"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Museo estadounidense, considerado o museo de historia natural máis grande do mundo, que se atopa na cidade de Nova York. Conta con corenta salas de exposicións, laboratorios de investigación e unha gran biblioteca. As súas exposicións están dedicadas á antropoloxía, á arqueoloxía, á xeoloxía, á mineraloxía, á paleontoloxía e á bioloxía. Destacan as salas dedicadas aos pobos indíxenas norteamericanos e a Sala de evolución e Bioloxía Humana. Desde 1871 patrocinou máis de mil expedicións científicas en todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa museo situada en Ferreirela, no concello de Santa Eulalia de Oscos (Asturias), inaugurada en 2001 e dedicada a Antonio Raimundo Ibáñez, creador da fábrica de cerámica de Sargadelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo arqueolóxico e histórico inaugurado en 1968 e situado no castelo de Santo Antón na Coruña. De titularidade municipal, pertence ao Consello Galego de Museos. A súa colección componse de pezas da prehistoria e da historia antiga de Galicia, procedentes maioritariamente de escavacións arqueolóxicas realizadas na provincia. A chamada Casa do Gobernador está dedicada á lembranza dos principais feitos acontecidos na cidade, como a expedición de Drake ou a Batalla de Elviña. Edita a revista Brigantium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo da catedral de Mondoñedo inaugurado en 1969. Está situado entre a catedral e o palacio episcopal. Os seus fondos constan, tanto de obxectos relacionados coa liturxia, como de restos arqueolóxicos, ourivaría, tapices, mosaicos, retablos, pinturas ou esculturas, cunha cronoloxía que abrangue ata o s XX. Na planta alta conta coa reconstrución das estancias episcopais, cunha capela do s XI e un despacho dun bispo do s XVI; e na superior co dormitorio do bispo Luján do s XVI. Pertence ao Consello Galego de Museos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte abstracta fundado polos pintores Fernando Zóbel, Gerardo Rueda e Gustavo Torner en 1966, con sede nas casas colgadas de Cuenca. Os fondos iniciais, propiedade de Fernando Zóbel, constituían o mellor exemplo de arte abstracta española das décadas de 1950 e 1960. Desde 1980, converteuse en propiedade e responsabilidade da Fundación Juan March de Madrid, que contribuíu coa incorporación de novas obras. En 1987 recibiron as obras da colección Amos Cahan. Conta cunha biblioteca e coa edición de obra gráfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo continuador do Gabinete de Historia Natural, creado por Antonio Casares na Universidade de Santiago de Compostela durante o curso 1840-1841, e que conserva moitas das coleccións do s XIX. Parte dos fondos históricos conservados están constituídos polos exemplares mercados en París en 1845 polo reitor Xosé Viñas. Mais a maioría proceden da doazón de particulares. A través das súas coleccións faise un percorrido polo labor de científicos galegos dos ss XIX e XX, así como polas investigacións realizadas nos departamentos da Universidade de Santiago de Compostela. Pertence ao Consello Galego de Museos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no palacio episcopal de Astorga, inaugurado en 1963. Acolle unha colección composta por esculturas medievais de madeira policromada, así como unha importante mostra de ourivaría renacentista e barroca. As obras están vinculadas, en maior ou menor medida, coa peregrinación a Santiago de Compostela. Destacan as tallas románicas, as cruces procesionais, os cálices e as custodias. Acolle tamén unha mostra de artistas leoneses contemporáneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Vilalba. Trátase dunha fundación pública municipal rexida por un padroado e pertencente ao Consello Galego de Museos. Ten como obxectivos a investigación, custodia, conservación e difusión da prehistoria e historia antiga de Galicia. Conta cunha exposición permanente con restos das diversas culturas do noroeste peninsular desde as orixes ata a romanización e realiza mostras individuais e outras actividades. As súas investigacións céntranse na reconstrución paleoambiental do norte peninsular e a caracterización das sociedades paleolíticas e epipaleolíticas galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Sargadelos (Cervo) no lugar onde se mantivo en funcionamento ata 1875 a Real Fábrica de Fundición e Louza. Pertence ao Consello Galego de Museos. Creado en 1987, conserva os altos fornos, a presa, o pazo, o paseo dos namorados e a casa da administración. Móstranse pezas de cerámica decoradas á man e estampadas, pezas de fundición e moldes orixinais da antiga fábrica de cerámica. O conxunto foi declarado Ben de Interese Cultural en 1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade municipal situado en Marín e inaugurado en 1992, a partir da doazón realizada polo artista Manuel Torres. A súa colección abarca desde a pintura de paisaxes, bodegóns ou retratos, ata debuxos, gravados, tinta ou esculturas. Organiza tamén exposicións temporais e diversos actos culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e etnarca chipriota. Coñecido como Makarios, defendeu a autodeterminación chipriota e foi deportado a illas Seychelles (1956). Volveu a Chipre despois da independencia (1959). Elixido presidente da República (1960), enfrontouse á minoría turca e provocou un gran conflito entre Atenas e Ancara (1963). Os grupos anexionistas ocuparon parte do territorio co exército turco (1974) e proclamaron o estado federal turco de Chipre (1975), aínda que seguiu co goberno na parte grega ata 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Destacou como poeta e historiógrafo na súa cidade, ata que tivo que fuxir polas súas controvertidas ideas políticas. Escribiu, entre outras obras, De Gestis Henrici VII Caesaris e De gestis italicorum post Henricum VII Caesarem, e algunhas obras poéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Fillo dun ferreiro e dunha mestra, fixo estudos de maxisterio. Iniciouse na actividade política dentro do Partito Socialista Italiano, pero foi expulsado ao declararse a favor da intervención de Italia na Primeira Guerra Mundial. Para difundir o seu ultranacionalismo creou o diario Il popolo d’Italia, mentres promovía a formación dos fasci di combattimento ou grupos de axitación, que constituíron o embrión do Partito Nazionale Fascista (1921). Tras a marcha sobre Roma do 28 de outubro de 1922, coa complicidade do exército, do goberno e do Rei Vítor Manuel III de Italia, foi nomeado xefe de goberno. Durante os tres anos seguintes, asumindo todos os poderes, dunha maneira gradual, implantou unha ditadura. Resolveu o antigo preito co papado mediante os Pactos de Letrán, realizou custosas obras de infraestrutura e seguiu unha política exterior agresiva, que nalgúns momentos renovou soños de expansionismo. O 10 de xuño de 1940 declarou a guerra aos aliados,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fracción mínima dun xene en que se pode dar unha mutación, segundo S. Benzer. Equivale a unha base purínica ou pirimidínica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Meiji Tenn ō (Kyoto 3.11.1852 - Toquio 30.7. 1912) Emperador de Xapón (1867-1912), fillo e sucesor de Kōmei Tennō. Durante o seu reinado promulgouse a constitución (1889) e tiveron lugar as guerras contra China (1894-1895) e Rusia (1904-1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que padece muxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto pesqueiro situado na vila de Muxía, na parte S da boca da ría de Camariñas. É unha das principais instalacións portuarias pesqueiras da área da Costa da Morte, onde se concentran máis de 80 embarcacións, a maioría delas de pequeno tamaño. Trátase dunha actividade pesqueira baseada en barcos que fanean preto da costa con artes tradicionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos mitófidos, caracterizados por ter boca grande, ollos moi desenvolvidos e unha gran cantidade de fotóforos baixo a liña latera. A este xénero pertence o peixe lanterna (M. punctatum).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar situado na zona ártica de Canadá, entre a illa do Príncipe Patrick e a de Melville, ao N, e a de Banks ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de nacer, de saír da matriz o feto viable. A lei considérao como o comezo da personalidade xurídica das persoas físicas e hai lexislacións que esixen que o nacido siga viable, cunha aptitude normal para vivir. O dereito civil español esixe o desprendemento total dun feto vivo, que o nacido teña figura humana e que viva polo menos 24 horas totalmente separado da nai.

      2. Condición dunha persoa segundo o lugar onde naceu ou a categoría social dos seus pais.

      1. Orixe ou principio dalgunha cousa.

      2. Lugar onde xorde un curso natural de auga.

      3. Punto de orixe dunha arteria, dun nervio ou dun tumor.

    1. Representación do nacemento de Xesús Cristo no portal de Belén que adoita facerse nas igrexas e nas casas, durante o Nadal, reproducíndoo escenicamente. Deu orixe ás representacións litúrxicas da noite de Nadal e á primeira escenificación que fixo san Francisco de Asís en Greccio (1223). Constitúe unha manifestación popular artística moi arraigada e que foi moi popular xa a finais do s XV.

      1. Orixe ou principio dalgunha cousa.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO