"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Atleta. Entre 540 e 516 a C, conseguiu un gran número de vitorias como loitador nos Xogos Olímpicos, píticos, ístmicos e nemeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no condado de Buckinghamshire, Inglaterra, Reino Unido (106.974 h [1981]). Foi creada e planificada como unha cidade residencial en 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Considerado como unha das figuras máis destacadas da lírica anglosaxona, desde novo escribiu poemas en latín e italiano (In adventum Veneris). Humanista cristián, coa súa produción literaria manifestou a confluencia do Renacemento coa Reforma. Autor de poemas, elexías, opúsculos polémicos a favor do divorcio, tratados teolóxicos e obras heroicas, dedicouse á defensa da causa puritana e do republicanismo, e fixo apoloxía do rexicidio, especialmente coa execución de Carlos I (1649). Durante a súa estadía en Italia (1638) estudou a técnica do soneto co modelo dos cancioneiros italianos e conseguiu o estilo heroico que o caracterizou durante toda a súa traxectoria, e que serviu de modelo para moitos autores de toda Europa. Nesa mesma viaxe leu os seus versos en latín na Accademia degli Svegliati, en Florencia, compuxo tres epigramas latinos para Eleonora Baroni, e en Nápoles manifestou o seu propósito de versificar o ciclo de lendas do Rei Artur. Influído por E. Spenser, escribiu Comus,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Torcela (Piñor) e Campo (O Irixo). O seu cumio acada os 891 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado na cabeceira do río Tinto (4.621 h [2001]). O nome provén das minas de pirita de ferro e cobre descubertas no 800 a C e explotadas polos romanos. Coñecidas por suecos e ingleses, no s XIX eran as primeiras produtoras mundiais de cobre, en 1954 foron adquiridas pola banca española e no seu contorno creouse un complexo metalúrxico e químico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave de rapina falconiforme, da familia dos accipítridos, diúrna, de tamaño mediano, superior aos 50 cm, e ás anchas.

    2. Ave de rapina, de 55 cm de lonxitude e 125 cm de envergadura, que presenta cor crema na parte inferior e parda escura a cincenta na parte superior. As ás pola base son claras, vistas en voo diferéncianse unhas manchas continuas que forman varias liñas paralelas, e presenta unha cola longa. Aliméntase de himenópteros, lagartos e anfibios. Habita en bosques abertos con claros, e en Galicia é de presenza estival no NL da comunidade.

    3. Ave de rapina diúrna de entre 50-57 cm de lonxitude e 130 cm de envergadura. A plumaxe é parda no lombo, e presenta ás longas e anchas, que en voo teñen as puntas escuras e a metade posterior clara, e cola curta e redondeada. Aliméntase, sobre todo, de insectos, réptiles, anfibios e pequenos roedores. É moi común e distribúese sen preferencias altitudinais ou climáticas, aínda que prefiren espazos abertos como cultivos, pradarías e pequenos bosques. Distribúese por toda Galicia.

    4. Ave de rapina, de 47-56 cm de lonxitude e 135 cm de envergadura, que presentan o corpo escuro na parte superior e pardo polo ventre, as ás longas e o rabo gallado. A cabeza é clara con liñas escuras, ao igual que o peito. Aliméntase de peixes, insectos e pequenos vertebrados. Está presente en toda a Península Ibérica, aínda que en Galicia só se atopa en zonas boscosas, preto de ríos e encoros, no período estival.

    5. Ave de rapina de 59 a 66 cm de lonxitude e uns 150 cm de envergadura, que presentan a plumaxe de cor parda arrubiada con manchas escuras, a cabeza abrancazada con liñas escuras, o rabo un pouco bifurcado, moi gallado e as ás longas. Distribúese polo centro e S de Europa e N de África; na Península Ibérica pode verse no SO, nos Pireneos e na Cordilleira Cantábrica. En Galicia pode observarse entre marzo e novembro, en bosques e zonas abertas con árbores. Aliméntase de invertebrados, de pequenos vertebrados e preas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante humorístico. Foi o máximo representante do humor burgués da posguerra. Comezou a traballar en La Codorniz aos 27 anos e fundou o semanario Don José (1955). Debuxante en ABC, creou os personaxes de Gundisalvo e Hombres-piedra. Publicou libros de humor gráfico, como Historia de la gente (1954), creou guións para teatro, radio e televisión e realizou curtametraxes. Publicou as novelas Las Palmeras de Cartón (1948) e Adelita en su Desván (1991). Membro da Real Academia Española (1987), recibiu numerosos galardóns como a Medalla de Oro de las Bellas Artes, o Premio Larra (1962), o Premio Ondas (1976) e o Premio Nacional de Periodismo (2003). Desde 1967 o grupo Prensa Española outorga o Premio Mingote ao mellor traballo de periodismo gráfico do ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director e presentador dos programas El Tranvía e El Debate en Televigo e correspondente en Vigo de El Mundo Deportivo de Barcelona. É técnico de radiodifusión e televisión. Foi locutor radiofónico en Radio Vigo-Cadena SER (1965-2000), onde dirixiu o programa de tema social e político Las cuestiones de cada día. Ademais, realizou entre 1984 e 1989 o programa Sin distancias, en que se conectaba a Cadena SER-Galicia con Radio Excelsior de Bos Aires. A partir de 1989, e desde o programa Recorriendo España, emitido por Radio El Mundo, ofrece información sobre os acontementos máis destacados para a colectividade galega. Organizador da homenaxe anual a Carlos Gardel en Vigo, foi condecorado coa Orden de Mayo al Mérito, no grao de oficial, polo goberno arxentino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Porto do Son baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao río Miño na zona portuguesa.

      1. Relativo ou pertencente ao río Miño ou á súa conca.

      2. Natural ou habitante da conca do río Miño.

      1. Relativo ou pertencente ao distrito portugués do Minho ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante do distrito portugués do Minho.

    2. Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘galo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourol baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Danza francesa de compás ternario e movemento moderado que apareceu no s XVII e que deriva, probablemente, do branle de Poitou, aínda que non garda ningunha semellanza con este.

      2. Composición musical de ritmo ternario para esta danza.

    1. Composición instrumental de compás ternario que se intercala entre os tempos dunha sonata, cuarteto ou sinfonía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. agulla dos minutos

        Dispositivo que, nun reloxo, sinala os minutos.

    1. Unidade de medida dos ángulos. Segundo que a división da circunferencia sexa sesaxesimal ou ben centesimal, o minuto correspondente denomínase sesaxesimal ou centesimal.

    2. Unidade angular que equivale á sesaxéxima parde dunha hora angular, é dicir, a 15 minutos sesaxesimais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula embrionaria, de orixe mesodérmica, precursora da fibra muscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor das células embrionarias inmaduras, xeralmente benigno, de localización diversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos miocastóridos.

    2. Animal da familia dos miocastóridos.

    3. Familia de animais, da orde dos roedores, que presentan o pelame marrón claro e unha cola longa e grosa que empregan como remo. Son orixinarios de América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento celular contráctil que é propio das esponxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación dun mioma. No caso dun mioma uterino, realízase por vía vaxinal ou abdominal, sempre respectando o útero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parede de tecido conxuntivo que separa os segmentos musculares, derivados dos somitas, dos embrións dos vertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Seoane, Xares e A Ponte (A Veiga). O seu cumio acada os 1.392 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO