"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor polifacético, enmarcado no romanticismo, está considerado como o Balzac luso. Triunfou na novela pasional centrada na vida da nobreza provinciana e da burguesía do Porto, de acordo cos tópicos románticos populares máis exaltados e anticlericais. As súas primeiras novelas apareceron nas páxinas dos xornais Eco Popular e O Nacional, e, posteriormente, exerceu o xornalismo na Gazeta Litéraria (1868). Na súa extensa produción destacan os volumes de poesía lírica Pundonores desagravados (1845), Murraca (1849), Inspirações (1852), Ao anoitecer da vida (1876); as pezas teatrais Agostinho de Ceuta (1848) e Abençoadas lágrimas (1862); as obras de crítica literaria Esbozos de apreciações literárias (1866) e Curso de literatura portuguesa (1879); e, entre a súa produción novelística, obras como Doze casamentos felizes (1861), Noites de Lamego (1863), Coração, cabeça...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político brasileiro, do estado de Ceará. Foi mariscal e xefe do Estado Maior. Despois do golpe militar que derrocou a João Goulart en marzo de 1964, foi elixido presidente da República, cargo que ocupou ata que en 1967 foi substituído por Costa e Silva. Durante o seu mandato levou a cabo unha forte represión contra a oposición e aprobou unha nova Constitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político portugués, sobriño de Camilo Castelo Branco. Deputado polo partido rexenerador, exerceu os cargos de ministro dos Assuntos Estrangeiros, embaixador en China e gobernador civil de Lisboa. Colaborou tamén en diversos xornais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Taboada. De estilo románico, foi constituída no s XIII aínda que xa existía como freguesía desde o s VIII. No interior destaca o arco triunfal, dobrado e lixeiramente apuntado, co arco menor dividido en pequenos casetóns, lisos ou con sinxela decoración xeométrica. A decoración dos capiteis é vexetal. Consérvanse pías de auga bendita decoradas con rostros humanos. A porta principal ten dobre arquivolta de medio punto, a maior delas co mesmo tipo de casetóns que aparecen no arco triunfal, motivo que se repite tamén na porta sur; en ambos os dous casos os capiteis son de follas moi estilizadas. O tímpano da porta oeste ten tres arquiños cegos e, sobre eles, unha cruz flanqueada por dous elementos vexetais que rematan en forma de voluta. No testeiro da ábsida hai unha ventá que presenta unha rica e inusual ornamentación, con casetóns no arco e columnas con capiteis decorados con aves enfrontadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Impartiu clase no seminario de Montefiascone. Da súa produción destacan as obras: Poema tartaro (1787), Novelle galanti (Contos galantes, 1793) e Gli animali parlanti (Os animais falantes, 1802).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, drenado polo río Guadiana que forma no seu termo o encoro de García Sola (1.403 h [1996]). A economía baséase na agricultura e na gandería, especialmente a lanar e caprina. Son importantes os bosques de aciñeiras e piñeiros. O 31 de decembro de 1931 tivo lugar neste municipio o levantamento de Castilblanco no que un grupo de campesiños asasinou os catro gardas civís do cuartel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, localizado nos contrafortes de Sierra Morena e drenado polos ríos Viar e Rivera de Cala (4.457 h [1996]). A agricultura de secaño, especialmente as oliveiras e os cereais, así como a gandería porcina e ovina, son as principais actividades económicas. O sector industrial potenciouse coa creación dunha unidade básica de información empresarial. Entre os seus monumentos destacan a igrexa de El Divino Salvador dos ss XVI e XVII e o santuario de San Benito, patrón de Castilblanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborador na prensa da época, dirixiu a Revista Universal Lisbonense e foi redactor de O Agricultor Micaelense. Introduciu o romanticismo no seu país, aínda que a súa obra presenta tamén trazos neoclásicos. Contra este anacronismo reaccionaron os poetas novos de Coimbra e promoveron unha polémica, a Questão Coimbrã, que contribuíu á afirmación do romanticismo proudhoniano e inconformista. Da súa produción destacan as obras: Amor e melancolia (1828), Quadros históricos de Portugal (1839), Escavações poéticas (1844), Crónica certa e muito verdadeira da Maria da Fonte (1846) e Outono (1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras, pertenceu ao corpo de intendencia da Armada. Ocupou a cátedra de Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidad de Murcia. Publicou, entre outras obras, Nebulosas (1934), La avena de Dafnis y otros poemas (1935-1942) (1943), La canción de los pinos (1945), Poemas del mar y del alma (1948), Argos. Poema del mar y del alma (1948, 2ª edición 1953), Lirios de Compostela (1949), Cuatro poetas belgas de hoy (1950), O espello das brétemas e outros poemas (1987) e Vuelo hacia dentro (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da arte e arqueólogo. Licenciado en Filosofía e Letras (1926), foi profesor na Escola de Comercio e na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como director do Museo Provincial da Coruña (1922), arquiveiro municipal (1930) e cronista oficial (1946). Colaborador en diversas publicacións, o seu destacado labor de catalogación e conservación do patrimonio artístico galego recolleuse en múltiples artigos como “La arquitectura cristiana en Galicia” (1906), “Los castros gallegos” (1908), “Por las montañas de Galicia. Las montañas del Cebrero” (1918), “Guía artística y monumental de la provincia de Orense” (1928), “La arquitectura en Galicia en la época de los suevos” (1961) e El pórtico de la Gloria (1949). Escribiu a novela curta A dona das torres (1925). Postumamente editouse Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia (1972). En 1905 ingresou como adxunto na Real Academia Galega, da que foi correspondente en 1908 e numerario en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de C. del Campo e N. Boulanger, foi catedrático do conservatorio de Sevilla que dirixiu dende 1964 a 1978. Da súa produción destacan numerosas obras para piano, órgano, cantatas e ciclos de cancións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado en Sevilla, foi o representante máis importante da escola barroca cordobesa. Recibiu a influencia de Zurbarán e Ribera, e das escolas napolitana e flamenga. Entre as súas obras destacan San Francisco, realizada para o convento das franciscanas da Coruña, El Calvario (1649) e Adoración de los pastores (1651). Ademais, pintou retratos e paisaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico neurólogo. Profesor titular de Patoloxía e Clínica Médicas da Universidade de Santiago de Compostela, fundou a Sociedade Galega de Neuroloxía. Académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cultivou a poesía na obra Donaires del Parnaso (1624) e o teatro, pero destacou, sobre todo, no conto ao xeito das novelle italianas, como aparece en Noches de placer (1631) e Los alivios de Casandra (1640). Escribiu unha novela longa de tradición picaresca, evolucionada cara a un certo costumismo en La garduña de Sevilla (1642).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Libreiro e editor. En 1509 constituíu unha sociedade co impresor Cristóforo Cofman e con Llorenç Ganoto para publicar unha recompilación de obras de autores en lingua castelá dos ss XIV e XV coñecida como Cancionero general (1511).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra o 27 de agosto na igrexa parroquial de San Vicente de Castillón, no concello de Pantón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da arte. Licenciado en Arte (1987), doutorouse en 1993 coa tese La iconografía de los meses en el arte medieval hispano, siglos XI-XIV e ampliou estudios en Italia e nos EE UU. Profesor titular de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e codirector no proxecto de investigación Corpus de Iconografía Medieval Galega desde 1997. Colaborou, entre outras publicacións, en Brigantium e Compostellanum; ademais foi asesor internacional da Enciclopedia dell’Arte Medievale e secretario de redacción da revista Semata. Escribiu as obras Os traballos e os días na Galicia medieval (1995), Introdución al método iconográfico (1995, edición ampliada en 1998) e El Pórtico de la Gloria (1999). Foi coautor do CD-Rom Historia del Arte (2000) e dos libros Arte Galega. Estado da cuestión (1991), El rostro y el discurso de la fiesta (1994) e Santiago, la catedral y la memoria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Señor de Lucca (1316-1327). Membro da familia xibelina dos Antieminelli, derrotou os florentinos en Altopascio no 1325 e apoderouse despois de Pistoia, Volterra e Pisa. A súa intención era crear un grande estado xibelino toscano e conseguiu do Emperador Luís IV que os seus dominios fosen un ducado hereditario (1328), aínda que, pouco tempo despois, foron ocupados polos florentinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce castración.

    VER O DETALLE DO TERMO