"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
-
Relativo ou pertencente á larinxe.
-
Que se articula na zona da larinxe mediante unha interrupción da corrente expiratoria polas cordas vocais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación da larinxe. A larinxite aguda é xeralmente de etioloxía vírica e vai acompañada de afonía ou rouquén, formigo e tose seca. A larinxite crónica adoita ser evolución dunha larinxite aguda mal resolta. Na súa aparición interveñen diversos factores, como o tabaco, alcohol, abuso da voz ou vexetacións. A larinxite estridulosa é unha afección especial dos nenos, que se caracteriza por accesos de dispnea, tose rouca e respiración sibilante, e que sobrevén de noite.
-
-
Lugar da casa onde se realiza a defecación ou a eliminación de residuos humanos.
-
Lugar onde se depositan os residuos e as augas sucias das poboacións.
-
Cousa ou lugar que polo seu aspecto ou condición produce repugnancia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principio segundo o que, nun sistema químico en equilibrio sometido a circunstancias esóxenas perturbadoras (como variación da presión ou da temperatura), o equilibrio tende a desprazarse no sentido de contrarrestar a acción producida. Foi enunciado independentemente por Le Chatelier e F. Braun. OBS: Tamén se denomina lei do desprazamento de equilibrio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos apotecios dos liques que teñen bordo hialino.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado no val de Lecrín (2.279 h [2001]). Posúe cultivo intensivo de froitas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lección que, nunha ou varias familias de códices, motiva as demais e que se considera a máis fiable, xa que é mais fácil explicar as outras leccións a partir desta e non ao revés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne, de 10 a 40 cm de lonxitude, que presenta as lígulas truncadas e dentadas e as flores en inflorescencia, en panícula moi ramuda e con glumas membranosas. Florece entre xuño e xullo en lugares con certa altitude, aínda que tamén pode verse en zonas de beiramar. OBS: Tamén se denomina rabo de raposa.
-
GALICIA
Editor e impresor. Iniciou a súa actividade profesional coa edición de diversos folletos, como “Informe sobre el cólera morbo asiático” (1848), de Nicolás Taboada Leal. A partir do 3 de novembro de 1853 a súa imprenta dedicouse case exclusivamente á edición do Faro de Vigo, fundado polos xuristas Xosé Carvajal Pereira e Xosé Mª Posada. Co tempo pasou a ser da súa propiedade e chegou a exercer como director, cargo no que foi relevado polo seu fillo Eladio de Lema Martín.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á lebre.
-
Que é semellante á lebre.
-
labio leporino.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao individuo que ten o índice nasal de ata 69,9, polo que o seu nariz é estreito. Entre os leptorrinos típicos están os kurdos, os armenios e os esquimós.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de San Xurxo de Piquín (Ribeira de Piquín). O seu cumio acada os 600 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome de dúas illas situadas diante de Cannes, en Provenza. A máis pequena, Saint-Honoré, foi sé dun mosteiro célebre, fundado por san Honorato cara a 400. Foi un foco monástico e cultural das Galias nos ss V e VI, do que xurdiron figuras relevantes como Cesario e Hilario de Arles e Patricio, apóstolo de Irlanda. Secularizado en 1788, os cistercienses renovaron a vida monástica en 1871.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos basidiomicetos, da familia das agaricáceas, que presenta o sombreiro de cor branca ou amarela, e un anel membranoso. En Galicia as especies máis comúns son L. brebisnii e L. birnbaumii.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto do grupo das pteridinas, formado por un anel de pirazina condensado cun de pirimidina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide contido nas raíces de Lycoris radiata e doutras amarilidáceas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo encadrado dentro da corrente pictorialista, que xurdiu en Londres en maio de 1892. Rival da Photographic Society of Great Britain, os seus fundadores foron H. Peach Robinson, George Davison, Lionel Clark, H. Hay Cameron e Alfred Maskell. Os seus obxectivos eran reunir o maior número de fotógrafos pictorialistas de calidade, organizar unha exposición anual, o Photographic Salon (a partir de 1893), e crear premios. A agrupación disolveuse en 1908.
-
-
Relativo ou pertencente aos litorínidos.
-
Molusco gasterópodo da familia dos litorínidos.
-
Familia de moluscos que habita nas zonas litorais intermareais e que presenta unha cuncha en espiral, maciza, que se pecha mediante un opérculo. O pé está cara a diante e a rádula é longa e estreita. En Galicia o xénero máis común é Littorina, que se pode atopar pegado ás rochas cando baixa a marea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de moluscos gasterópodos mariños, da familia dos litorínidos, que presenta a cuncha en espiral, curta, e de cor parda-verdosa. Reciben este nome por atoparse na zona do litoral onde só chega a auga da marea alta. A máis común nas costas galegas é L. littorea (caramuxo ou mincha).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ópera en tres actos, con texto e música de R. Wagner, estreada e Weimar en 1850. Nela abunda o uso do leitmotiv.