"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Soprano. Estudiou no conservatorio de Madrid. Inicialmente cultivou o lied pero debutou en México con ópera e no Liceu de Barcelona (1969). Cun repertorio moi variado, gravou zarzuelas e lieder.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte e arqueólogo. Licenciado en Dereito e doutor en Filosofía e Letras (1933) pola Universidad Central de Madrid. Exerceu a docencia no Instituto Nebrija de Madrid. Durante a Guerra Civil traballou desde 1938 no Servicio de Recuperación Artística e, en 1939, foi nomeado inspector dos Depósitos de Arte. En 1940 accedeu ao cargo de comisario da 3ª Zona do Servicio de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional (Euskadi, Navarra, Aragón e Catalunya) e, en 1945, desempeñou o mesmo cargo na 1ª Zona (Galicia, Asturias, León e Zamora), durante máis de trinta anos. A instancias súas redactáronse en 1964 as Instruciones del Patrimonio Artístico Número Cuatro, que protexeron o núcleo antigo de Santiago de Compostela da especulación inmobiliaria. En 1967 foi nomeado director do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela e, en 1977, subdirector xeral de Belas Artes. Como funcionario do corpo facultativo de conservadores de museos, reorganizou e instalou gran número destas institucións,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
iño branco ou rosado escumoso, o máis reputado dos deste tipo, propio da rexión francesa de Champagne (definida como rexión vitivinícola en 1927). É característico da súa elaboración que a segunda fermentación se realice en botella e de acordo co conxunto de normas definido no méthode champenoise. Este tipo de elaboración inventouno o monxe beneditino Dom Perignon no s XVII. As uvas autorizadas son a branca Chardonnay e as tintas Pinot Noir e Pinot Meunier. As rollas deben levar obrigatoriamente a palabra Champagne impresa. Entre as adegas máis representativas figuran Moët et Chandon, Charles Heidsieck, Pommery et Greno, Veuve Clicquot-Ponsardin, Veuve Laurent Perrier ou Mumm C. Rouce. Pode ser moi seco (brut), extra seco (extra sec), seco (sec), semiseco (demisec) ou doce (doux), segundo a cantidade de licor de expedición (champaña azucrado cun pouco de coñac) que conteña, de menos do 2% ata o 10%, co que se asocia como norma...
-
VER O DETALLE DO TERMO
iño branco ou rosado escumoso, o máis reputado dos deste tipo, propio da rexión francesa de Champagne (definida como rexión vitivinícola en 1927). É característico da súa elaboración que a segunda fermentación se realice en botella e de acordo co conxunto de normas definido no méthode champenoise. Este tipo de elaboración inventouno o monxe beneditino Dom Perignon no s XVII. As uvas autorizadas son a branca Chardonnay e as tintas Pinot Noir e Pinot Meunier. As rollas deben levar obrigatoriamente a palabra Champagne impresa. Entre as adegas máis representativas figuran Moët et Chandon, Charles Heidsieck, Pommery et Greno, Veuve Clicquot-Ponsardin, Veuve Laurent Perrier ou Mumm C. Rouce. Pode ser moi seco (brut), extra seco (extra sec), seco (sec), semiseco (demisec) ou doce (doux), segundo a cantidade de licor de expedición (champaña azucrado cun pouco de coñac) que conteña, de menos do 2% ata o 10%, co que se asocia como norma...
-
-
Relativo ou pertencente a Champagne ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Champagne.
-
ariedade da lingua de oïl que se escribiu e falou na comarca de Champagne.
-
-
PERSOEIRO
Exiptólogo francés. Coñecido como Champollion le Jeune, fundou a exiptoloxía científica. Estudiou as linguas árabe, copta, etíope, hebrea, siria e caldea. En 1797 escribiu unha memoria na que defendeu que a lingua copta era unha forma tardía da antiga lingua exipcia. Sobre esta teoría, e logo de traballar sobre os xeroglíficos, publicou o Précis du système hiéroglyphique des anciens égyptiens, figuratif, idéographique et alphabétique (Compendio do sistema xeroglífico dos antigos exipcios, figurativo, ideográfico e alfabético, 1824), clave para o desciframento da escritura exipcia antiga conseguida, sobre todo, grazas á pedra de Rosetta. Foi nomeado director do museo exipcio do Louvre en 1826 e profesor da cátedra de Exiptoloxía creada expresamente para el no Collège de France en 1831. Entre 1828 e 1830 permaneceu en Exipto. Escribiu De l’écriture hiératique des anciens Egyptiens (Sobre a escritura hierática dos antigos exipcios, 1821) e Panthéon égyptien (Panteón...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Participou na Guerra Civil española e na Resistencia francesa. Da súa produción destacan as obras Rien qu’un témoignage (Nada máis que un testemuño, 1937) e La superbe (A soberbia, 1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Variante do apelido galego Chao.
-
Liñaxe que trae como armas escudo acuartelado: primeiro e cuarto, en campo de goles, con dúas faixas de veiros de prata e azul; segundo e terceiro, en campo de goles, cunha barra de prata.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola budista chinesa de meditación, que se coñece en xaponés co nome de zen. O budismo introduciu en China a forma india de meditación, pero mestres como An Shigao asimilárona axiña á idea taoísta de conservación da enerxía vital.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación bisemanal subtitulada “La Revista de los gallegos”, que se editou (1969-1970) en Madrid. Raimundo García Domínguez Borobó foi o seu director e fundador e Jesús Tobío, subdirector. Acollía traballos de colaboradores como Manuel Blanco Tobío, Máximo Sar, Ben-Cho-Shey, Fernando Mon, Otero Pedrayo, Blanco Amor, Carlos García Bayón, A. Tomé, Lavandeira ou Siro López; os tres últimos deseñaban o humor gráfico. Nesta publicación confluíron varias xeracións de escritores, tanto da preguerra e do exilio, como autores novos. Contaba coas seccións: “Anacos”, “Folloteca”, “Pensando en gallego”, “Economía” e “Actualidad”. A revista daba a coñecer a realidade e a actualidade de Galicia, centrada na economía das “Páxinas económicas, Galicia como empresa” e na política, nacional ou internacional, en “Atlas en el Toral”. No eido cultural acollía traballos sobre música, historia e literatura, nos apartados “Poetas do Chan”, “Biblioteca Gallega” e “Anaquelerías”, e a...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mámoa situada en Marín, descrita e escavada nos anos cincuenta por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, Alfredo García Alén e Carlos Alonso del Real. A cámara, de planta poligonal, está formada por sete chantas imbricadas e inclinadas cara ao interior da cámara. En 1975, cando a investigaron Antonio de la Peña Santos e Antón A. Rodríguez Casal, non tiña lousa de cobertura; sen embargo, posteriormente, apareceu sobre a anta unha lousa de cobertura da que non hai certeza que sexa a orixinaria. O corredor, orientado cara ao O, consta de seis chantas sen cubrición. A dimensión total é de 4,20 m no seu eixe maior, dos que 2,30 m son do corredor, e de 2,30 m no eixe menor. No transcurso das escavacións descubriuse o seguinte enxoval: catorce puntas de frecha de base triangular, dúas láminas de sílex, dúas machadas de sección cadrada, catro bólas de pedras e arxila, un percusor, fragmentos cerámicos e ocre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mámoa situada en Moaña e restaurada en 1953 por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, quen realizara, xunto con Alfredo García Alén e Carlos Alonso del Real, as escavacións preliminares. Tipoloxicamente pertence ao grupo de mámoas de corredor, sen diferenciación neta entre cámara e corredor, e de forma xeral en V. A cámara, de planta poligonal, está formada por once chantas imbricadas; a tampa, que está partida, ten unhas dimensións aproximadas de 2 m no eixe maior. O corredor, orientado cara ao L, consta de cinco chantas e tres lousas que o cobren. A dimensión total é de 5,20 m no seu eixe maior, dos que 1,70 m son do corredor; a anchura da cámara é de 3,45 m e a do corredor diminúe a medida que se distancia da cámara. As catro lousas de cubrición están montadas de forma ascendente comezando polo extremo do corredor e a altura máxima, no interior da cámara, é de 1,70 m. No transcurso das escavacións descubriuse o seguinte enxoval: unha machada, un microlito, restos de ocre e varios fragmentos cerámicos,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mámoa situada en Vilaboa, tamén coñecida como Mámoa do Rei, descrita e escavada nos anos cincuenta por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, Alfredo García Alén e Carlos Alonso del Real. A anta, moi deteriorada, está no interior dun túmulo de 3 m de altura e cunhas dimensións de 30 m no eixe maior e 20 m no menor. Conserva catro chantas, unha ao N e tres ao S, que posiblemente configuraron unha planta poligonal. No transcurso das escavacións descubriuse o seguinte enxoval: cinco puntas de frecha de base triangular, un microlito, un núcleo de sílex, un disco en lousa, unha bóla de granito e un fragmento de limonita. Nunha das chantas do S pódense observar varios gravados a base de liñas horizontais onduladas e outro gravado posterior de tipo cruciforme.
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de Razo, no concello de Carballo, situada fronte aos illotes das Percebeiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que serve de límite ás parroquias de Arbo e Cabeiras (concello de Arbo), Cerdeira (concello das Neves) e Luneda (concello da Cañiza). O seu cumio acada os 956 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de Sorrizo, no concello de Arteixo, situada ao NO do porto de Sorrizo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe subtitulada “Revista galega de información general”, que apareceu en Caracas en novembro de 1984. Na dirección contou con Manuel Ponte e no grupo de colaboradores destacaron, entre outros, Ramón Coutiña, Manuel Álvarez Quiroga e Noemí Candón. É unha revista de carácter informativo orientada á comunidade galega emigrante na que se incluían, sobre todo, temas culturais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘vaxina’.
-
-
-
Calzado de coiro, con piso de madeira, que chega ata o nocello e que se ata con amallós.
-
Calquera tipo de calzado coa sola de madeira.
-
-
Calquera tipo de calzado vello e moi gastado.
-
-
Calzado de gran tamaño.
-
Pé grande. OBS: Emprégase xeralmente en plural.
-
-
-