"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Disección cirúrxica dun músculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aumento esaxerado do ton muscular que pode ser conxénito ou debido a un traumatismo.

    2. Espasmo tónico muscular consecutivo a un traumatismo ou secundario a unha doenza.

    3. Afección conxénita e hereditaria, en que se combinan a dificultade para iniciar os movementos e a lentitude para a relaxación.

    4. Afección hereditaria que se caracteriza por miotonía, atrofia muscular, cataratas, atrofia testicular e calvicie frontal. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Steinert.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á miotonía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Influído por Lope de Vega, pero con características propias de Góngora, escribiu diversos autos sacramentais, como El sol de medianoche; dramas relixiosos, como La mesonera del cielo e El esclavo del demonio (1612); comedias históricas, como El ejemplo mayor de la desdicha; de costumes, como La fénix de Salamanca e Lo que puede una sospecha; e bíblicas, como El clavo de Jael e Vida y muerte de san Lázaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Padriñán (Sanxenxo). Construíuse no s XVII, anexado a unha torre da mesma época. Presenta unha planta en forma de L con dous corpos diferenciados, de distinta altura; o máis alto ten remate con ameas e leva na fronte un escudo de armas, así como diversos elementos decorativos como gárgolas ou pináculos. O conxunto complétase cun patio, ao que se accede a través dun portalón con ameas, un hórreo de nove pés e un pombal. Foi propiedade de Emilia Pardo Bazán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de mirar.

    2. Respecto, coidado ou precaución con que se trata a alguén. Adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Caleiro (Vilanova de Arousa). Consta dunha torre cadrada de tres andares e un edificio de dúas alturas e planta rectangular. A torre está coroada cun antepeito con ameas, unicamente nun dos seus lados; gárgolas nos catro vértices e escudo na planta superior dunha das arestas. Destaca a cheminea, de grandes dimensións, rematada con pináculos, e un hórreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico. Foi membro do CSIC, en 1968 pasou a ser membro da comisión de Selenoloxía da NASA e foi vicepresidente da Asociación Astronáutica Española. Membro da Real Academia de Medicina de Barcelona, recibiu a Orde de Alfonso X el Sabio e a medalla ao Mérito Militar de primeira clase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Miraz (Friol). Realizado en cantaría de granito, consta dunha torre con ameas de dous andares, con planta cadrada, e un edificio anexo de dúas plantas con corredor. Ao seu lado, desenvólvense as dependencias de servizo, arredor dun patio e o conxunto ten forma de L. Nos muros da torre atópanse os escudos dos Saavedra, Taboada e Ribadeneira. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión cirúrxica na membrana timpánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido mirístico que se atopa nas graxas animais e nos aceites vexetais en forma de glicérido. O máis importante é a trimistirina, que se obtén da noz moscada por extracción con éter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento musical construído orixinalmente cunha cana á que se lle practicou un furado no tubo que fai de embocadura, tapado nun dos seus extremos co nó, e cunha membrana de diferentes materiais, no outro. Produce son ao cantar ou falar a través da incisión, facendo vibrar a membrana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Iniciado no expresionismo, que cultivou ata 1967, atravesou unha época abstracta que culminou noutra conectada coa problemática do home e o contorno que o condiciona. Realizou esculturas, sobre todo metálicas, e metalografías sobre a situación dos negros en EE UU. Recibiu influencias da linguaxe e da visión da pop-art. Da súa obra destacan Crit, dejuni forgos; El boig, Els relleus visuals, Vietnam 68, L’espera, Vencerem, Lluita d’infants, Gioconda, Antoni Miró e One Dollar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto de ata 5 m de altura que presenta follas opostas, coriáceas, ovais ou lanceoladas cun curto pecíolo e de cor verde escura, flores pequenas, solitarias, axilares, de cor branca, moi olorosas e con estames amarelos, e froito en baga de cor negra azulada con moitas sementes. É unha planta moi olorosa e aromática, florece en primavera nas ladeiras, e forma parte de bosques de piñeiros ou de matogueiras. En Galicia rexistrouse como asilvestrada en diversas localidades como Gondomar (Pontevedra) ou as Illas Cíes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que se deu na Antigüidade á parte do Mar Exeo comprendida entre Ática (ou a punta meridional da illa de Eubea), Laconia e as Cícladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aceite que se extrae do mirto e que posúe propiedades balsámicas e desinfectantes das vías respiratorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que denota unha extrema pobreza.

    2. Que ou quen inspira desprezo pola súa condición moral.

    3. Que amosa unha actitude mesquiña e apegada ao diñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos misticetos.

    2. Mamífero cetáceo da suborde dos misticetos.

    3. Suborde de mamíferos, da orde dos cetáceos, que se caracterizan pola total ausencia de dentes e a posesión dun sistema de formacións córneas, as barbas, que constitúen o aparato filtrador en que se basea o seu tipo de alimentación planctófaga. A esta orde pertencen as baleas e os rorcuais.

    VER O DETALLE DO TERMO