"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Escolla poética realizada por Hernando del Castillo e publicada na súa primeira edición en València no 1511. É o máis importante no seu xénero e a impresión feita por Kofman non tiña precedentes en Europa. O autor, castelán residente en València, recolleu unha cantidade inxente de material poético dende a época de Juan de Mena ata o seu tempo. Os xéneros son moi diversos, os autores representados pasan de 150, e as poesías recollidas, de 1.050.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra da autoría do avogado e musicólogo redondelán Casto Sampedro Folgar (1848-1937), galardoada no concurso convocado en 1909 pola Academia de Bellas Artes de San Fernando para premiar unha “colección de cantos y bailes populares de una provincia española”. En 1942 Xosé Filgueira Valverde fixo unha edición da obra, que resultou ser unha das fontes de información musical máis destacadas do folclore galego e que achega ao redor de 500 documentos musicais de 74 concellos de Galicia. Estruturalmente se divide en “Cantos”, “Bailes”, “Danzas e Farsas” e “Varia”, con “Tocatas varias” e “Curiosidades”. Inclúe unha descrición rigorosa das melodías, danzas e instrumentos, índice de localidades onde se fixo a recollida do material e un índice onomástico das persoas que aparecen ao longo da obra. Nas súas follas documéntanse alalás, regueifas, cantares de berce, aradas, alboradas, romances, carballesas, muiñeiras, pasacorredoiras, e outras formas musicais de Galicia. Posteriormente, en 1982, a Fundación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica realizada por Basilio M. Patino en 1971. Trátase dunha serie de documentais, mesturados con fotos e cancións, onde se representa a posguerra española,   dende o final da Guerra Civil ata a sinatura do primeiro tratado cos EE UU. Foi prohibida polas autoridades franquistas e non puido visualizarse ata o final da ditadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Destacou como paisaxista pero dedicouse máis ao xornalismo e á ilustración. Por afinidade artística debe incluírse na Xeración Doente. Estivo integrado no grupo cultural de Ferrol. As súas paisaxes son pequenos retallos de natureza afíns con clara tendencia realista. Entre as súas obras destacan San Benito de Lérez, Unha romería en Galicia e Paisaje de las cercanías de Pontevedra. As revistas Galicia e El Liberal outorgáronlle cadanseu premio polos relatos Caso e La armadura. É autor de Cuentos de abades y aldeas (1909-1911), Rías de ensueño. Impresiones de Galicia (1910), Suevia (1910), Camino de Santiago (1910), La última pirueta (1913), La luz apagada (1914), El señorito rural e Tragedias ridículas u otras narraciones.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival cinematográfico internacional que se celebra anualmente na cidade francesa de Cannes dende 1939, organizado por Philippe Erlanguer e Favre Bret. A cerimonia inaugural celebrouse no Grand Hotel de Cannes. A Segunda Guerra Mundial interrompeuno ata o 20 de setembro de 1946, data a partir da que se celebrou regularmente. Entre os filmes seleccionados para o programa de apertura destacan La symphonie pastorale (A sinfonía pastoral), de Jean Delannoy, La bataille du rail (A batalla do ferrocarril), de René Clément, e The lost weekend (A última fin de semana), de Billy Wilder. Ao longo dos anos premiáronse coa Palma de Ouro numerosas longametraxes, entre elas: Viridiana (1961), de Luis Buñuel; Il Gattopardo (1963), de L. Visconti; M.A.S.H. (1970), de Robert Alman; Taxi Driver (1976), de Martin Scorsese e The Mision (A Misión, 1986), de R. Joffé. Amais foron galardoados pola súa interpretación actores como: Anthony...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dismutación dos aldehidos non aldolizables, sen hidróxeno en α, en ácidos e alcois de idéntica lonxitude de cadea, nun medio fortemente alcalino. É unha reacción característica dos aldehidos aromáticos, descuberta en 1853 por S. Cannizzaro ao obter alcol bencílico e ácido benzoico a partir do benzaldehido. Cando se empregan dous aldehidos diferentes ten lugar a reacción de Canizzaro cruzada, como, por exemplo, a oxidación do formaldehido polo benzaldehido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de canonizar consistente nun acto solemne onde o papa declara que un membro defunto da Igrexa Católica, xa previamente beatificado, debe inscribirse no canon dos santos e recibir culto público, sinalando unha data para a súa conmemoración anual. Na Igrexa primitiva, o culto aos mártires e aos confesores a partir do s IV, estaba regulado polos bispos e polos sínodos. Desde o papado de Alexandre III (1159-1181) determinadas canonizacións reserváronselle á xurisdición da Santa Sé, e con Sisto V (1585-1590) os procesos de canonización pasaron a ser competencia da Congregación de Ritos. O procedemento vixente segue as normas de Urbano VIII (1634) e de Bieito XIV (1734), actualizadas por Xoán Paulo II (1983). O bispo abre un proceso diocesano que se envía a Roma para que a Congregación das Causas dos Santos a examine. En caso de informe favorable, o papa concédelle ao candidato o título de venerable e inicia a súa beatificación. Durante este proceso contrapóñense o promotor da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación cultural compostelá fundada en 1921 e impulsada por Salvador Cabeza de León, Camilo Díaz Baliño, Enrique S. Guerra e Bernardo del Río. Representou No quinteiro, de Xesús San Luís Romero, e O Alalá, de Francisco Porto Rey (1922); Axúdate, de Charlón Arias e Sánchez Hermida (1923); A lenda de Montelongo, de Rey Pose e Buhigas Alavarrieta, e Vaites...vaites!, de Frade Giráldez (1924); e Antón de Freixide de Manuel María González (1925). Despois dun parón na súa actividade, achegouse de novo ao teatro trala Guerra Civil. En 1959, R. López Veiga-Ponte asumiu a dirección do grupo, que puxo en escena, entre outras, Unha noite no muíño (1959) e O fidalgo (1967), ambas as dúas de San Luís Romero; Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (1961); Catuxa de Houlihan, de W. B. Yeats (1966); A noite vai coma un río, de Cunqueiro (1966); As bágoas do demo, de Valenzuela (1967); A...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alzamento que tivo lugar en diversos lugares de España (Comunitat Valenciana, Andalucía, Murcia e Galicia) en xullo de 1873, co obxecto de instaurar un réxime federal nos antigos estados históricos, provincias e municipios (os cantóns). O goberno republicano de Pi i Margall adiou a instauración da república federal, a pesar dos votos favorables nas Cortes, e impulsou os sectores federais intransixentes a lanzarse á proclamación dos cantóns federais, que obrigaría ao poder a aceptar os feitos consumados. O punto de partida da revolución cantonal foi a retirada das Cortes, o 1 de xullo, da minoría intransixente, que comezou a revolución política e colaborou na formación dos cantóns. A insurrección iniciouse o 12 de xullo en Cartagena e estendeuse pola costa meridional mediterránea, onde predominaba o federalismo, e chegou ata Granada, Ávila, Salamanca, Andújar e Bailén. Pi i Margall dimitiu o 18 de xullo sendo substituído por Salmerón na presidencia do executivo republicano, feito...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e teórico cinematográfico italiano. O seu Manifeste du VIIe Art (Manifesto da VIIª Arte), influído por Marinetti e D’Annunzio, é un dos primeiros tratados sobre materia cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto dos procesos posvolcánicos, pneumatolíticos e hidrotermais que transforman en caolinita as rochas que conteñen feldespatos, nefelina, topacio, berilo, auxita e outros minerais con alumina.

    2. Tipo de meteorización dos feldespatos que se produce na superficie das rochas e, sobre todo, nos solos, provocada pola auga con ácidos húmicos e dióxido de carbono. É unha alteración das rochas con sílice e alumina especialmente activa en climas chuviosos, que as vai transformando en caolinita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de capacitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Capadocia ou aos os seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Capadocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos argumentos, razoamentos ou preguntas falsos pero con aparencia de verdade, que se din para enganar o interlocutor ou suscitar nel algún comentario que o comprometa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Catedrático da Universitat Autònoma de Barcelona desde 1983, é autor, entre outras obras, de Estudios sobre el sistema urbano (1974), Capitalismo y morfología urbana en España (1975), Filosofía y ciencia en la geografía contemporánea (1981), Geografía y matemáticas en la España del siglo XVIII (1982) e La física sagrada (1986). En 1976 iniciou a publicación dunha serie de breves monografías xeográficas baixo o título de Geocrítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hifas dos gasteromicetos que aparecen entre a gleba ou masa filamentosa dos corpos frutíferos dalgúns mixomicetos que se encontran mesturados coas esporas e serven para a dispersión destas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contribución persoal imposta sen ter en conta a posición económica do contribuínte e que, deste xeito, podía afectar mesmo aos que non tiñan bens nin negocios. Existía xa en Roma cos nomes de tributum in capita, capitatio ou pro capitibus.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de capitalizar.

      2. capitalización de xuros

        Acumulación dos xuros vencidos ao capital que os produciu para que esta suma sexa o novo capital produtor de intereses. É moi semellante ao anatocismo.

      1. Proceso polo que o capital dunha empresa aumenta o seu valor por razóns diversas. Este aumento pode estar motivado polas variacións das cotizacións das súas accións na bolsa, pola revalorización da moeda, pola infravaloración do capital fixo ou pola determinación dunhas cotas de amortización superior ás reais.

      2. capitalización bolsista

        Avaliación empresarial dunha sociedade, segundo a súa cotización en bolsa, multiplicada polo número de accións emitidas. Permite ver se as accións son subavaliadas ou sobreavaliadas, e tamén expresa a eficacia do mercado de valores.

    1. Forma de previsión que ten como obxecto a constitución dun capital e a súa entrega ao beneficiario nunha data previamente establecida. A constitución do capital mencionado efectúase coas cotas ou primas achegadas polos subscritores, incrementadas cos intereses legalmente establecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de capitular.

      1. Convenio militar que pon fin á resistencia dunha tropa sitiada nunha praza fortificada ou rodeada en campo aberto, polo que se establece, segundo as regras de honor militar, o trato que teñen que recibir oficiais e soldados. Posto que non concerne á constitución administrativa ou política do territorio, non precisa confirmación do xefe de estado e entra en vigor de forma inmediata.

      2. capitulación incondicional

        Capitulación na que as forzas gañadoras se consideran libres de calquera compromiso de tipo xurídico respecto aos vencidos. Foi aplicada durante a Segunda Guerra Mundial polas forzas aliadas a Alemaña e a Xapón.

    2. Na Península Ibérica, durante o proceso de expansión territorial dos reinos cristiáns cara ao sur, era unha rendición pactada entre os reis cristiáns e os musulmáns, pola que estes conservaban determinados dereitos e propiedades. Era similar ao sulh musulmán. Tiña como finalidade evitar a despoboación do territorio conquistado. Afonso VI de Castela pactou a capitulación de Toledo (1085), Afonso I de Aragón a rendición de Zaragoza (1118) e Xaime I de Aragón a de València (1238).

    3. Desde o s XV, contrato establecido entre a monarquía e uns particulares para levar a cabo unha empresa xeralmente político-militar. O custo da empresa achegábao a monarquía, aínda que en ocasións tiña que recorrer a empréstitos de mercadores ou á outra parte contratante. O obxectivo xeral era a exploración e conquista dun territorio, pero tamén se firmaban outras capitulacións nas que o estado confiaba a un particular a construción de obras públicas, a explotación dos recursos naturais ou a tramitación de relacións comerciais cos pobos indíxenas. Adoitábase conceder aos asinantes o goberno civil e militar e a impartición de xustiza con cargos como os de adiantado, gobernador ou capitán xeneral. As capitulacións asinadas para a conquista das Canarias foron un significativo precedente e, no caso do continente americano, estas inicíaronse coas capitulacións de Santa Fe (17.4.1492) entre os Reis Católicos e Colón.

    4. Cada unha das disposicións que o emperador do Sacro Imperio xuraba, unha vez elixido, confirmando as soberanías dos príncipes electores.

    5. Contrato ou condicións relativas ao matrimonio que se estipulan por escrito entre as partes. A súa función principal é a de lles permitir aos cónxuxes o pacto do réxime económico familiar que máis se adapte ás súas necesidades e conveniencias. Tamén poden servir para regular a sucesión mortis causa, pactando nelas a institución de herdeiro, crear unha comunidade familiar que obrige os seus membros a unir esforzos e achegar os seus ingresos para auxiliar as necesidades familiares e establecer beneficios de viuvez ao conxuxe sobrevivente. As capitulacións matrimoniais están admitidas no dereito español e tamén noutros países como Francia, Bélxica e Suíza co nome de contrat de mariage. Presentan moitas variantes, pero é fundamental en case todos a existencia da herdanza que os pais fan a favor dos fillos que casan (herencia); nelas figuran tamén moitos outros pactos, tales como a reserva de cantidades ou de propiedades para dotar os outros fillos, reserva do dereito...

    6. Convenio polo que se establecía o estatuto xurídico dos súbditos dos estados occidentais nos países non cristiáns. Utilizouse no Imperio Otomano e, posteriormente, nos estados do norte de África e nos países baixo ocupación colonial, protectorados, etc. Iniciado no s XV por acordo entre o Sultán Muhammad II e Xénova e Venecia, xeneralizouse a partir do pacto entre Francisco I de Francia e Sulaymān II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado o 18 de setembro de 1509 entre Manuel I de Portugal e Xoana I de Castela coa intención de resolver as dúbidas existentes sobre os límites de navegación e conquista na costa africana, definidos no Tratado de Tordesillas (1494). Estableceuse que Portugal renunciase á conquista de Vélez de la Gomera, Cazaza e todas as poboacións costeiras, mentres Castela recoñecía a soberanía portuguesa dos territorios comprendidos desde Vélez ata o cabo Bojador.

    VER O DETALLE DO TERMO