"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Estudiou Enxeñería de Camiños en Madrid, e ocupou, en 1866, a praza de enxeñeiro auxiliar no estaleiro da Mariña en Ferrol e de profesor de Física e Xeometría na Maestranza. Na cidade departamental desenvolveu unha notable actividade social e cultural. Como enxeñeiro destaca pola proxección e dirección da construción do dique da Campá do Arsenal ferrolano, rematado en 1879, a obra de enxeñería máis importante do século XIX en Galicia. Nomeado xefe do estaleiro, realizou as primeiras experiencias telefónicas coa instalación das liñas para comunicar o arsenal e a capitanía. Participou en congresos científicos internacionais e publicou, entre outras obras, Curso práctico de construción naval (1868), texto que obtivo unha medalla na Exposición maritíma de Barcelona, e Los castillos feudales de Moeche, Narahío y Andrade (1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Chittagong, Bangladesh, situada 90 km ao L de Dacca, na fronteira oriental coa India (143.282 h [1991]). Entre os ss VII-XII acolleu unha florecente civilización budista.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, situado ao O de Santillana del Mar (2.364 h [1996]). A agricultura (hortalizas e millo) e a gandería son a base da súa economía. É un importante centro turístico, no que destacan os seus balnearios. No ano 1892 creouse o Seminario Pontificio de Comillas, rexido pola Compañía de Xesús, que tivo a súa orixe no colexio que os xesuítas posuían na beira do Miño, na parroquia de Camposancos (A Guarda). En 1904 converteuse en universidade e centro superior de estudios eclesiásticos, trasladada na década de 1960 a Madrid. A Compañía de Xesús dedicou as súas instalacións a diversas actividades, como casa de exercicios ou sede de colonias de verán, entre outras. No s XIX o concello sufriu unha renovación arquitectónica coas achegas dos mestres modernistas e novecentistas. Das construcións desta época destacan o palacio e a capela-panteón de Sobrellano, a Universidad Pontificia, a Villa Quijano ou Capricho de Gaudí e a fonte dos Tres Caños.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que fundou en Santiago de Compostela o cardeal arcebispo Fernando Quiroga Palacios no ano 1956. Esta publicación foi o órgano de expresión do Centro de Estudios Jacobeos e da Universidade Pontificia de Santiago. Estaba dividida en dúas seccións: a primeira de carácter eclesiástico e redactada polos profesores do seminario, e a segunda de tipo histórico. Baixo a dirección de Manuel Rey Martiz editáronse catro números ao ano, dous de cada temática. A partir de 1966 incorporáronse á dirección os profesores Silva Costoya e Barreiro Fernández; este último foi o seu director a partir de 1968. A través desta revista organizáronse tres congresos que cómpre salientar, o Mariano en 1966, o II de Historia Jacobea Internacional en 1965, e o último en 1969.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constituírse en concello os veciños dun lugar para adoptar resolucións en temas que lles afectan.
-
-
Cada un dos departamentos nos que se organiza a administración municipal.
-
Cargo de concelleiro.
-
-
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida co pseudónimo Florentina del Mar, estudiou maxisterio na Escuela Normal de Murcia e Filosofía e Letras na Universitat de València. A súa nenez transcorreu entre a súa cidade natal, Melilla, onde viviu entre 1914 e 1920, e en 1939 instalouse en Madrid. Exerceu a docencia no Instituto de Estudios Europeos e na cátedra Mediterráneo da Universitat de València en Alacant. Colaboradora con RNE e La Estafeta Literaria, xunto co poeta Antonio Oliver Belmás fundou e dirixiu a Universidad Popular de Cartagena e o Archivo Semanario de Rubén Darío na Universidad de Madrid. Da súa produción destacan, entre outras obras, os poemarios Júbilos (1934), Pasión del verbo (1944), Ansia de la gracia (1945), Mujer sin edén (1947), Vivientes de los siglos (Premio Internacional de Poesía Simón Bolívar, 1954), Derribado arcángel (1960), A este lado de la eternidad (1970), Corrosión (1975) e Cráter...
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo francés. Foi autor dunha concepción psicolóxica sensualista que exerceu unha grande influencia sobre os ideólogos, como Destut de Tracy ou Cabanis. Prolongou a análise gnoseolóxica de Locke e sostivo que a reflexión non era unha segunda fonte do coñecemento, senón un efecto natural e espontáneo das sensacións que, ao combinarse entre elas, facían xurdir desde o exterior (antiinnatismo), e de xeito progresivo, todas as ideas e facultades. Este sensualismo determinou tamén a súa concepción da vida social e económica, que se baseou na sensación de necesidade. Na súa análise da linguaxe afirmou que non existía unha correspondencia entre signo e significado e que polo tanto a linguaxe non era perfecta. Estimou entón que unha ciencia para ser perfecta tiña que ter unha linguaxe perfecta e definiu a ciencia como unha linguaxe ben feita. Das súas obras destacan Essai sur l’origine des connaissances humaines (Ensaio sobre a orixe dos coñecementos humanos, 1746), Traité des...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical xurdida en 1985 da escisión da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG). Formárona a Central de Traballadores Galegos (CTG) e a Confederación Sindical Galega (CSG); entre outras forzas sindicais, uníronse o Sindicato de Traballadores Forestais, o Sindicato do Ensino Privado de Galicia e o Sindicato Galego da Sanidade (SGS). En 1990 formou a coalición electoral Converxencia Intersindical Galega coa Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG), que en 1993 se converteu na Confederación Intersindical Galega (CIG).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Congregación de monxes beneditinos creada trala fundación do mosteiro de San Benito de Valladolid en 1390, baixo a protección de Xoán I. Agrupou os mosteiros e abadías beneditinas en Galicia e Castela e León baixo a autoridade dun superior xeral, elixido durante o Capítulo da orde, feito que marcou o comezo dunha etapa de esplendor do monacato nestes territorios. Os mosteiros galegos, cos seus correspondentes priorados, incorporáronse á congregación entre 1493, data na que se adheriu San Martiño Pinario, e 1547, na que se incorporou San Xoán de Poio.
-
-
Dar un consello a alguén.
-
Indicar a alguén que realice algunha cousa determinada.
-
Tomar ou pedir consello a alguén. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Conséllate con quen saiba e, se queres acertar, acertas”.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anaco de carril que está en contacto coa agulla cando se despraza lateralmente no cambio de vía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segunda caravilla que se coloca para evitar que se afrouxe a caravilla principal.
-
-
Cara dun perpiaño oposta á que tiña na canteira.
-
-
Lámina aplicada á folla dunha raspa ou dun instrumento cortante para darlle rixidez.
-
Peza de ferro que, aplicada na folla dun cepillo de carpinteiro, dunha garlopa ou doutro instrumento, evita a formación de estelas na madeira que se está a traballar, dobra as labras e fainas saír pola abertura superior do cepillo.
-
-
-
-
Grupo militar especializado na loita contra a guerrilla.
-
Conxunto de accións armadas destinadas a combater a guerrilla.
-
-
-
Pano de aparello que abraza a rede máis estreita na que se forma a bolsa para que se deteña o peixe.
-
Rede de malla dobre e ancha empregada para reter os peixes que se enredan nas mallas estreitas, fronte a outra rede de malla máis estreita que se usa na arte do trasmallo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa de masilla que se estende sobre os perfís dun lucernario antes de asentar as baldosas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza que cobre a quilla pola parte interior da nave e que reforza tanto a quilla coma as pezas que leva cravadas.
-
ILLAS
Arquipélago do S do Océano Pacífico formado por quince illas, que constitúe un Estado libre asociado a Nova Zelanda (240,1 km2; 19.103 h [1996]). A súa capital é Avarua, na illa de Rarotonga.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Xeomorfoloxicamente, distínguense dous grupos de illas: as do N (Northern Cook), Manihiki, Penrhyn (ou Tongareva), Pukapuka, Rakahanga, Nassau, Palmerston e Suwarrow, son de orixe coralina e en total suman unha superficie de 28 km2; e as do S (Southern Cook), Rarotonga, Aitutaki, Mangaia, Atiu, Mauke, Mitiaro, Manuae e Takutea, son de orixe volcánica e as máis poboadas. Situadas ao NL de Nova Zelanda, entre o Ecuador e o trópico de Capricornio (8°-23° de latitude S e 155°-170° de lonxitude O), o clima é tropical monzónico. A illa de Rarotonga é a máis extensa, cunha superficie de 67,2 km2. A principal actividade económica é a agricultura (cultívanse cocos, ananases e bananas), aínda que nos últimos tempos se están a desenvolver o sector... -
VER O DETALLE DO TERMO
Parellas de electróns unidos polo intercambio de fonóns virtuais ou imaxinarios que, segundo a teoría BCS, explican o efecto da supercondutividade. Para que os dous electróns estean ligados, a enerxía total da parella ten que estar por debaixo do nivel de Fermi nunha cantidade determinada.