"xia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 855.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santa María de Vigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da microbioloxía que estuda os virus.
-
PERSOEIRO
Raíña de España, neta de Vitoria I de Inglaterra. Convertida ao catolicismo, o 31 de maio de 1906 casou co Rei Afonso XIII, día no que foron obxecto dun atentado anarquista. En 1931, coa proclamación da Segunda República Española, exiliouse a Francia e posteriormente a Italia. Separada do seu home, viviu en Reino Unido e, durante a Segunda Guerra Mundial, retirouse a Lausanne. Os seus restos foron trasladados ao Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial en 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa que está encargada de vixiar.
-
Torre construída nun lugar elevado desde o que se pode observar o horizonte e calquera perigo.
-
-
CUMIOS
Cumio da serra da Capelada situado entre os concellos de Cariño e Cedeira, que acada os 617 m de altitude. A cara oeste cae directamente ao mar formando os cantís máis altos da Península Ibérica e, para algúns autores, de Europa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico situada entre cabo Home e a punta Couso, na parroquia do Hío (Cangas).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que adopta a actitude ou a disposición de vixiar.
-
-
Observar con atención algo ou a alguén procurando non ser visto.
-
Observar con atención algo ou a alguén para velar pola súa seguridade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeofísica que estuda os fenómenos volcánicos. Comprende o estudo do conxunto de procesos da xeración dos magmas e a súa evolución durante o ascenso cara á superficie, as rochas volcánicas, os gases volcánicos que saen á superficie a través de fendas ou as fontes termais.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Sichuan, na rexión do Suroeste (156.823 h [1990]). Situada á entrada da boca do Iang-Tse, é un centro comercial e un porto fluvial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que adoptou a cidade chinesa de Suzhou de 1912 a 1949.
-
-
Conxunto de ascendentes dunha persoa.
-
Ciencia que establece o parentesco entre persoas e liñaxes e estuda a orixe, a descendencia e as alianzas. Complementaria da heráldica e auxiliar da historia, tamén é debedora da bioloxía, da socioloxía, da estatística ou do dereito, entre outras ciencias. En Exipto, India e Grecia, os reis, os eupátridas e os heroes tiñan árbores xenealóxicas que os emparentaban cos deuses. Na Biblia, as listas xenealóxicas teñen a miúdo un sentido simbólico e mnemotécnico. A xenealoxía moderna aparece no s XVI, pero acada o seu cume no s XVII. O xeito de establecer as xenealoxías pode ser moi variado e adoita facerse mediante as táboas xenealóxicas e as árbores xenealóxicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da bioloxía que estuda as relacións entre a evolución xeolóxica do planeta, a orixe da composición físico-química e de evolución da materia viva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda a idade das rochas e dos minerais, mediante datacións absolutas, a partir da idade doutras rochas ou de fenómenos xeolóxicos (datación relativa). Os tempos xeolóxicos comezan a contar no momento en que na terra sedimentou a masa presente, que probablemente coincida co momento no que se formou a codia terrestre, e acaba no momento actual. Hai dous tipos de unidades para medir os tempos xeolóxicos: as unidades cronoestratigráficas (baseadas na estratigrafía e no paleomagnetismo), e as unidades xeocronolóxicas ou unidades de tempos medidos en anos (baseados nos isótopos radioactivos). As principais unidades xeocronolóxicas son de maior a menor: eón, era, período, época, idade e crono, e as súas correspondentes unidades cronoestratigráficas son eontema, eratema, sistema, serie, piso e cromozona.
-
-
Tipo de alimentación de certos animais en que se inxire terra para asimilar os produtos que esta contén.
-
Hábito morboso de comer terra ou materiais similares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que ten por obxecto de estudo a composición, estrutura e evolución da Terra. Estuda a Terra no seu aspecto físico, mineral e orgánico; a natureza dos materiais que a compoñen, a súa formación e os cambios ou alteracións que experimentaron desde a súa orixe ata a súa situación actual. Non se desenvolveu como ciencia moderna ata o s XVIII, paralelamente ao desenvolvemento industrial, pola necesidade de atopar substancias como o carbón ou os minerais metálicos. Con anterioridade a Terra era considerada como un escenario inmutable, pero desde a antigüidade algún pensador (Heródoto, Plinio, da Vinci) elaborou ideas ou saberes xeolóxicos, aínda que sen os parámetros propios da ciencia moderna. En 1785 o escocés James Hutton expón a orixe das rochas e en 1801 Werner escribe o primeiro esbozo da xeoloxía histórica e define por primeira vez unha escala de tempos xeolóxicos. W. Smith Brongniart e Cuvier observaron a superposición de estratos e fósiles que contiñan as rochas, orixinándose...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeodinámica externa que se ocupa do estudo das formas da superficie terrestre e das forzas que as orixinan, é dicir, das formas do relevo terrestre. Un dos factores decisivos na evolución morfolóxica do relevo é a erosión, polo que unha gran parte da xeomorfoloxía estuda en profundidade os fenómenos erosivos. As leis da xeomorfoloxía serven para a interpretación da forma de actuar das forzas terrestres en tempos pasados e contribúen a comprender mellor a xeoloxía histórica e a sedimentoloxía. É tamén unha ciencia indispensable para os xeógrafos, posto que describe e explica o contorno natural que pode condicionar unha parte das actividades humanas.
-
ENTRADA LARGA
Estado asiático, situado na parte occidental de Transcaucasia (69.492 km2; 4.918.000 h [estim 2001]). Limita ao N con Rusia, ao O co Mar Negro, ao S con Turquía e Armenia, e ao L con Acerbaixán. Forman parte dela as repúblicas autónomas de Abkharia, Adxaria e Ossetia Meridional. A súa capital é Tbilisi.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A maior parte do territorio de Xeorxia é montañoso xa que comprende case que todo o Gran Cáucaso e a súa parte axial é a serra principal do Cáucaso, cos picos El’-brus (5.642 m) e Kazbek (5.047 m). Nos límites de Xeorxia aparecen os Alpes de Abkhazia, con formas de relevo alpino que acadan o seu cumio no Dombaj-Ul’gen (4.047 m). O Cáucaso central ten altitudes superiores aos 5.000 m e ao S aparece o sistema montañoso do Pequeno Cáucaso. Entre o Gran Cáucaso, a serra Surami e as montañas de Adxaria atópase a chaira da Cólquida, no curso inferior do río Rioni. Na parte montañosa, os invernos son relativamente temperados e os... -
ILLAS
Illa do S do Océano Atlántico (3.755 km2; 4.144 km2 cos illotes adxacentes de Willis, Bird, Annenkov, Pickersgill e Clerke. Hai factorías baleeiras na costa, en Leith Harbour e Grytviken, caza de focas e algúns rabaños de renos. En 1985 converteuse nun territorio británico coas illas Sandwich do Sur.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sección oriental do lago Huron, en Canadá.