"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Que non sente ou amosa unha alta opinión de si mesmo.
-
Que non posúe moitos recursos e luxos.
-
Que actúa sen ostentacións.
-
-
PERSOEIRO
Bispo de Tréveris (?-486). Foi moi caritativo cos pobres. A súa festividade celébrase o 24 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Ingresou (1930) no Partido Comunista de España, e ao estoupar a Guerra Civil Española (1936) mandou, sucesivamente, o V Rexemento, a XVIII Brigada Mixta, a IV División, a Agrupación de Vallecas e o V Corpo do Exército. Ascendeu a tenente coronel de milicias (1938) e comandou a Agrupación Autónoma, máis tarde Exército do Ebro, á fronte da que librou a Batalla do Ebro e conseguiu o grao de coronel. Ao finalizar a guerra emigrou a URSS.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Certame literario de narracións breves creado en 1976 polo Padroado Pedrón de Ouro en memoria do que fora presidente da Fundación Pedrón de Ouro, Modesto Rodríguez Figueiredo. O seu obxectivo é promover a literatura narrativa en lingua galega, ademais de homenaxear ao patricio pontevedrés. Algúns dos gañadores deste certame foron Tucho Calvo, Rosa Aneiros, Víctor Fernández Freixanes, Miro Villar e Xoán Ignacio Taibo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Foi preceptor de san Vito e morreu martirizado durante a persecución de Diocleciano co seu mestre e santa Crescencia. A súa festividade celébrase o 15 de xuño, aínda que a reforma litúrxica posterior ao Concilio Vaticano II o eliminou do calendario litúrxico universal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Patriarca de Xerusalén. Foi abade de San Teodoro de Palestina e sucedeu a san Zacarías como patriarca de Xerusalén. Escribiu unhas homilías e un panexírico sobre a Asunción. A súa festividade celébrase o 16 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo derivado do alcume latino Modestus ‘moderado’, ‘dotado de modestia’, que á súa vez procede do substantivo latino modus ‘moderación’. É un dos nomes que usaron moitos primeiros cristiáns. Entre os santos que levan este nome figuran san Modesto, preceptor de san Vito e mártir, celebrado o 15 de xuño; san Modesto de Tréveris (s V), o 24 febreiro; san Modesto de Carintia (s VIII), apóstolo irlandés; e santa Modesta de Chartres (s III), celebrada o 13 de marzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten por oficio crear vestidos de alta costura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
balorento.
-
PERSOEIRO
Escritor e relixioso. Interesado pola literatura francesa, realizou a tradución dos Pensamentos de Pascal. Foi tamén un dos iniciadores do cultivo do dialecto biscaíño, variante na que editou un catecismo e dous tratados sobre a confesión e a comuñón. A súa obra máis importante é Peru Abarca (1881), dunha gran riqueza idiomática.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro alemán. Foi profesor no Politécnico de Stutgart. Fixo estudos importantes sobre a técnica da construción e a estática gráfica e é especialmente coñecido polo seu método de representación gráfica denominado círculo de Mohr.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés, fillo de Jules Moinaux. Coñecido como Georges Courteline, foi un dos grandes humoristas en lingua francesa, cunha gran forza satírica nas súas comedias teatrais, moitas delas levadas ao cine. Da súa produción destacan as obras Les Gaîtes de l’escadron (1886), Les femmes d’amis (1888), Boubouroche (1893) e Paix chez soi (1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
En gran cantidade ou número.
-
En grao considerable.
-
-
En gran cantidade ou intensidade. OBS: Presenta a forma apocopada moi diante de adxectivos e adverbios, excepto diante de mellor, peor, máis, menos e o modal ben; e substantivos con valor de adxectivo.
-
-
-
Acción e efecto de moldear.
-
Operación para dar a forma desexada a un material mediante un molde. No caso dos metais, emprégase o sistema de moldeamento por coada, no dos plásticos, empréganse sistemas por compresión, por transferencia ou por inxección.
-
-
-
Que causa molestia.
-
Que sente molestias.
-
Que está ofendido por algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido basto de algodón ou de la afelpada de moito abrigo, semellante a unha flanela grosa, que se emprega para forros ou roupa de abrigo.
-
-
Calquera sal ou éster do ácido molíbdico.
-
Anión de fórmula MoO 4 2- , que se pode considerar derivado formalmente do ácido molíbdico por perda de hidróxenos.
-
-
GALICIA
Escritor e xornalista. Director do Instituto Cervantes (2004), licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e diplomouse en Lingua e Literatura Italiana pola Universidade de Peruggia. Director do Círculo de Bellas Artes (1996-2004) e da revista de poesía La alegría de los naufragios, foi responsable da área de cultura e do suplemento Culturas do xornal Diario 16, e colaborador de Cuadernos para el diálogo, El País, La Vanguardia ou La Voz de Galicia. Da súa extensa obra como poeta destacan Épica: cuadernos de poesía, incompleta (1974), Las ruínas del mundo (1991), Para no ir a parte alguna (1994), Poemas (1995) e Olas en la noche (2001). Como ensaísta publicou Sobre el liberalismo y otros escritos de literatura portuguesa (1990), Sobre la inutilidad de la poesía (1995) e Nostalgia de la nada perdida: ensayo sobre narrativa contemporánea (1996). Tamén realizou traducións ao castelán, como...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e actor. Coñecido como Antonio Molina, foi un dos artistas máis representativos do flamenco e da copla española e un dos máis admirados pola súa voz. Destacan os seus discos 30 coplas de leyenda (1957) e Quejío, su flamenco (1971), e os seus filmes El pescador de coplas (1954), El Cristo de los Faroles (1958) e Canciones de nuestra vida (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antonio Molina Valdez.