"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Conxunto de conflitos interrompidos por numerosas treguas e por dous tratados de paz que enfrontou a Francia e Inglaterra entre 1337 e 1453. O litixio entre ambos os dous países viña desde a conquista de Inglaterra por Guillerme I, duque de Normandie, no 1066. Os reis ingleses convertéronse en vasalos dos reis de Francia polos territorios feudais que mantiñan no continente. Existían ademais outros puntos de fricción entre os dous reinos: a loita pola supremacía en Occidente, a axuda que Francia ofrecía a Escocia, a desconfianza de Inglaterra cara aos papas de Aviñón e a cuestión de Flandres, vasala feudal de Francia e principal importadora da la de Inglaterra. Ao morrer subitamente Carlos IV de Francia no 1328 e ao carecer de descendencia masculina, o consello de grandes señores franceses outorgoulle a coroa a Filipe de Valois, fillo de Carlos de Valois, irmán de Filipe IV de Francia e curmán dos tres derradeiros reis, e rexeitou as pretensións de Eduardo III de Inglaterra, fillo dunha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exército comandado por Luís Antonio de Borbón, duque de Angulema, que penetrou en España en abril de 1823 para poñer fin ao réxime constitucional e restaurar a monarquía absoluta de Fernando VII, creado por decisión das potencias da Santa Alianza (liderada por Austria, Prusia, Rusia e Francia) no Congreso de Verona en 1822. Unha vez que entrou o exército francés en España uníuselle o exército de voluntarios realistas. O avance foi moi rápido e o 1 de outubro de 1823 Fernando VII pactaba a fin das hostilidades no Puerto de Santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo intelectual que formaron Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Florentino López Cuevillas na súa etapa pre-galeguista e que se converteu no núcleo da Xeración Nós. Reuníanse en Ourense nos anos posteriores ao remate da Primeira Guerra Mundial e tiñan como modelo os cénacles romantiques creados en Francia na primeira metade do s XIX. O lugar de debate habitual das súas lecturas e iniciativas intelectuais era o Café Royalti, faladoiro por excelencia dos futuros membros de Nós, ao que se unían outros intelectuais e artistas como Primitivo Rodríguez Sanjurjo ou Losada Diéguez. A súa actividade cultural estaba vinculada ao Ateneo de Ourense, inaugurado en 1914: Otero ocupábase da tesourería, Cuevillas da biblioteca e Risco de dirixir a sección de literatura. Paralelamente, recibiron a influencia dos compoñentes da Comisión de Monumentos do Museo ourensán que organizaban un parladoiro vespertino nos baixos do Centro Provincial de Instrución onde non só se falaba de historia e arqueoloxía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciouse en Ciencias Políticas e Económicas na Universidad de Madrid. Foi director do departamento de difusión do Instituto Nacional del Libro Español, director da revista El Libro Español e profesor na Escuela de Librería de Madrid. Publicou, entre outros libros, Edición y comercio del libro español 1900-1972 (1972) e Historia del Derecho español de prensa e imprenta 1502-1966 (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiadora da arte. Doutora en Historia da Arte Antiga e Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela (1995), ampliou estudios en Estrasburgo, París e Perugia. Profesora de historia da arte na facultade de Xeografía e Historia dende 1994, especializouse no estudo da iconografía da morte na escultura funeraria do medievo galego. Realizou traballos de investigación relacionados coa diocese de Tui-Vigo, como a confección do seu inventario mobiliario litúrxico e o estudo histórico e estrutural da catedral tudense. Colaborou, entre outras publicacións en Tuy. Museo y Archivo histórico diocesano, Museo de Pontevedra, Cuadernos de Estudios Gallegos e Archivo Español de Arte. Dirixiu a colección de historia da arte da Fundación Cultural Rutas do Románico. Foi coautora, entre outras obras, de A comarca do Deza (1998), Pola beira do Miño en Galicia e Portugal (1999) e Arte y poder en la Galicia de los Trastámara: la provincia de La Coruña (2000). Entre as súas obras destacan La catedral...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e caricaturista. Desenvolveu a súa curta carreira artística en Madrid, onde coñeceu, entre outros, a Manuel Murgía, Serafín Avendaño e Federico Ruiz. Realizou paisaxes e retratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Piso inferior do Cretáceo superior situado enriba do Albiano e debaixo do Turoniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Cenomaniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reconto estatístico da poboación da España peninsular elaborado en 1787 por orde de José Moñino, conde de Floridablanca e ministro do Rei Carlos III. A súa transcendencia histórica radica no feito de ser o primeiro cómputo censual realizado no territorio español no que se inscribiron individualmente os habitantes e non, como se viña facendo ata daquela, os veciños ou fogares. Os resultados do censo indican un total de 10.409.879 h no conxunto dos reinos peninsulares españois, dos que ao Reino de Galicia lle correspondían 1.345.803 h.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distancia que separa dous xenes entre os que existe un 1% de probabilidade de recombinación. Depende do tamaño do xenoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote do extremo occidental da ría de Pontevedra, situado ao N da illa de Ons, fronte á punta Centolo, no litoral da parroquia da Illa de Ons, concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Lancashire, Inglaterra, Reino Unido, situada ao N de Preston (234.721 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización do Tratado Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas da familia das valerianáceas á que pertencen os alfinetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade creada en 1989 en Las Palmas de Gran Canaria, destinada a promover actividades artísticas dende a óptica de Europa, África e América. Inaugurouse coa exposición Surrealismo entre el Viejo y el Nuevo Mundo e ten a súa sede nun antigo edificio rehabilitado por Francisco Sáenz de Oiza. Dirixido polo escultor Martín Chirino, ten unha colección permanente, centrada na produción artística das Canarias e de artistas españois e internacionais, e unha biblioteca. Dende 1990 publica a revista Atlántica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución cultural situada en Santiago de Compostela. Dedicada ao mundo das artes plásticas e visuais, combina a súa actividade como centro de exposicións e sede dunha colección permanente. O seu primeiro director foi Antón Pulido, ao que sucederon Gloria Moure e Miguel Fernández-Cid. Ademais, o centro está rexido por un padroado presidido por José Luis Méndez López. Inagurouse en setembro de 1993 cunha mostra de Maruja Mallo. O edificio, obra de Álvaro Siza (1988-1993), sitúase nun enclave histórico significativo, próximo ao mosteiro de San Domingos de Bonaval e na entrada do Camiño Francés. O seu deseño está marcado por unha estética austera de liñas horizontais, nas que a presenza das placas de granito que cobren o exterior axudan a integrar a construción no contexto da cidade histórica de Santiago de Compostela. Desde o vestíbulo principal accédese ás salas de exposicións, ao auditorio e á biblioteca. Organízase en catro alturas: o soto onde se sitúa a colección permanente, a planta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Foi fundado en novembro de 1879 por un grupo de galegos interesados en unir os orixinarios de Galicia en Cuba co nome de Centro Gallego. Sociedad de Instrución y Recreo. Durante os primeiros vinte anos de existencia puxo en marcha varias seccións: a de instrución, que incluía unha escola, na que ademais da formación xeral había cursos de idiomas para os socios e unha pequena biblioteca cos primeiros libros en galego do Centro; a de recreo, que organizaba bailes e veladas literarias; as de lírica e filharmonía; e a de saúde, que daba servicios sanitarios aos socios. A independencia de Cuba provocou unha serie de melloras, como a compra dos terreos nos que se construíu o novo Palacio Social (1915) e a creación, en 1906, a instancias do Centro, da Caja de Ahorros y Banco Gallego. Nestes anos tamén se levou a cabo unha importante reforma dos estatutos da institución, coa creación de novas seccións e a reforma doutras xa existentes. A sección de sanidade creou o seu propio hospital na quinta,...

    VER O DETALLE DO TERMO