"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Calidade de monótono.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten sempre o mesmo ton pouco variado.

      2. Que cansa pola súa uniformidade e pola repetición das mesmas cousas.

      1. Relativo á aplicación entre dous conxuntos ordenados que crecen ou decrecen. A estrita monotonía refírese ao caso de estrito crecemento ou decrecemento.

      2. Aplícase a unha sucesión de números ou de funcións que crecen ou decrecen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi prior da orde dominicana en Nueva España e arcebispo de Santiago de Compostela desde 1685. Apoiou de forma constante a Carlos II e logo a Filipe V durante a Guerra de Sucesión Española (1702-1714). Converteuse nun destacado mecenas do Barroco compostelán, realizando importantes doazóns á catedral e a San Domingos de Bonaval. Das construcións feitas baixo o seu mecenado destacan a capela do Pilar da catedral, as obras do pórtico da Quintana, iniciadas en 1695, e a restauración de San Domingos de Bonaval. Fóra de Santiago de Compostela, sufragou a reconstrución das colexiatas de Iria Flavia e da Coruña, así como o palacio arcebispal de Pontevedra. En 1710 publicou Pastoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa química estadounidense creada en 1901 en Saint-Louis (Missouri) para a produción de sacarina. Arredor de 1930 comezou un proceso de diversificación produtiva e converteuse nun gran holding de empresas químicas, con numerosas filiais en todo o mundo. A filial Monsanto España SA comercializa produtos químicos e herbicidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Formouse en Venecia no círculo dos Bellini e estableceuse arredor de 1480 en Vicenza, onde fundou unha escola de pintura. Foi autor dunha Madonna in trono (1483), dunha Sacra conversazione e dunha Pietà (1500), así como de numerosos retablos de altar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Abuíme (O Saviñao). O seu cumio acada os 613 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Bouzoa (Taboada). O seu cumio acada os 840 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Iria Flavia (Padrón). Construída con cantaría de granito, componse de catro corpos de distintas épocas e características. O principal ten planta rectangular, coa antiga torre nunha das esquinas e unido a él, outro corpo máis baixo acolle as dependencias auxiliares. Destaca a escalinata barroca da fachada, que dá paso a un patín, e tamén a solaina da fachada sur. Ten unha capela baixo a advocación de san Miguel. O conxunto complétase cun pombal e un hórreo. Foi restaurado en varias ocasións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Arteixo. Pertenceu a un antigo mosteiro beneditino homónimo, que dependía do priorado de Cambre. Presenta planta basilical de tres naves, rematadas en tres ábsidas semicirculares. Empregou para a separación das naves columnas anexadas a piares, na parte da entrada, e piares compostos na zona das ábsidas. A cuberta é a dúas augas. Sufríu algunhas reformas que afectaron especialmente á fachada, á que se lle engadiu unha espadana barroca como remate. No lateral dereito construíuse unha sancristía. Da fachada románica só se conserva a zona das ábsidas, decoradas con canzorros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método estatístico polo que, mediante unha mostraxe artificial, que en xeral emprega sucesións de cifras aleatorias, se chega a estimar a probabilidade de que un proceso real teña lugar. O uso dunha mostraxe artificial evita o método analítico de compatibilizar todos os datos reais que concorren no proceso analizado. O método de Montecarlo foi empregado con éxito en física, en estudos estatísticos e en problemas de investigación operativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Seceda (Folgoso do Courel). O seu cumio acada os 1.161 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi director da Caixa de Aforros y Monte de Piedad de Lugo, presidente da Deputación de Lugo (1924-1925) e deputado por Renovación Española (1933). Escribiu Isabel la Católica y su época (1905), Informe que la Cámara Agrícola de Lugo presenta a la comisión del Congreso de los Diputados nombrada para dar ditámen acerca de la proposición de ley del señor Vincenti sobre redención de foros y subforos (1908) e La parroquia de San Pedro y la iglesia de San Francisco de Lugo. Estudio histórico y arqueológico (1917). Foi membro numerario da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista mexicano. Formouse na Academia de San Carlos de México, onde ingresou en 1906 e onde coñeceu a Diego Rivera. Viaxou a Europa en varias ocasións; en España asistiu aos obradoiros de I. Zuloaga e J. Sorolla, e en París relacionouse con artistas como Picasso, J. Gris ou Cocteau. No eido da ilustración, evolucionou cara ao decorativismo, mentres que como pintor tendeu ao eclecticismo. De novo en México en 1920, conseguiu altos cargos artísticos oficiais, fundou e dirixiu o Museo de Arte Popular (1934) e cultivou o muralismo. Destaca o seu mural Fiesta de la Santa Cruz (1924), o óleo Desesperación (1949) e o mosaico La muerte de las artesanías (1964). Publicou Pintura Mexicana del período 1800-1860 e Retablos mexicanos (1951). Recibiu o Premio Nacional das Artes de México en 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado no territorio medieval de Montenegro, na provincia de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi colaborador de El Eco de Santiago ata 1920, cando marchou a Madrid. Alí traballou en Vida Nueva. Publicou Monicreques (1910), Valores nuevos de la política. Basilio Álvarez y los agrarios gallegos (1916), La patria del almirante e El más valiente (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Exiliado en México (1944), en pouco tempo obtivo o recoñecemento literario. Foi o máximo expoñente do grupo da revista Acento, de moda na década de 1950. A súa obra mostraba con ironía e cunha linguaxe clara a confrontación permanente do home cos seus sentimentos. Publicou narrativa, da que destacan La oveja negra y demás fábulas (1969), Movimiento perpetuo (1972), Lo demás es silencio (1978) e La letra e. Fragmentos de un diario (1987), e o libro de entrevistas Viaje al centro de la fábula (1992). Recibiu o Premio Juan Rulfo (1997), o Premio Nacional de Literatura de Guatemala (1997) e o Premio Príncipe de Asturias de las Letras (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso, situado na Submeseta meridional ibérica. Esténdese de L a O, desde A Mancha, serra da Calderina (1.208 m), ata a serra portuguesa de San Mamede (1.025 m). Acada a máxima altitude en Las Villuercas, na serra de Guadalupe (1.609 m). Distínguense dúas seccións, a oriental e a occidental, que constitúen a divisoria de augas entre as concas do Tajo, ao N, e do Guadiana, ao S. Os montes están compartimentados por depresións escavadas en lousas. Na vertente do Tajo aparecen numerosos montes illas, mentres que na outra vertente abundan as rañas, que son formas detríticas características. Presentan vexetación de tipo mediterráneo-continental con aciñeiras, castiñeiros, ervellas de Ceratonia e castiñeiros nas zonas sombrías. O poboamento é escaso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Montes (Campo Lameiro). Foi priorado de San Martiño Pinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema pedagóxico, vinculado ao movemento da escola nova, iniciado por Maria Montessori nas Case dei Bambini (1907). Dedicado especialmente á etapa de formación preescolar, pretende evidenciar e potenciar as aptitudes biolóxicas do neno. Baseado nos principios de liberdade, actividade e individualidade, o método Montessori céntrase, sobre todo, na educación dos sentidos, a lectura, a escritura, a gramática, os traballos manuais, a música e a formación física, utilizando un amplo material didáctico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Teixeira baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO