"xia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 855.

  • Brazo do Océano Pacífico, en dirección NO-SL, que separa a illa de Vancouver da costa de Columbia Británica, en Canadá, e que se comunica co Pacífico polos estreitos de Queen Charlote ao NO e de Juan de Fucaao SL.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Georgia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Georgia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Xeorxia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Xeorxia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo xeorxiano.

      2. Individuo do pobo xeorxiano.

      3. Pobo caucásico que se estableceu na vertente meridional da serra do Cáucaso. Cunha lingua e tradición cultural propias, os xeorxianos constitúen, despois dos armenios, o pobo máis importante de Caucasia.

    1. Lingua kartveliana do phylum caucásico que se fala en Xeorxia. Presenta dúas etapas: o xeorxiano antigo ou clásico, e o xeorxiano moderno. Das súas características lingüísticas destacan: a declinación con oito casos (nominativo en dúas formas, predicativo, vocativo, xenitivo, instrumental, locativo-dativo e terminal), sitúa o núcleo despois dos elementos que dependen del, os morfemas verbais poden sinalar ata tres participantes (suxeito, complemento directo e complemento indirecto) e o acento recae na primeira sílaba.

    2. Alfabeto propio da lingua xeorxiana. Atribuíuselle a invención ao armenio Mesrob, creador tamén do alfabeto armenio (s V). A inscrición máis antiga data aproximadamente do ano 430. O alfabeto xeorxiano inspírase nunha antiga escritura iránica, a pahlavi arsácida, e consta de trinta e oito signos. Posúe dúas formas de escritura: a sacerdotal ()uc’uri) e a guerreira (m)edruli), que aparece entre os ss XII-XIV e que sobreviviu no uso normal da lingua.

    3. Arte desenvolvida en Xeorxia. Dos primeiros anos da era cristiá salientan os darbazi (casas cunha cúpula central, aberta ao centro) e a arquitectura relixiosa (basílica de Sión, en Bolnisi e as basílicas de Bolnisi, Kazret’i e Nekresi), que coa dominación árabe acadou un período de esplendor (s X). Predominou a construción rectangular con cúpula elevada, de cobertura cónica enriba dunha lanterna, que descansa sobre pilastras e forma unha cruz, co exterior moi esculpido. Das igrexas posteriores ao s X destacan a catedral de Oški (s X), a de Alaverdi (s XI), a de Sveti-c’)oveli en Mc’)et’a (s XII) ou a do mosteiro de Gelat’i (s XII). En escultura son salientables os baixorrelevos da cancela de Šiomgvime (s XI) e en toréutica, o tríptico de ḫa)uli (s XII). Os frescos revelan un estilo bizantino, pero menos estilizado. Da pintura moderna destaca Niko Pirosmanišvili (1862-1918).

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos estilos arquitectónico e literario xeorxianos.

    2. Estilo propio da arquitectura e das artes decorativas de Inglaterra e das súas colonias durante os reinados dos monarcas británicos de nome Xurxo (1740-1820). Caracterizouse polos interiores simétricos, de cores claras e con ornamentación clásica, como consecuencia do palladianismo de I. Jones e C. Wren, polos edificios de azulexo vermello con decoración de madeira (casas residenciais de Williamsburg, Virginia, 1699-1780) e polo seu mobiliario, especialmente na obra de T. Chippendale.

    3. Tipo de poesía que se difundiu en Inglaterra na época de Xurxo V. En 1912 H. Monro abriu unha libraría especializada en poesía (Poetry Bookshop) e redactou a revista Poetry and Drama. Georgian Poetry (1911), a primeira dunha serie de cinco antoloxías. Caracterizábase por eliminar os convencionalismos e a limitación do argumento, expresar libremente os sentimentos, aceptar os impulsos da propia natureza e dar un sentido persoal ás cousas en todos os niveis intelectuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alimentación exclusiva ou principal de alimentos secos. OBS: A grafía <x> inicial representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda a vellez en xeral e os procesos que conducen ao avellentamento das persoas. Trata sobre todo o que pode acelerar a perda dunha función fisiolóxica ou a integridade somático-psicolóxica do individuo, así como os múltiples problemas de carácter psicolóxico, familiar, económico ou sociolóxico que son inherentes ás persoas que chegan á vellez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘lixo’.

    2. Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘merda’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Friol baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite entre os concellos de Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía de Arousa. O seu cumio acada os 646 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Fujian, China, na rexión do Leste (368.786 h [1990]). Situada na costa do estreito de Taiwán, na desembocadura do Jiulong Jiang, é porto comercial e de pesca e un centro industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Taboada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Casou con santa Basilisa, pero ambos os dous decidiron vivir en castidade e foron abade e abadesa dos seus respectivos conventos. Morreron martirizados na época de Diocleciano. Iconograficamente representouse cunha palma na man, pola súa condición de mártir. A súa festividade celébrase o 9 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Mamerto, bispo de Vienne, enterrou a súa cabeza xunto aos restos de san Ferreol. Iconograficamente representouse vestido como un militar romano. A súa festividade celébrase o 28 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Toledo 642? - 690) Arcebispo de Toledo (680-690). Xudeu converso, presidiu os concilios de Toledo XII ao XV. Escribiu Prognosticon futuri saeculi e Historia rebellionis Pauli contra Wambam. A súa festividade celébrase o 8 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circunscrición administrativa de China, inferior á provincia, que reúne, en xeral, de 200.000 a 500.000 habitantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hospitaleiro. Un cervo profetizoulle que mataría os seus propios pais e, para evitar o fatal destino, fuxiu da casa, pero a súa muller recibiunos anos máis tarde e deixoulles o seu leito para descansar. Ao regresar e ver alí a parella, pensou que a súa muller o traizoaba e deulles morte. Para enmendar o erro fixo penitencia e construíu un hospital ao servizo dos peregrinos. Iconograficamente representouse vestido de cabaleiro, cunha espada na man e, xeralmente, cun falcón. A súa festividade celébrase o 7 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín Iulianus, un cognome derivado do xentilicio Iulius, da gens Iulia. Algúns topónimos galegos Xián/Xiá teñen orixe nun nome xermánico, presente no medievo galego nas formas Egila, Egilanus, Egeo, co significado de ‘puñal’. Presenta as variantes Xiao, Xillao, Xullán, Xulián/Xuliana, Xuiao/Xuiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Era secretamente cristiá, polo que se negou a casar cun prefecto romano, Eleusius. Encarcerada e torturada, o demo tentouna na prisión pero ela atouno coas súas propias cadeas e botouno ás latrinas. Metida nunha caldeira de aceite fervendo fixo que o aceite se volvese auga morna. Finalmente foi decapitada. Iconograficamente representouse vestida cunha túnica, sostendo un flaxelo nunha man e co demo encadeado aos seus pés. A súa festividade celébrase o 19 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña dos Países Baixos (1948-1980), filla da Raíña Guillermina dos Países Baixos e do duque Enrique de Mecklenburg-Schwerin. Casou co príncipe Bernardo de Lippe--Biesterfeld e en 1980 abdicou na súa filla (Beatriz I dos Países Baixos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador chinés (1851-1861). Durante o seu mandato tivo lugar a Rebelión dos Taiping e a Guerra Anglo--franco-chinesa, que rematou en 1861. Sucedeuno Tongzhi, fillo da concubina e Emperatriz Tz’u-hsi.

    VER O DETALLE DO TERMO