"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Filólogo. Profesor na University of Wisconsin e especialista en temas lingüísticos e literarios medievais. Publicou varios estudios sobre o romanceiro e a historiografía medieval. É autor de, entre outras obras, Poema de Alfonso XI: fuentes, dialecto, estilo (1953), La escuela lingüística española y su concepción del lenguaje (1955), Siete siglos de romancero (1969), La tradición manuscrita en la “Crónica de Alfonso XI” (1974), Las lenguas circunvecinas del castellano: cuestiones de dialectología hispano-románica (1989), El español: orígenes de su diversidad (1989), De la silva textual al taller historiográfico alfonsí: códices, crónicas, versiones y cuadernos de trabajo (1997) e Arte poética del romancero oral: textos abiertos de creación colectiva (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Profesor. Procedente da Escuela Normal de Zaragoza, en 1902 accedeu á Escola Normal Superior de Mestres de Pontevedra. En 1910 trasladouse a Alacant e, sete anos máis tarde, volveu a Pontevedra, cidade onde desenvolveu unha intensa actividade pedagóxica. En 1918 foi nomeado profesor de física, química, historia natural e agricultura da Escuela Normal de Valladolid. En 1902, a Revista del Profesorado Hispano-Americano encargoulle un traballo sobre o problema da coeducación, reproducido tamén en El Noticiero Gallego. Participou no Certamen Pedagógico de Santiago de Compostela (1906) e, ao ano seguinte, no Certamen Social y Literario de Pontevedra, no que se premiou o seu traballo La Instrución Pública en Galicia. Lo que existe, lo que debe existir, datos estadísticos de Escuelas, maestros, analfabetos, etc. No 1908 formou parte da comisión técnica da xunta provincial de Instrución Pública que debatía as memorias presentadas polos mestres relativas aos locais escolares....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formado na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, desenvolve unha arquitectura marcada polas composicións sinxelas, os volumes claros e as liñas horizontais. Realizou, entre outras obras, as vivendas de protección oficial de Lugo (1995), o pavillón de Navia de Suarna (1996), a Biblioteca Intercentros e os servicios centrais do campus de Lugo (1998), e o polideportivo de Noia (2000). Rehabilitou a igrexa de San Eufrasio (O Incio, 1996), a Praza de Abastos de Lugo (1997) e as Cocheiras do Pazo de Castrelos (Vigo, 2000), ampliación do Museo Municipal Quiñones de León. Recibiu diversas mencións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1987, 1990 e 1992) e, como debuxante, unha mención no Premio Internacional de Debuxo Pérez Villaamil de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión propia dos cataláns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Estudiou en Luca, París e Milán, e dende 1886 foi profesor no conservatorio de Milán. Arrigo Boito introduciuno no grupo artístico da scapigliatura. Compuxo, entre outras, as óperas Dejanice (1883), Edmea (1886) e La Wally (1892).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou carácter de catalán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición ou calidade de catalán.

    2. Movemento que propugna o recoñecemento político de Catalunya e defende os seus valores históricos e culturais.

    3. Palabra ou característica idiomática propia da lingua catalá presente noutra lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao catalanismo.

    2. Persoa especializada no estudo da lingua e da cultura catalanas.

    3. Seguidor do catalanismo como ideoloxía política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de catalanizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adaptar á maneira catalana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada que se utiliza na composición de palabras co significado de ‘catalán’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos trazos lingüísticos que caracterizan a lingua falada na zona xeográfica de contacto entre o catalán e o aragonés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Balsa de tres corpos construída normalmente con troncos, orixinaria das costas do Océano Índico. Emprégase na pesca e para navegar en zonas de rompentes. Ten unha eslora duns oito metros e vai propulsada con remos. Ás veces tamén incorpora unha pequena vela.

    2. Embarcación deportiva formada por dous cascos estreitos unidos en paralelo por unha plataforma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espada longa, dunha soa folla, usada antigamente polos samurais xaponeses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, en Sicilia, Italia, situada no golfo de Catania e nos contrafortes do volcán Etna (339.271 h [1998]). É a segunda cidade máis importante de Sicilia polo seu número de habitantes. A base da súa economía é o porto, un dos de máis movemento de Italia, e o turismo, atraído polos balnearios da zona. Ten unha universidade, creada en 1434 por Afonso V de Aragón, cunha importante biblioteca. Fundada na segunda metade do s VIII a C, conquistárona os romanos no 263 a C e converteuse en colonia baixo o goberno de Octavio. Despois das invasións bárbaras quedou baixo o poder dos bizantinos (s VI), dos árabes (s IX) e dos normandos (s XI). No s XIV converteuse na sede do Parlamento siciliano. Durante os ss XIX e XX sufriu as consecuencias das erupcións do Etna e terremotos como o de 1963. Conserva o castelo de Ursino do s XIII. A maioría dos seus monumentos son obra de Vaccarini (1702-1768).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Sicilia, Italia, cun relevo dominado polo macizo volcánico do Etna (3.552 km2; 1.097.371 h [1998]). A súa capital é Catania. A gran fertilidade das súas terras favorece unha importante produción de viño, aceites e froitas. A industria está relacionada co gando lanar, vacún e caprino. Tamén se aproveitan os seus recursos mineiros, principalmente o xofre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima e de Calabria, Italia, ao L do istmo de Squillace (96.975 h [1998]). Na industria destaca o sector químico. É un importante centro comercial, principalmente de viño, queixos e aceites. Fundada no s IX polos bizantinos, invadírona os sarracenos, normandos e anxevinos. Na época dos Borbóns entrou nunha decadencia que non superou ata o s XVIII. Tivo un papel moi importante durante as guerras napoleónicas e no Risorgimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Calabria, Italia, drenada polos ríos Maida, Marepatamo e Messina (2.391 km2 ; 383.774 h [1998]). A súa capital é Catanzaro. Na súa economía destacan as exportacións de cereais, viños e aceite. En 1905 sufriu un terremoto que causou grandes perdas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Virxe e mártir cristiá. A tradición relacionouna coa célebre filósofa pagá Hypatia e fixo dela a Palas Atenea cristiá. Conta a lenda que un ermitán a converteu ao cristianismo e lle propuxo como único noivo digno do seu mérito a Xesús. Segundo unha tradición do s IX, morreu martirizada en Alexandría durante a persecución dos cristiáns efectuada por Maximino, gobernador de Exipto. Disque venceu dialecticamente a 50 doutores ou sabios de Alexandría, enviados polo Emperador para refutar a súa elocuencia. Logo, foi azoutada e encarcerada pero logrou sobrevivir ao ser alimentada por unha pomba. Durante o seu cativerio logrou converter a Emperatriz Constanza e o xefe de tropas Porfirio. Posteriormente, o emperador acordou martirizala mediante unha roda dentada de púas ou coitelas, pero un raio esnaquizou a roda e cegou os verdugos. Finalmente, morreu decapitada. Conta a lenda que da súa ferida xurdiu leite e que uns anxos trasladaron o seu corpo ao monte Sinaí, onde se construíu un mosteiro que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra (1662-1685) e rexente de Portugal (1704-1705), filla de Xoán IV. Casou en 1662 con Carlos II de Inglaterra. Trala morte do rei trasladouse a Somerset e en 1696 regresou a Portugal, onde foi rexente durante a enfermidade do seu irmán Pedro III.

    VER O DETALLE DO TERMO