"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Que presenta diversidade de formas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos órganos ou estruturas que teñen forma de alferga, como é o caso das flores do estraloque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poemario de Antonio Noriega Varela aparecido en 1920 nunha edición ao coidado de Antón Losada Diéguez, Vicente Risco e Arturo Noguerol, constituído por corenta e oito poemas, dezaoito deles procedían da segunda edición da primeira obra poética do autor, Montañesas (1910), aos que se engadiron trinta novas composicións de ton relixioso. En 1920 imprimiuse a segunda edición custeada polos emigrantes mindonienses en Bos Aires, e en 1929 unha terceira da Tipografía Centro de Acción Social Católica de Mondoñedo, coa aclaración “Novísima edición, aumentada”, na que se incorporaron vinte e un sonetos. En 1946, meses antes da morte do poeta, apareceu Do ermo. Cuarta edición (a luguesa) aumentada, escolma da obra poética do autor. Divídese en tres partes: “A Virxen y-a paisanaxe”, recolleita de cen cantigas populares, “Montañesas” e “Do ermo”. Contén ademais un fragmento dun poema de Cantares gallegos, unha carta do poeta Teixeira de Pascoães e unhas notas de Francisco Leal Insua. Consta agora de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raza de cans de máis de 70 cm de altura na cruz e 45 kg de peso, corpo musculoso e estilizado, cabeza alongada e pescozo longo. O pelo é curto, liso e duro, de cor castaña ou negra, con áreas de cor caoba na gorxa, meixelas, beizos, cellas, peito e patas. As orellas son caídas e, nalgúns países, permítese recortalas, ao igual ca a amputación do rabo. Constitúe unha raza empregada, fundamentalmente, para a garda e defensa. Creouse na década de 1860, a partir doutras 7 razas -entre elas o pastor, o dogo e o rottweiler- por un recadador de impostos alemán chamado Louis Dobermann como axuda para o seu traballo. Logo foi empregado e criado pola policía de Turingia e tivo un papel importante, como can rastrexador, mensaxeiro ou de patrulla, durante as dúas guerras mundiais. Emprégase como can policía en moitos países, sobre todo nos EE UU. Debido á sua natureza agresiva, téndese a críar só os animais de carácter máis equilibrado para obter animais de compaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e manipuladora de monicreques. Membro fundador do colectivo de animación á lectura Digolondango e dos grupos de monicreques Boinas Días, Tasel e Cachirulo. Con esta última compañía representou, entre outras obras, A bela e a besta, A Illa do tesouro, A merenda de Gamelón, peza da que tamén é autora, A guerra das Galicsias, ou El-Rei Artur e a abominable dama, da que é coautora xunto a Xurxo Rei e Marilar Aleixandre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornada de revoltas populares que iniciou a Revolución de 1905. Aconteceu o día 22 de xaneiro en San Petersburgo, e a acción represiva do exército e da policía causou gran número de mortos e acabou coa confianza da clase obreira rusa no seu tsar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en Medicina pola Universidade Central. Catedrático de Hixiene e Sanidade na Universidade de Santiago de Compostela e, posteriormente, na Universidad Complutense de Madrid. Completou os seus estudios no Instituto de Medicina Preventiva do Exército, no Instituto Pasteur de París, no Tropeninstitut de Hamburgo e no Instituto Pasteur de Bruxelas, entre outros centros. Realizou investigacións sobre epidemioloxía e medicina xeográfica galega, en colaboración cos profesores da universidade compostelá Gestal, Daporta, Míguez e Fontán. Elaborou informes sobre os efectos das armas químicas no conflito Irán-Iraq, por petición do Secretario Xeral das Nacións Unidas, e formou parte da misión médica que se ocupou de estudar estes axentes en Angola en 1990. Colaborou de forma habitual en revistas especializadas. Membro numerario da Real Academia de Medicina de Galicia e da Real Academia de Farmacia, foi xefe de Sanidade Militar e Civil de Santiago e director do Hospital Militar da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. A finais dos anos sesenta viaxou a París, onde o coñecemento das distintas correntes artísticas contribuíu a encher de liberdade os seus lenzos. A súa obra bebeu das diferentes estéticas na busca da expresión a través das formas e das cores. Evolucionou dende a figuración ata a abstracción xeométrica con referencias cubistas, futuristas e surrealistas para despois achegarse a unha estética informalista e a unha simplicidade próxima ao construtivismo. Empregou as cores intensas, planas e a sobriedade das veladuras. Nas súas teas, traballadas como un elemento activo no que o espazo cobra vital importancia, introduciu obxectos de metal e outros materiais na busca da tridimensionalidade. Da súa produción destacan a serie Chador, Más allá del color, Credo in unum primum, La escalera de Jacob e El bosque de las primeras cosas. Realizou a súa primeira exposición na Galería Torrado de Pontevedra (1983) e dende aquela destacan, entre outras,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (57.600 h [1990]). Está situada na marxe esquerda do Rin, entre Düsseldorf e Colonia. É un importante núcleo industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boimorto baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Boimorto. Pertenceu a un antigo mosteiro de monxas beneditinas fundado cara ao 1152 por Lupa Pérez de Traba, filla do conde Pedro Froilaz. Construída no primeiro cuarto do s XIII, ten unha soa nave e unha ábsida de planta rectangular que aumentou en altura e acadou a mesma ca a nave. A ábsida cóbrese cunha bóveda de canón apuntada, reforzada por un arco faixón de igual directriz. O arco triunfal é apuntado e dobrado, a rosca menor descansa nun par de semicolumnas pegadas de fustes curtos sobre bases áticas e con capiteis vexetais formados por pequenas follas sen nervaturas con pomas ou volutas nas puntas. O arco faixón presenta unha organización e decoración similar. A fiestra que debeu existir no testeiro da ábsida desapareceu e no seu lugar situouse outra arquitrabada que non se ve dende o interior. Ao norte construíuse unha sancristía, que permitiu que no seu interior se conserven os canzorros cóncavos que se perderon no beiril meridional. Ao norte da nave...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dorme.

    2. Aplícase á parte do corpo que queda insensibilizada momentaneamente.

    3. Aplícase ao animal en actitude de durmir, coa cabeza apoiada nas patas dianteiras.

      1. Madeiro ou pedra colocada normalmente no chan, que serve de apoio a outras situadas horizontal ou verticalmente. OBS: Tamén se chama pé dormente.

      2. Cada unha das pezas de madeira dun barco nas que se cravan as táboas do sollado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • dormitio Mariae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fitohormona que inhibe o crecemento dos vexetais. Ten un efecto directo sobre o envellecemento, a abscisión e a floración. As xiberelinas contrarrestan a súa acción. Tamén se coñece como ácido abscísico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión da literatura patrística para referirse á defunción da Virxe María, coa que se indica a imposibilidade de que, debido á súa virtude, o seu corpo experimentase a corrupción propia da morte e, simultaneamente, xustifícase a Ascensión en corpo e alma ao ceo. O principal impulsor desta teoría foi san Xoán Damasceno (650-749).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuarto destinado para durmir.

    2. Mobles que constitúen o cuarto de durmir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SL da capital, á beira do río Guadalquivir (91.138 h [1996]). Cabeza dunha fértil área agrícola, na que as oliveiras, laranxeiras e hortalizas son os principais produtos cultivados, no último cuarto do s XX, debido a un proceso de difusión a partir da capital, converteuse nun próspero núcleo industrial, no que destaca a elaboración de aceites, materiais de construción, mobles e o sector téxtil. Fundouna Fernando III o Santo despois da conquista de Sevilla. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar as igrexas de Santa María Magdalena, a conventual de Santa Ana e a alquería de El Pilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor alemán. Esculpiu, en estilo gótico florido, o altar das Dores de María na igrexa de San Nicolao de Kalkar (1522) e o altar de María de Xanten (1535-1536).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula empregada en exobioloxía para expresar o número hipotético de civilizacións tecnolóxicas que poden coexistir na Galaxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de drupa.

    VER O DETALLE DO TERMO