"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • Organización sindical fundada en 1968, como sucesora da Confederación Internacional de Sindicatos Cristiáns (CISC). Rexeita a loita de clases e a violencia, e declárase partidaria do pluralismo sindical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical xurdida en 1985 da escisión da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG). Formárona a Central de Traballadores Galegos (CTG) e a Confederación Sindical Galega (CSG); entre outras forzas sindicais, uníronse o Sindicato de Traballadores Forestais, o Sindicato do Ensino Privado de Galicia e o Sindicato Galego da Sanidade (SGS). En 1990 formou a coalición electoral Converxencia Intersindical Galega coa Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG), que en 1993 se converteu na Confederación Intersindical Galega (CIG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional creada en 1992 coa finalidade de acadar a cooperación entre os seus membros. A súa sede estableceuse en Estocolmo. Está formada por Alemaña, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Islandia, Letonia, Lituania, Noruega, Polonia, Rusia, Suecia e a Comisión Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Operar coa balanza ata conseguir o equilibrio entre o que se quere pesar e as pesas que se usan de contrapeso.

    2. Anular o efecto dunha cousa con outra que produce o efecto contrario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Politólogo, sociólogo e xornalista. Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e graduado pola Escola Social, estudou Ciencias Políticas na Universidad Complutense de Madrid. Foi profesor nas escolas Social e de Enseñanza Social e na facultades de Dereito e Ciencias Políticas de Santiago de Compostela, na facultade de Ciencias Políticas, Económicas e Comerciales da Universidad Central de Madrid e na facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense. Exerceu como catedrático de Socioloxía no Recinto Universitario de Mayaguez, en Puerto Rico (1968-1982).
    Letrado do Parlamento de Galicia (1983-1995), contribuíu á formación de numerosas leis, entre as que destaca a Lei de Dereito Civil de Galicia da que escribiu o prólogo. No eido do xornalismo, foi redactor e delegado en Santiago de Compostela de La Voz de Galicia (1959-1967) e colaborou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Titulado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (1989), foi profesor da mesma. Traballou con Carlos Quintáns e Antonio Raya, con quen realizou, entre outras obras, a nova sede da delegación do COAG da Coruña (1993), a nave industrial de Eleko Galicia (A Coruña, 1999) e o Polideportivo de Guntín (1999). As súas obras caracterízanse pola economía de recursos, a austeridade dos volumes e a integración da construción no contorno. Entre os seus numerosos proxectos de vivendas unifamiliares destacan a casa Seoane (Mera, 1992), a casa Vázquez (Sada, 1999) e a casa de Oleiros (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación trimestral editada en San Salvador de Poio a partir de 1987 pola Asociación Cultural Cristóbal Colón. Dirixida por Xosé Lois Vila Fariña, contaba coa colaboración de Irene Temes, Carlos Loureiro Ferreira, Santiago Rosales, Novoa Álvarez e Eduardo Dargent, e co apoio do Museo de Pontevedra, a Casa de Colón de Valladolid e o mosteiro de Poio. Contiña información arredor de Cristóbal Colón e sobre o descubrimento de América. Incluíu diferentes reportaxes tituladas “Naves gallegas en los viajes de Cristóbal Colón”, “El idioma de Colón”, “Colón español, su origen y patria” “Portosanto e Cristóbal Colón” e “Cristóbal Colón, Gallego. Utopía o realidad?”. Á parte, inseriu poemas en galego de diversos autores, como Eduardo Pondal e Xaquina Trillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral polimorfo do grupo da sílice, de fórmula SiO2. Cristaliza no sistema regular e a miúdo preséntase en forma de pequenos cristais octaédricos ou tamén en forma de agregados arredondados. De cor branca, ten dureza 6,5 e densidade 2,32. Aparece en gretas e cavidades das rochas volcánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista inglés. Exerceu como médico ata 1930. A súa obra tivo gran difusión entre os anos 1940 e 1950 cando se levou ao cine. Entre os seus libros destacan Hatter’s Castle (O castelo do odio, 1931), The Citadel (A cidadela, 1937) e The Keys of the Kingdom (As chaves do reino, 1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical xurdida dunha escisión da Confederación de Sindicatos Unitarios de Traballadores (CSUT). En 1980 fusionouse coa Intersindical Nacional Galega (ING) e en 1981 tomaron o nome de Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG). En 1985 escindiuse e, xunto coa Confederación Sindical Galega (CSG), fundou a Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combinado clásico do tipo dos tragos longos a base de ron branco, refresco de cola, un pouco de limón ou lima e moito xeo. Tivo a súa orixe en Cuba, na época das guerras da independencia a finais do s XIX. Orixinariamente, facíase con mel fervido ata obter un caramelo que despois se rebaixaba con auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas gabeadoras, da familia das cariofiláceas, de ata 100 cm de lonxitude, con flores de 20 mm de diámetro -de sépalos soldados formando un tubo e pétalos curtos e bídidos de cor clara- que dan lugar a froitos en bagas de cor negra e 8 mm de diámetro. Na metade oriental de Galicia está presente a especie C. baccifer, en medios húmidos e fragas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Castellar. Foi embaixador en Venecia e Alemaña e membro do Consello de Indias. En 1673 foi nomeado vicerrei do Perú, cargo desde o que intentou poñer fin á corrupción dos funcionarios e regular a recadación dos impostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das escrofulariáceas, de ata 60 cm de lonxitude e follas glabras, de nervación palmiforme, alternas e pecioladas, semellantes ás follas das hedras, feito que dá orixe á denominación de hedriña das paredes. As flores son de cor violeta e presentan unha prolongación tubular e a gorxa pechada por unha protuberancia bilobulada de cor branca cunha gran mancha amarela, que dan lugar a froitos en cápsula. Aparecen en paredes vellas e húmidas e nas fendas das rochas. En Galicia está presente a especie C. muralis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Montado coas pernas abertas sobre o lombo dun cabalo ou, do mesmo xeito, sobre outra cousa ou sobre unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro copto próximo a Asyūt, no Exipto superior. Nel atopáronse en 1907 papiros dos ss VI e VII de carácter relixioso que conteñen pregarias litúrxicas e parte dunha anáfora eucarística de tipo alexandrino.

    VER O DETALLE DO TERMO