Consello Galego de Ensinanzas Técnico Profesionais
Órgano consultivo de participación institucional e de asesoramento do Consello da Xunta de Galicia en materia de Formación Profesional Regulada e Ocupacional, adscrito á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Decreto 348/1990, do 22 de xuño, e modificado polo Decreto 223/1994, do 7 de xullo). Entre as súas competencias, cómpre destacar as seguintes: propoñer accións para mellorar a orientación profesional; realizar a elaboración, seguimento e actuacións do programa galego de ensinanzas técnico-profesionais; emitir informes sobre os proxectos e plans de estudios e propoñer novas titulacións e certificacións de profesionalidade en materia de formación profesional ocupacional; avaliar as iniciativas e propostas dos axentes sociais implicados na actividade laboral; propoñer os criterios de homologación dos centros colaboradores na formación profesional ocupacional; e emitir informes e avaliar os concertos e convenios que asinen as diferentes consellerías en materia de formación profesional ocupacional.