"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Pontellas (Betanzos). Realizada en cachotería de granito, a súa planta achégase á forma dun L e conserva unha torre que sobresae en altura, remodelada a principios do s XX. Está rodeado por un muro e conserva construcións adxectivas.
-
MONTES
Monte situado na parroquia e concello de Begonte. O seu cumio acada 464 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao NO da capital provincial (10.514 h [2001]). É un centro agrícola, con cultivos de cereais, oliveiras e leguminosas, e un núcleo de industria alimentaria. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa parroquial, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1980 e o castelo (BIC, 1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Penedo rodeado de mar.
-
Pequena illa deshabitada.
-
-
Grupo illado de células, xeralmente cunha función común.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘daquela’,‘noutro tempo’, ‘hai moito tempo’. Expresión coa que comezan os Evanxeos para referirse aos tempos nos que viviu Xesús Cristo.
-
-
Relativo ou pertencente aos raios infravermellos.
-
Rexión do espectro electromagnético que comprende o intervalo que vai desde a luz visible ata as microondas.
-
Banda de lonxitudes de onda que van máis alá do extremo vermello do espectro. Resultan invisibles para o ollo e só poden ser rexistradas cunha película fotográfica especial.
-
Radiación electromagnética pertencente ao espectro infravermello, descuberta por W. Herschel en 1800. Os raios infravermellos, caracterizados como portadores de calor radiante, son emitidos por calquera obxecto a temperatura superior ao cero absoluto. Os raios infravermellos empréganse polos seus efectos caloríficos, e tamén en fotografía e en sistemas de guía e detección.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode mellorar. OBS: Emprégase normalmente con valor ponderativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1971 que englobaba os organismos do Ministerio de Agricultura encargados da problemática das estruturas agrarias, especialmente o Instituto Nacional de Colonización e o Servicio Nacional de Concentración Parcelaria y Ordenación Rural.
-
SEMANARIOS
Semanario editado en Santiago de Compostela a partir do 1 de maio de 1841. Cesou a súa edición o 26 de xuño dese ano. Editado e impreso por Xosé Núñez Castaño, amosábase crítico cos escritores románticos da época; moitos artigos están asinados cos nomes de Enarda e Galatea, pseudónimos que empregaban os irmáns Antonio e Alberto Camino. Cambiou o seu nome polo de El Iris de Galicia e, posteriormente, por Revista de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Dirixente do PNV, foi elixido deputado en 1936. Durante a Guerra Civil foi ministro dos gobernos de F. Largo Caballero (setembro 1936-maio 1937) e de J. Negrín (maio 1937-agosto 1938), e dimitiu como protesta pola persecución de que foron obxecto os militantes do POUM. Ocupou diversos cargos no goberno republicano no exilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cría de calquera peixe ou peixe pequeno.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Burgos, Castela-León, situado á beira do río Pisuerga, no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (121 h [2001]). O Puente Fitero comunícao con Itero de la Vega (Palencia). Do seu patrimonio cultural destacan a ermida de San Nicolás, que pertenceu a un hospital do s XIII, e a torre do s XIV, de planta cadrada e sen ameas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na serra de Arana e drenado polo río Cubillas (6.763 h [2001]). Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa parroquial, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1973, e o castelo (BIC, 1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
DINASTIAS
Dinastía lituano-polaca que reinou en Lituania e Polonia (1386-1572), Hungría (1440-1444 e 1490-1526) e Bohemia (1471-1526). Foi inaugurada polo gran príncipe lituano Jogaila que, ao facerse cristián, tomou o nome de Ladislau II e accedeu, polo seu matrimonio coa Raíña Eduvixe, ao trono de Polonia. Os seus dominios estendéronse practicamente do Mar Báltico ao Mar Negro, e durante o reinado do seu fillo Ladislau III, elixido rei de Hungría, chegaron ata o Mar Adriático. A dinastía extinguiuse coa morte de Sexismundo II Augusto en 1572.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, da antiga xurisdición de Neiva, ao S de Viana do Castelo. Activo entre 1278 e 1320 na corte de don Denís. Só se conservan 2 escarnios da súa autoría, un escarnio social e un escarnio persoal, transmitidos polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do Dodecaneso, Grecia, na rexión do Exeo Meridional. A base da súa economía é a agricultura, a pesca de esponxas e o turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Nomeado secretario de Estado en 1925, promoveu o Pacto Briand-Kellogg (1928). Foi xuíz do Tribunal de Xustiza Permanente creado pola Sociedade de Nacións. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1929.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo revolucionario camboxano que se constituíu como o brazo armado do Partido Comunista Khmer. Dirixidos por Pol Pot, derrocaron o réxime do príncipe Lon Nol e proclamaron a República Democrática de Kâmpuchéa en 1975. Entre 1975 e 1979 estableceron un réxime represivo ao que puxo fin a intervención vietnamita, pero os Khmeres continuaron coa guerra de guerrillas desde as zonas montañosas na fronteira tailandesa. Baixo a nova dirección de Khieu Samphan (1985) e trala retirada do exército vietnamita (1989), integráronse nun consello nacional destinado á pacificación do país (1991), que abandonaron en breve para continuar coa guerra de guerrillas, ata a súa derrota definitiva en 1998. En 2001 foi sancionada en Camboxa a lei que permite xulgar o réxime dos Khmeres Vermellos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Peterburgo 1872 - Moscova 1952) Revolucionaria rusa. Tralo triunfo da Revolución de Outubro foi comisaria do pobo para a Asistencia Pública, cargo desde o que desenvolveu un traballo en prol de reformas sociais e institucionais, especialmente no que respecta á situación social e familiar da muller. Membro do Comité Central do PCUS (1918), foi apartada da política activa en 1924 por reclamar a democratización interna do partido e unha maior participación dos traballadores. Desde aquela dedicouse a exercer funcións de embaixadora no estranxeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Las Palmas 1927 - Madrid 10.9.1999) Tenor. Estudiou en Barcelona, València e Milán, neste último lugar da man da soprano Mercedes Llopart. Debutou no Cairo con Rigoletto (1956) e posteriormente completou unha carreira musical nos mellores escenarios do mundo. Especializouse no repertorio romántico francés (Bizet, Massenet, Gounod, Offenbach), pero tamén destacaron as súas interpretacións de Donizetti e algúns papeis de Verdi. Realizou numerosas gravacións discográficas.