"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • oar arredor de algo ou alguén. Ex: Circunvoaron a Terra nun globo aerostático sen facer escalas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olta tortuosa que describe algunha cousa.

    2. Cada un dos pregamentos flexuosos da superficie cerebral. Están limitadas por sucos e fendas, e forman parte dos lóbulos do cerebro. Segundo a súa situación chámanse circunvolucións frontais, parietais, temporais, occipitais, do corpo caloso, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos accipítridos coñecidas como tartarañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á orde do Císter. Ex: No Camiño de Santiago atopámonos cun grupo de monxes cistercienses.

    2. Monxe da orde do Císter.

    3. Estilo arquitectónico difundido pola orde cisterciense nos ss XII e XIII, que marcou a transición entre o románico e o gótico. A característica principal é a austeridade, introducida por san Bernaldo. En tempos do abade santo Estevo Harding, os manuscritos de Cîteaux tiñan moita iluminación; sen embargo, en 1134, coincidindo coa maior influencia de san Bernaldo, o cabido xeral mandou que as letras capitais fosen dunha soa cor. O espírito de austeridade maniféstase na prohibición das representacións figuradas e na adopción de motivos xeométricos nas vidreiras. Tamén no canto gregoriano san Bernaldo empobreceu a obra realizada por santo Estevo Harding. Mesmo estableceu que os mosteiros deberían situarse en lugares afastados de poboacións ou castelos. A arquitectura cisterciense é simple e austera, e emprega como material básico a pedra. As igrexas seguiron maioritariamente o modelo adoptado por san Bernaldo, aínda que non é o único. En xeral, adoptouse a planta cruciforme con tres naves no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de temática relixiosa que se editou no mosteiro de Oseira entre 1949 e 1951. Os monxes cistercienses encargáronse da súa dirección e redacción. Contén as seccións “Efemérides”, “Flores del Císter”, “Bibliografía” e “Necrología” e está ilustrada con fotografías dos membros da orde. Considérase a sucesora da revista La Voz del Císter, que editou a mesma orde entre 1928 e 1936. Distribuíase por todos os mosteiros cistercienses de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado larval do ciclo evolutivo da tenia e doutros cestodos, posterior á oncosfera e anterior ao individuo adulto. Represéntase por unha pequena vesícula, de poucos milímetros, que se aloxa no tecido muscular do porco e orixina a triquinose. O cisticerco queda, neste estado, envolto por unha cuberta de tecido conxuntivo. A súa membrana interna invaxínase e forma o escólex. O ciclo evolutivo continúa se o anaco infectado resulta inxerido, en estado cru ou pouco cociñado, por un humano ou por outro hóspede axeitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parasitose humana producida polas larvas da tenia do porco (Taenia solium) ou da tenia da vaca (Taenia saginata). Prodúcese por autoinfección ou, máis frecuentemente, por contaminación fecal dos alimentos. Cando os ovos chegan á porción inicial do intestino delgado, saen as larvas, que atravesan a parede intestinal, disemínanse polo sangue e fíxanse especialmente na pel, nos músculos, no cerebro e nos ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (268-270). Recibiu o apelativo de Gótico e destacou como militar durante o goberno do Emperador Decio. Defendeu as Termópilas do ataque dos bárbaros e no reinado de Valeriano foi gobernador da Iliria. Sucedeu a Galieno á fronte do Imperio, despois de ser elixido emperador polos seus soldados. Venceu os godos en Margus e detivo o avance dos alamanos, pero fracasou no intento de pacificar a Galia e Exipto. Morreu víctima da peste e sucedeuno Aureliano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xeneral romano. Exerceu o consulado en cinco ocasións. Durante o primeiro consulado someteu a Galia Cisalpina (222 a C). Á fronte dos restos do exército romano detivo a Aníbal durante a segunda Guerra Púnica (215 a C) atacou as bases dos cartaxineses en Sicilia e sitiou Siracusa. Dirixiu novas campañas contra Aníbal e conseguiu a súa retirada ao Brucio. No seu quinto consulado morreu nunha emboscada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Neto de Marco Claudio Marcelo. Exerceu como pretor en Hispania no 169 a C e foi nomeado cónsul no 166 a C e no 155 a C. No terceiro consulado (152 a C) ocupouse da sublevación celtibera de Hispania, onde buscou o diálogo. A intolerancia do Senado romano, dirixido polos Escipións, obrigouno ao enfrontamento. Despois de sitiar Numancia, acadou un tratado de paz cos pobos celtiberos e fundou a colonia romana de Corduba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral espartano. Xefe da guarnición de Bizancio no 409 a C, organizou a defensa despois da sublevación contra Atenas. Volveu ao seu posto no 403 ata que foi destituído polo seu goberno tiránico. Dirixiu o exército de mercenarios na campaña de Ciro o Novo contra Artaxerxes II. Venceu na Batalla de Cunaxa pero tivo que retirarse despois da morte de Ciro. Capturado polo sátrapa Tisafernes, foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador grego da época helenística. A súa obra Historias de Alexandre, escrita entre o 280 e o 270 a C, toma elementos da obra de Calístenes e destaca polas anécdotas e os detalles curiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao axente químico ou ambiental que pode incrementar a acción dun carcinóxeno e que ten como resultado final o desenvolvemento dunha neoplasia maligna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador italiano. Coñecido co nome de Sabellico, ensinou retórica en Udine (1473-1483) e Venecia, onde dirixiu a biblioteca pública. Influído por Flavio Biondo, escribiu entre outras obras: Rerum Venetarum ab urbe condita ad Marcum Barbadicum Venetarium principem libri XXXIII (Historia de Venecia dende a fundación da cidade ata ao príncipe veneciano Marco Barbadico, 1487).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e empresario. Iniciou a súa andaina política no ano 1969 como presidente do sindicato mixto local de actuacións diversas. En 1971 foi elixido concelleiro en Ribadeo polo terzo sindical, cargos que renovou democraticamente na candidatura de Coalición Democrática. Foi parlamentario, pola circunscrición de Lugo, na primeira e na segunda lexislatura galega polo Partido Popular. Foi tamén tenente de alcalde e alcalde da súa vila natal. Director da Caixa Rural de Lugo en Ribadeo, é membro da confederación de empresarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e teórico de arquitectura. Incorporou á arquitectura popular a linguaxe da arquitectura contemporánea. Estudiou a tipoloxía da vivenda e foi un dos fundadores do Grupo R, que pretendía a renovación da arquitectura. Entre as súas construcións destacan as casas Tápies (1964) e a ampliación da Escola d’Arquitectura (1978). Foi membro da Acadèmia de Belles Arts de Sant Jordi (1977) e recibiu a Medalla de Ouro da IX trienal de Milán (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante, bisneto dun dos fundadores da fábrica de lenzos e manteis creada na Coruña en 1686. Dirixiu esta empresa dende 1769 a 1791, período no que estableceu unha manufactura de indianas e lenzos pintados. Foi membro do Consulado da Coruña en representación dos fabricantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de coercible.

    2. Atributo da norma xurídica que lles outorga aos órganos xurisdicionais do Estado a posibilidade de impoñer a observancia da sentencia coactivamente e de establecer a sanción correspondente no caso de que esta fose violada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode ser obxecto de coerción.

    2. Aplícase ao gas que pode ser licuado por compresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de obrigar a alguén a dicir ou facer algunha cousa.

    2. Forza constritiva que actúa sobre o conxunto ou parte da sociedade para obrigala a actuar dunha maneira determinada. Esta forma de control social emprégaa o Estado, a través da policía e do exército, e é esencial en certos procesos de integración social xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO