura de temática social influído polos muralistas mexicanos, que derivou, baixo a influencia de Pollock, cara a formulacións máis vangardistas. As súas obras caracterízanse polas manchas luminosas de cores superpostas nun fondo claro e aplicadas con pinceladas soltas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Capacidade que ten unha persoa para facer ben algo.
-
Cousa feita con graza ou destreza.
-
Acción que implica un certo grao de intelixencia e enxeño para a súa realización.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten habilidade.
-
-
Acción e efecto de habilitar.
-
-
Autorización conferida a un organismo ou funcionario para que realice funcións que non lle son propias.
-
Nota característica de determinados corpos de funcionarios, únicos para todo o estado, que faculta os seus membros para presentarse aos concursos de provisión de prazas reservadas exclusivamente a estes corpos nas diferentes administracións públicas existentes no ámbito do estado.
-
habilitación xudicial
Medio legal para suplir a falta de capacidade.
-
-
-
-
de habilitar.
-
-
Persoa autorizada polos funcionarios públicos e as clases pasivas para percibir os seus emolumentos e entregárllelos.
-
Oficial encargado de cobrar da tesourería as cantidades asignadas a un corpo ou rexemento.
-
-
-
-
Declarar a alguén hábil ou apto para algo.
-
Facer que algo, especialmente un lugar, sirva para un fin ou función para os que non estaba destinado.
-
Dispoñer un crédito ou un capital para algo.
-
Conferir autorización a unha persoa para que desenvolva uns actos xurídicos determinados.
-
-
-
Calidade de habitable.
-
Cédula necesaria para que un edificio poida ser habitado, que outorga a autoridade como garantía de que reúne todas as condicións sanitarias e técnicas necesarias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Explosivo, en desuso, constituído por unha mestura de carbón, nitrato potásico e ferrocianuro potásico e unha materia inerte.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo letón. Abriu o seu estudo en París en 1928. En 1940 marchou aos EE UU e colaborou coas publicacións Life, Time, Look e Paris Match. Realizou retratos de destacados políticos e intelectuais, como J. F. Kennedy ou S. Dalí. Expuxo a súa obra en Toquio (1973) e no Centro Internacional de Fotografía de Nova York (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deporte que consiste en levantar halteras. Practícase sobre unha tarima de 4 m2; as halteras que se empregan na competición son de discos. Nos concursos, os participantes, divididos en categorías segundo o seu peso, dispoñen de tres intentos para cada movemento. Os movementos recoñecidos oficialmente son arrancada e dous tempos. A arrancada consiste en levantar as halteras sen interrupción desde a tarima ata a posición dos brazos estirados por riba da cabeza; pode utilizar a flexión das pernas, que posteriormente se estirarán. A modalidade de dous tempos ten dúas fases, a cargada, que consiste en levantar a haltera ata o peito, e a proxección, na que o levantador leva os brazos ata a altura máxima por riba da cabeza. Os primeiros campionatos de halterofilia celebráronse en Londres en 1891. Incluída nas tres primeiras edicións dos Xogos Olímpicos (1896, 1900 e 1904), desapareceu do programa nos de 1908 e non se reintegrou nel ata 1920. A competición olímpica comprende as modalidades...
-
PERSOEIRO
Xeneral francés. Coñecido como Leclerc, foi xefe do Estado Maior da infantería (1939), capturárono os alemáns pero evadiuse e fuxiu a Reino Unido. Reorganizou as tropas francesas en África Ecuatorial e reconquistou sucesivamente Camerún e Chad (1942). Ascendeu a xeneral de brigada e integrouse nas forzas de Montgomery que loitaban no N de África. En 1944 dirixiu a segunda division blindada no desembarco de Normandie e liberou París en agosto dese ano. Foi comandante xeneral das tropas francesas en Indochina (1945) e inspector das forzas francesas en África do N (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina que constitúe o principio colorante do campeche. Emprégase como colorante en microscopia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hemorraxia na bile ou nos condutos biliares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria ligada ao sexo, transmitida polas mulleres e que afecta aos homes, caracterizada por unha propensión ás hemorraxias abundantes, internas ou externas, difíciles de conter. As hemorraxias poden ser da pel, das mucosas, dos órganos internos, músculos ou articulacións. Débese ao déficit ou funcionamento inadecuado dalgún factor da coagulación (no 90% dos casos trátase dos factores VIII ou IX, que determinan as hemofilias A e B, respectivamente, e o resto ao factor XI que determina a hemofilia C). Os hemofílicos constitúen un dos grupos de risco de contraer a SIDA, xa que dependen, para o seu tratamento, da administración de hemoderivados.