"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

    1. Relativo ou pertencente ao sintagma.

    2. Relación que se establece entre elementos ou secuencias de elementos que aparecen na mesma cadea. F. de Saussure caracterizou este tipo de relación como in praesentia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liase que intervén en reaccións onde o equilibrio se despraza completamente no sentido da síntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da gramática tradicional que estuda as relacións ou funcións das palabras na frase ou oración. A regra fundamental da estrutura sintáctica de toda oración é que esta ten que ter sempre dous elementos nucleares: o suxeito e o predicado, cos seus posibles complementos, se é que os ten. Da posición, a relación e a función das palabras que poden constituír estes elementos sintácticos básicos xorde a súa clasificación nas distintas categorías gramaticais fundamentais, as partes da oración.

    2. Conxunto de regras correctas que definen as secuencias dos elementos dunha linguaxe de programación.

    3. articulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten os tépalos soldados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral, metal ou produto aglomerado que se obtén por sinterización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Procedemento de aglomeración de materia pulverizada mediante a acción da calor, acompañada ou non de presión. Aplícase na metalurxia extractiva, na industria do plástico ou na de materiais cerámicos.

    2. Aglomeración que en siderurxia se fai de minerais e residuos pulverizados de gran grosor (0,5 - 5 mm), en fragmentos de material poroso dun diámetro axeitado para alimentar os altos fornos. O sínter resultante é triturado e peneirado para obter fragmentos de 5-50 mm.

    3. Proceso de quecemento, ás veces simultáneo ao prensado, que en pulvimetalurxia serve para conformar o produto ou darlle o endurecemento definitivo. A atmosfera do forno, frecuentemente eléctrico, ten que ser inerte (gases nobres ou baleiro) para evitar a oxidación do material.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sufriu un proceso de sinterización.

    2. sínter.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Someter unha materia pulverizada a unha sinterización.

    2. Efectuar unha sinterización.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Combinación dos elementos dun todo despois de separalos analiticamente.

      2. Proceso da investigación ou do coñecemento, contraposto á análise, que consiste na unión de elementos que estaban separados e na súa integración nun todo ou unidade superior. Caracterizada polos cartesianos como o progresivo tránsito do simple ao complexo, en Kant foi a esencia mesma do coñecemento e, modernamente, foi interpretada en íntima relación coa idea de creación. Hegel considerouna o terceiro e supremo momento do proceso dialéctico, que recollía e realizaba toda a verdade e a riqueza contida nos momentos anteriores de tese e antítese.

    1. Resumo breve dunha materia ou asunto.

    2. Combinación dun radical e dos elementos flexionais nunha soa palabra variable.

      1. Formación de certos compostos mediante a unión de outros máis simples ou dos seus elementos.

      2. gas de síntese

        Denominación xenérica de diversas mesturas gasosas formadas por monóxido de carbono e hidróxeno en proporcións relativas variables, xunto cun gas inerte, xeralmente nitróxeno. Aplícase na preparación do metanol, na síntese de gasolinas de Fischer-Tropsch ou na preparación do amoníaco.

      3. síntese orgánica

        Parte da química orgánica que trata sobre a preparación de moléculas complexas a partir de substratos máis simples. Historicamente e formalmente pode considerarse que parte da preparación da urea (F. Wöhler, 1828), e debe o seu desenvolvemento á necesidade de atopar fontes alternativas de produtos naturais para obtelos en maior escala e libres das restricións derivadas dos monopolios que diversos estados mantiñan sobre a súa produción. A primeira síntese dunha molécula natural complexa, a tropina, non se conseguiu ata comezos do s XX, grazas a R. Willstätter. A partir da década de 1960 o desenvolvemento alcanzado pola síntese orgánica foi extraordinario, debido, entre outras causas, ao progreso experimentado coa introdución e o perfeccionamento das técnicas espectroscópicas e de separación cromatográfica, como o progreso nos coñecementos sobre a estereoquímica, os mecanismos de reacción e os métodos sintéticos de transformación de grupos funcionais e a reacción de enlaces carbono-carbono....

      4. síntese proteica

        Síntese que ten lugar nos ribosomas, en catro etapas, en que son necesarios unha serie de compoñentes indispensables, enzimas específicos e cofactores. A primeira consiste na activación de aminoácidos; a segunda é a iniciación da cadea polipeptídica; a terceira consiste na prolongación da cadea mediante novas secuencias de aminoácidos, sendo cada un deles especificado por un codón terminal do ARNm; e a cuarta é o remate da cadea, cando se chega ao sinal de remate no ARNm.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á síntese.

      1. Que se obtén por síntese.

      2. Aplícase ás substancias e aos materiais que se obteñen por procedementos industrais, xeralmente mediante síntese química, e presentan as características dos naturais.

      3. linguaxe sintética

        Linguaxe que se obtén por conversión en sons dos espectros rexistrados nun espectrógrafo.

      4. método sintético

        Método pedagóxico, oposto ao analítico, que parte dos signos, dos elementos do código que se quere identificar antes de que se produza a identificación dos conceptos que os signos constitúen.

      5. xuízo sintético

        Xuízo en que o predicado non está contido no suxeito, segundo Kant. Así, “A é B” é sintético cando B non está contido en A. Os xuízos sintéticos, polo tanto, aumentan o coñecemento, en contraposición aos xuízos analíticos. En función de que a síntese sexa a priori ou a posteriori, os xuízos sintéticos serán ou non universais e necesarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente artística postimpresionista, tamén coñecida como cloisonnisme, que procura a simplificación das formas e o decorativismo empregando grandes superficies planas de cor rodeadas por trazos negros. Orixinouse en 1888 en Bretaña, e aínda que E. Bernard foi o seu creador con Les Bretonnes aux ombrelles, quen destacou foi P. Gauguin con La vision après le sermón. Foron desta corrente os membros da escola de Pont-Aven e os do grupo nabí. Considerouse como a obra sintetista por excelencia Le talisman de P. Sérusier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • sintetizable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode sintetizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen sintetiza.

    2. Aparato formado por un teclado análogo ao dun piano e un panel de control que permite obter sinais eléctricos complexos a partir de sinais eléctricos simples, que poden ser imitacións de instrumentos convencionais, ruídos naturais ou outros sons ou desexados. Poden conectarse a sistemas controlados por ordenador e empréganse sobre todo na música electrónica.

    3. Aparato electroacústico capaz de xerar sons dunha composición espectral semellante á da voz humana. Basicamente hai dúas técnicas: a parametrización e a segmentación. Nos sintetizadores por parametrización, para a interpretación do tracto bucal establécese un número de parámetros que inicialmente foron as coordenadas de posición da lingua, a mandíbula e os labios, pero posteriormente incorporouse a posición do veo do padal, o que permitiu definir completamente a articulación correspondente a cada fonema. A codificación da voz redúcese a uns poucos parámetros: a frecuencia central e a banda dos formantes (xeralmente tres ou catro), o nivel enerxético total, a presenza ou ausencia de sonoridade do son e a frecuencia fundamental do son que se desexa producir. Os sintetizadores por segmentación optan pola elección de unidades básicas que cómpre reter na memoria. A lingua falada baséase en sons dunha cadea fonética, interrelacionados estreitamente, xa que cada fonema está alterado...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer a síntese de algo.

    2. Levar a cabo a síntese dunha substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos exemplares mencionados polo autor dun taxon ou dunha especie, e pertencentes á recolección orixinal, cando non existe holotipo ou hai máis dun.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixión nacional dos xaponeses, denominada shinto (camiño dos deuses) en oposición á butsudbō (camiño de Buda). Hai un xintoísmo primitivo que se diferenza de moitas outras formas influídas polo confucianismo, o taoísmo e o budismo. Relixión basicamente animista ou politeísta, non ten fundador, escrituras, nin dogmas, pero si unha rica mitoloxía e un culto importante. A noción central é a pureza ritual e física, non moral. Ser impuro é o pecado (tsumi), que pode ser voluntario ou involuntario. O pecador ou contaminado recupera a pureza a través de diferentes ritos, como o harae (exorcismo), o misogi (ablución con auga e sal), o imi (tipo de profilaxe do pecado que consiste nunha abstinencia) e outros. Os documentos máis antigos, o Kojiki (Arquivos de cousas antigas) e o Nihongi (Anais de Xapón), tratan da historia mítica de Xapón a partir da data lendaria da fundación do imperio (660 a C), onde teñen un papel relevante os kami ou deuses, así como os heroes Izanagi e Izanami, a deusa...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fenómeno provocado no organismo por unha enfermidade, que pode ser percibido subxectivamente polo enfermo ou que pode ser detectado por un observador; neste caso fálase de sIgno clínico.

      2. síntoma patognomónico

        Síntoma característico dunha enfermidade determinada e co que se realiza dun xeito seguro a súa diagnose.

      3. síntoma subxectivo

        Síntoma que só percibe o enfermo.

    1. Indicio ou sinal que revela ou permite prever algo.

    VER O DETALLE DO TERMO