"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Que actúa en moitos puntos á vez.

    2. Aplícase ao circuíto que conecta distintos lugares e que emite información dispoñible simultaneamente en todos eles.

    3. Aplícase á máquina soldadora de moitos puntos.

    4. Aplícase ao sistema de inxección de combustible no motor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Santa Xiá de Monfero (Monfero). O seu cumio acada os 580 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de municionar.

    2. Servizo, xeralmente a cargo da artillaría, encargado do almacenamento, a revisión e a distribución das armas, das municións e dos explosivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo húngaro. As súas imaxes conxugaban a fotografía deportiva, o xornalismo fotográfico, a moda e a busca da plástica pura, procurando o movemento, os ángulos dramáticos, os picados e os contrapicados. Traballou para o xornal deportivo AZ Est (1921) e para numerosas publicacións en Berlín, como Berliner Illustrierte Zeitung, Die Dame ou Koralle. Exiliado en EE UU (1934), traballou para Harper’s Bazaar e foi o inspirador de Richard Avedon. Publicou a súa autobiografía Fool’s Apprentice (1945) e todas as súas exposicións foron póstumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal alemán, conde de Münnich. Tras a morte de Ana I de Rusia en 1740 dirixiu o golpe de estado que derrocou a E. J. Biron da rexencia e foi nomeado primeiro ministro pola nova rexente, Ana Leopoldovna, nai de Iván VI. Desterrárono a Siberia en tempos de Isabel Petrovna pero rehabilitouno Pedro III de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De formación autodidacta, residiu en Málaga, onde colaborou na decoración do Teatro Cervantes (1870) e onde realizou unha doazón (1916) considerada como xermolo do museo provincial da cidade. A súa obra, discutida e persoal, foi dunha considerable inquietude. Das pequenas táboas pasou ás tópicas composicións de historia e anécdota e ás paisaxes, fundamentalmente fantasiosas ou exóticas, influídas pola cultura musulmá. Destacan Otello i Desdèmona, Els amants de Terol e Cabo Naval, primeiras medallas na Exposición Nacional de Madrid de 1881, 1884 e 1910, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Fixo estudos de xornalismo e licenciouse en Historia da Arte na Universidad de Granada. Deu forma a unha das traxectorias máis orixinais e consistentes da novelística española actual. Deuse a coñecer con Beatus ille (1986), novela á que seguiron El invierno en Lisboa (1987, Premio de la Crítica e Premio Nacional de Literatura, 1988) e Beltenebros (1989), ambas as dúas levadas ao cine e vinculadas con esquemas do xénero negro. Todo este ciclo narrativo culminou en El jinete polaco (1991, Premio Planeta e Premio Nacional de Literatura, 1992), a máis persoal das súas novelas. Tamén destacan Diario del Nautilus (1989), Córdoba de los Omeyas (1991), Los misterios de Madrid (1994), Ardor Guerrero (1995), La huerta del Edén (1996), La vida por delante (2002) e Ventanas de Manhattan (2004). Foi nomeado membro da Real Academia Española (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Iniciou a súa andaina con Versos de retorno (1929) e coa creación da publicación Nueva Revista. Relacionado cos poetas Azorín, J. R. Jiménez e Pedro Salinas, da súa obra cómpre salientar Ardiente jinete (1934), a prosa poética Las musarañas (1957) e Objetos perdidos (1988, Premio Nacional de Poesía). Recibiu o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana en 2002 polo conxunto da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e eclesiástico. Foi retor da Universidad de Salamanca (1787), deputado por Extremadura ás Cortes Generales (1810) e presidente da comisión encargada da elaboración da constitución nas Cortes de Cádiz. Defensor da liberdade de imprenta e da abolición da Inquisición, foi encarcerado por orde de Fernando VII (1815). Tras a sublevación de José del Riego (1820), foi liberado e elixido deputado (1822), pero coa restauración do absolutismo tivo que exiliarse en Portugal (1823), onde tamén foi perseguido polas súas ideas liberais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor escocés. Coñecido como Saki, comezou escribindo unha obra histórica de ton serio, The rise of the Russian Empire (1900). Co tempo converteuse nun mestre do relato curto humorístico, caracterizado pola economía de recursos e a mestura do ton satírico, cómico e macabro e o sobrenatural. Destacan as súas obras de relatos The Chronicles of Clovis (1911), Beasts and Superbeasts (1914), The Toys of Peace and Other Papers (1919) e The Square Egg and Other Sketches, with Three Plays (1924). Tamén publicou as novelas The Unbearable Bassington (1912) e When William Came (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Desde 1971 reside en EE UU, onde traballou no Institute of Technology of Massachusetts. Iniciouse na pintura e ao redor de 1971 aproximouse á arte conceptual. Posteriormente, centrouse na experimentación sobre medios alternativos, especialmente a videoarte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Coñecido como Antonio Murado, as súas pinturas movéronse entre a figuración expresionista e a abstracción, incluíndo o tratamento de xéneros artísticos tradicionais, que se reflectiron nas series Árbores, Marañas ou Perspectivas. Nos seus lenzos, de gran formato, as figuras, paisaxes e naturezas mortas representan unha excusa para a investigación continua sobre a percepción e a representación. Destaca o seu lenzo Susana e os vellos (1989) e as súas ilustracións nos libros Bestiario de descontentos e De soños e derribos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio José Murado López.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e erudito italiano. Ordenouse sacerdote, fixo estudos filolóxicos e foi chamado a dirixir a Biblioteca dos Este (1700). Como investigador, seguiu unha metodoloxía precisa e rigorosa. Publicou Rerum italicarum scriptores (24 volumes, 1723-1738), Annali della storia d’Italia (12 volumes, 1744-1749) e Antiquitates italicae medii aevi, en 6 volumes (1738-1743). Descubriu un manuscrito que contiña o canon bíblico máis antigo e que leva o seu nome, Canon de Muratori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de murchar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor barroco. Está considerado un dos máis destacados representantes de pintura relixiosa española. Orfo desde os nove anos, iniciou a súa formación cun parente da súa nai, Juan del Castillo. A pegada do seu mestre deixouse sentir especialmente na primeira etapa da súa pintura, caracterizada polo naturalismo (Virgen del Rosario con Santo Domingo, para o pazo arcebispal de Sevilla), pero tamén recibiu influencias de Roelas, Francisco de Herrera el Viejo e de Zurbarán, que se manifestaron no emprego do claroscuro e no modelado das figuras, aínda con certa rixidez (San Diego dando de comer a los pobres, 1646). O seu interese polos tipos populares exemplificouse nas series de galegas (Vieja hilando ou Gallegos en la ventana) e nos cadros de nenos (Niños comiendo melón y uvas (1650) ou Muchachos expulgándose), en que representaba rapaces humildes inmersos nunhas escenas cheas de ledicia e xovialidade, en que comezou a empregar contornos flexibles e volumes brandos. En 1656 pintou Visión de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto situado no extremo N da ría de Muros e Noia, ao NL do punto máis sobresaínte da entrada da ría, no monte Louro. É o máis importante do seu distrito pesqueiro e contabiliza 160 unidades de diferentes tipoloxías de embarcacións. A sinalización é boa así como o abeiro proporcionado ás embarcacións. As especies máis comúns que desembarcan son as típicas da pesca de arrastre, como polbo e cigalas. Está dotado de capitanía marítima e, aínda que basicamente é pesqueiro, conta cunha escola de vela municipal que funciona nos meses estivais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena zona da pel, situada no extremo anterior da décima costela dereita, que é selectivamente dolorosa nos procesos inflamatorios da vesícula biliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta escocés. Coñecido como Hugh Mac Diarmid, foi un dos líderes do renacemento da lírica escocesa moderna e a súa poesía, de estilo vangardista, asociou o nacionalismo escocés e o internacionalismo. A Drunk Man Looks at the Thistle (1926) está considerado como o seu poema máis importante. É tamén autor de Annals of the Five Senses (1923), Sangschaw (1925), First Hymn to Lenin (1931), The Islands of Scotland (1939), In memoriam James Joyce (1955) e The Kind of Poetry I Want (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO