"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
ENTRADA LARGA
Sindicato de clase fundado o 19 de marzo de 1994 no que converxen a Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN) e a Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG), que asinaron un pacto de alianza o 2 de abril de 1990. Ten como obxectivo principal a mellora progresiva e xeral dos intereses dos traballadores, da propia organización e do conxunto da sociedade galega. O ámbito territorial no que desenvolve a súa actividade é a Comunidade Autónoma de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO
Órganos, estrutura e obxectivos
Os órganos de dirección son o Consello Confederal, máximo organismo entre congresos; o Secretariado, que ten como finalidade facer o seguimento da acción sindical e reivindicativa sectorial e comarcal; e a Executiva Confederal. O secretario xeral, que exerce a máxima representación, e o presidente, que representa a central sindical en actos de especial relevancia, son cargos unipersoais elixidos nos congresos. A organización territorial vertébrase... -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical xurdida en 1980 ao escindirse da Unión Sindical Obrera (USO). En setembro de 1982 unificouse coa Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) e deu lugar á INTG-CSG. En 1985 abandonou a INTG e foi unha das fundadoras da Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical xurdida en 1985 da escisión da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG). Formárona a Central de Traballadores Galegos (CTG) e a Confederación Sindical Galega (CSG); entre outras forzas sindicais, uníronse o Sindicato de Traballadores Forestais, o Sindicato do Ensino Privado de Galicia e o Sindicato Galego da Sanidade (SGS). En 1990 formou a coalición electoral Converxencia Intersindical Galega coa Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG), que en 1993 se converteu na Confederación Intersindical Galega (CIG).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo sindical francés fundado en 1895 en Limoges. A súa finalidade era a defensa dos intereses dos asalariados, independentemente da súa ideoloxía. Desde 1906 predominaron as teses revolucionarias e anarcosindicalistas, coa proclamación da independencia con relación aos partidos políticos. En 1921, os anarcosindicalistas e os comunistas abandonaron a CGT e crearon a Confédération Générale du Travail Unitaire (CGTU). A crise dos anos trinta motivou a súa adhesión á Fronte Popular (1935) e a reunificación no seo da CGT (1936). En 1940 disolvérona os alemáns, pero continuou actuando dentro do movemento da Resistencia. Entre 1946 e 1947 os moderados abandonaron a Confederación e durante a IV e V República os comunistas tomaron o control.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical italiana fundada en 1906 e controlada polos socialistas ata a chegada de Mussolini. Ao rematar a guerra, socialistas, comunistas e democratacristiáns repartíronse equitativamente as tres secretarías, pero en 1948 estes últimos fundaron a Confederazione Italiana Sindicati Lavoratori (CISL). En 1949, unha parte dos socialdemócratas e dos republicanos, separados tamén da CGIL, fundaron a Unione Italiana del Lavoro (UIL). Durante a primeira metade dos anos setenta, a CGIL participou na radicalización sindical pero máis tarde os comunistas e os socialistas moderárona a causa da crise económica do país.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada en Bos Aires en 1790 por emigrantes galegos. Entre os seus fins está a celebración do día do apóstolo Santiago. Houbo outras sociedades semellantes en Madrid, México e La Habana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano colexiado asesor e consultivo, nacido ao abeiro do artigo 32 do Estatuto de Galicia e regulado pola Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega. Ten a súa sede no pazo de Raxoi en Santiago de Compostela. A súa creación respondeu á obriga da defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego que lle corresponden como Comunidade Autónoma. Está dotado de personalidade xurídica e ten capacidade de iniciativa, investigación e organización. As súas competencias son: analizar as cuestións referidas ao patrimonio cultural galego; fomentar a lingua e a cultura galegas; investigar e valorar as necesidades culturais do pobo galego; organizar actuacións culturais dentro e fóra de Galicia que se adecúen aos seus fins; asesorar e consultar os poderes da Comunidade Autónoma o que sexa preciso para defender e promocionar os valores culturais do pobo galego e elevar aos poderes da Comunidade Autónoma informes e propostas a favor desta defensa e promoción. O 29 de setembro de 2000...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado o 5 de xaneiro de 1976 como plataforma para a participación política dos partidos nacionalistas galegos na reforma política de España trala morte de Franco. Afirmaba o dereito de autodeterminación de Galicia e de ruptura democrática co franquismo. Estaba formado pola Unión do Pobo Galego (UPG), o Partido Socialista Galego (PSG) e o Partido Galego Social-Demócrata (PGSD), e asistiu como observador un representante do Partido Popular Galego (PPG), partido que non chegou a integrarse. Incorporáronse tamén a Asamblea Nacional-Popular Galega (ANPG), como plataforma asemblearia de participación política, o Partido Carlista de Galicia (PCdG), seguidor da fracción esquerdista do carlismo, e o Movemento Comunista de Galicia (MCG). Desde a súa creación, elaborou propostas programáticas para a consecución dos seus obxectivos e publicou as Medidas económicas para un Goberno provisorio galego e as Bases constitucionais para a participación galega nun pauto federal. No primeiro dos textos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano consultivo de participación institucional e de asesoramento do Consello da Xunta de Galicia en materia de Formación Profesional Regulada e Ocupacional, adscrito á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Decreto 348/1990, do 22 de xuño, e modificado polo Decreto 223/1994, do 7 de xullo). Entre as súas competencias, cómpre destacar as seguintes: propoñer accións para mellorar a orientación profesional; realizar a elaboración, seguimento e actuacións do programa galego de ensinanzas técnico-profesionais; emitir informes sobre os proxectos e plans de estudios e propoñer novas titulacións e certificacións de profesionalidade en materia de formación profesional ocupacional; avaliar as iniciativas e propostas dos axentes sociais implicados na actividade laboral; propoñer os criterios de homologación dos centros colaboradores na formación profesional ocupacional; e emitir informes e avaliar os concertos e convenios que asinen as diferentes consellerías en materia de formación...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo encargado da coordinación e colaboración entre as institucións museísticas galegas. Ten a súa sede en San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Fundouse en 1983 trala celebración en 1981 do I Coloquio de Museos Galegos en Santiago de Compostela, primeira tentativa de cooperación entre os diversos museos de Galicia. O 21 de xullo de 1991 adquiriu estatuto legal e adheríronse dez museos; posteriormente, ampliouse a 23 os centros museísticos: Museo da Colexiata de Santa María do Campo, Museo de Belas Artes e Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón da Coruña; Museo das Mariñas de Betanzos; Museo do Pobo Galego, Museo das Peregrinacións e Museo Historia Natural Luís Iglesias en Santiago de Compostela; Museo Provincial de Pontevedra; Museo Municipal Quiñones de Léon de Vigo; Museo Municipal de Ponteareas; Museo Etnolóxico de Ribadavia; Museo Comarcal da Limia en Vilar de Santos; Parque Etnográfico do Río Arnoia en Allariz; Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense;...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano consultivo da Comunidade Autónoma de Galicia adscrito á consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Creado pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, está integrado por representantes das organizacións sindicais de traballadores e do empresariado e ten competencias en materia de dereito laboral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación cultural creada na Coruña en 1919 pola Irmandade da Fala desa cidade co obxectivo de fomentar a cultura galega, fundamentalmente nos campos musical e teatral. A sección de declamación dirixiuna inicialmente Fernando Osorio Docampo, formado no Conservatório Superior de Lisboa. Non tardaron en aparecer as discrepancias respecto da orientación artística da compañía, pois existían notables diferencias entre os que defendían unha liña costumista, baseada nas esencias populares da cultura galega, e os que apostaban por unha renovación radical da escena. Constituíu a primeira tentativa de facer un teatro galego profesional e partía da necesidade de acometer a posta en escena de textos clásicos da literatura dramática universal como The merry wives of Windsor (As alegres casadas de Windsor), de William Shakespeare, un espectáculo que sumado a A man de Santiña, presentado en abril de 1919 sobre un texto de Cabanillas, ou a Donosiña, proposta que nacía dun texto de Xaime Quintanilla, permitiría...
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Dragases (? 1404 - Constantinopla 29.5.1453) Emperador bizantino (1449-1453). Sucedeu o seu irmán Xoán VIII, recibiu territorios do seu irmán Teodoro e adquiriu Clarentza por matrimonio (1428), para logo apoderarse do principado de Patras (1429). Foi rexente do Imperio Bizantino, mentres o Emperador Xoán VIII buscaba apoios no Occidente e tentaba a unificación das igrexas. Botou os turcos da Beocia e obrigou o duque de Atenas a recoñecerlle a soberanía e pagar tributos. Ao morrer o seu irmán, foi coroado emperador de Constantinopla no 1449, coa oposición do seu outro irmán Demetrio. Buscou apoios fronte aos otomanos entre os monarcas europeos, mentres no interior se enfrontaba coa oposición da Igrexa ortodoxa. Os otomanos iniciaron o asedio definitivo da cidade en 1453 e Constantino morreu no asalto que puxo fin ao Imperio de Bizancio.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación impresa ao redor de 1601 por Luís de Paz en Santiago de Compostela, aínda que a súa primeira edición puido realizarse en Madrid en 1579. Inclúe unha inscrición na portada coas armas do arcebispo San Clemente e un decreto asinado polo provisor e vicario xeral do arcebispado, Licenciado Landeras, datado o 17 de maio de 1601. Seguidamente, insere unha táboa dos títulos, unha fe de erratas, un decreto do arcebispo Blanco do 5 de xuño de 1576 e as constitucións que rematan na folla 90 do documento. Contén, ademais, os “Mandamientos e instrutiones”, do arcebispo Blanco, e o libro péchase con “Dos placticas hechas a Sacerdotes”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro libro impreso en Galicia con gravados en madeira, conservado no arquivo da catedral de Ourense. Carece da portada e dos folios XXI e XXII, e contén unha serie de grandes letras historiadas acompañadas de cinco gravados. As constitucións van precedidas dunha carta pastoral do bispo Francisco Manrique de Lara ao seu cabido, xunto cun proemio do mesmo dirixido a todos os representantes eclesiásticos. Inclúe unha epístola do impresor Vasco Diaz Tanco del Frexenal, que rematou a edición o 12 de maio de 1544.
-
-
Estado dunha persoa que recobra gradualmente o vigor e a saúde despois dunha enfermidade.
-
Período entre o final dunha enfermidade e a completa restauración da saúde.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen está en convalecencia.
-
-
Recuperar a saúde paulatinamente despois de sufrir un accidente ou enfermidade.
-
Saír dun mal estado ou dunha mala situación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coalición de carácter electoral formada en 1990 pola Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) e pola Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN). En 1993 converteuse na Confederación Intersindical Galega (CIG).
-
PERSOEIRO
Arqueólogo alemán. Director do Instituto Arqueolóxico Alemán (1887) e profesor na Universidade de Berlín, participou en campañas arqueolóxicas en Samotracia (1875-1880) e Pérgamo (1880-1886). As súas publicacións incluíron, por primeira vez, fotografías. Escribiu, entre outras obras, Investigacións arqueolóxicas en Samotracia (1875-1880), Antigüidades de Pérgamo (1880-1886) e Descrición das esculturas antigas dos museos de Berlín (1891).
VER O DETALLE DO TERMO