"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Ebra, diplomouse en Arquitectura Técnica pola Universidade da Coruña (1991). A súa obra, de carácter realista, reflicte paisaxes, o mundo mariño e bodegóns. Traballou, principalmente, ao óleo, ao acrílico e á pluma. Colaborou como debuxante no traballo de investigación Estudio da arquitectura popular e etnografía de Castro Caldelas da Xunta de Galicia (1993). Entre outras mostras colectivas, participou na Colectiva de Pintura da Junta Municipal de Moncloa (Madrid, 1996-1997), na Feira do Debuxo e do Gravado da Xunta de Galicia (1998-1999-2000), no I Salón Vigart de Artes Plásticas de Vigo (1998) e na Feria de Artes Plásticas Arte na Estación (Vigo, 1998-2000-2001). Foi seleccionado nos Premios Ejército del Aire de Pintura en 1996 coa obra 1927, Vuelo sobre Lalín, adquirida polo exército, e en 1997 con Teoría de Vuelo, e no III Premio de Pintura Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (1999) con Herdanza. Realizou exposicións,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Emigrou a Bos Aires en 1789, onde se estableceu como comerciante. Tomou parte na defensa da vila contra a invasión británica (1807) como subtenente dunha compañía de granadeiros, dentro do Tercio de Galegos. Logo do alzamento nacional arxentino (1810), integrouse na Mariña dos sublevados como primeiro oficial da goleta Invencible, capitaneada polo tenente coronel Azopardo. Derrotado nun combate contra navíos españois (2.3.1810), levárono prisioneiro a Montevideo. Liberado máis tarde, foi condenado polo novo goberno arxentino, a causa desta derrota, en maio de 1811.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1945 e ingresou na carreira xudicial en 1947. Serviu en varios destinos como xuíz de primeira instancia e instrución ata 1960 e como maxistrado de audiencia provincial ata 1976. En 1977 incorporouse como maxistrado á sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional. Entre 1978 e 1986 foi maxistrado da sala IV do Tribunal Supremo. Proposto polo Consejo General del Poder Judicial (CGPJ), foi maxistrado do Tribunal Constitucional entre febreiro de 1986 e abril de 1995. Recibiu a Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e pintor. Licenciouse en Psicopedagoxía pola Universidade de Vigo e foi presidente da Asociación de Artistas Plásticos Lucenses. Participou en mostras, tanto individuais coma colectivas, en Lugo, A Coruña e Vigo. Realizou deseños para libros e portadas de discos. Entre as súas publicacións cómpre salientar A linguaxe do cómic, O sentimento do cómic e Xogando coa música (1992-1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Psicobiólogo. Doutorouse en Medicina coa tese Epidemiología de la deficiencia mental. Situación en Galicia (1985). Profesor de psicobioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, centra o seu traballo na avaliación psicofisiolóxica de poboacións normais e clínicas (envellecemento normal e situacións senís ou atraso mental, e do proceso de envellecemento e demencias senís, atraso mental, trastornos da linguaxe). É autor de dous libros, en colaboración, e de artigos especializados publicados en revistas científicas, como International Journal of Psychophysiology, American Journal on Mental Retardation, Biological Psychiatry, Clinical Neurophysiology e Neuroreport. Membro de varias sociedades científicas españolas e internacionais e membro fundador e presidente electo dende o 2001 da Sociedad Española de Psicofisiología (SEPF, 1994). Recibiu o Premio de Investigación da Fundación PAIDEA (1994), Premio á Investigación 1995 en Ciencias e Tecnoloxía (1996), outorgado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e mariño. Marchou a Montevideo e, logo da sublevación, sumouse á causa independentista e integrouse no exército como subtenente (5.12.1812). Formou parte das forzas que sitiaron Montevideo e dirixiu as fortificacións e a instalación das baterías. Ascendeu a tenente de artillería durante o sitio (29.9.1813) e integrouse como capitán de artillería (31.3.1815) nas forzas do xeneral San Martín en Mendoza. Participou co exército dos Andes na Batalla de Chacabuco (12.2.1817) e no combate de Curapaligüe (4.4.1817). Desde o 31 de maio de 1817 dirixiu a primeira compañía do Terceiro Batallón de Artillería e á súa fronte tomou parte na Batalla de Maipú (5.4.1818). Pouco despois integrouse como capitán da corveta Chacabuco, na escuadra que creou o goberno chileno, e capturou as fragatas españolas Rosalía e Carlota, coas que chegou ao porto de Valparaíso o 22 de novembro de 1818. Pasou ao exército de Chile, por razóns de saúde, a finais de 1820.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Estudiou maxisterio na Escola Normal de Santiago e traballou no xulgado de Porto do Son ata xullo de 1936. Por mor da Guerra Civil pasou dous anos encarcerado na Coruña e ao saír fíxose procurador de tribunais, aínda que non exerceu debido ao seu pasado como militante de Esquerda Republicana. En 1951 emigrou e instalouse en Montevideo. Publicou crónicas e memorias autobiográficas nas que relata as súas experiencias na guerra, como Os que non morreron (1982), A crueldade inútil (1985) e Desde la diáspora (1991), así como os volumes de relatos Contos (1985) e Nebra. Historia dunha infamia (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De formación autodidacta, instalouse en Madrid en 1940 e posteriormente en París. Comezou a expoñer en Ourense en 1955. Na súa obra o surrealismo mesturouse coa abstracción. As súas composicións son equilibradas e nelas predominan os azuis e os vermellos. A súa temática xira arredor do mundo dos soños, cun predominio de temas animais e mariños. No campo da escultura destaca a súa exposición na rúa Nacional en París. Participou como representante da escola de París na primeira exposición internacional de Póvoa de Varzim, en Portugal (1955). Realizou exposicións, entre outras cidades, en Ourense, Vigo, Madrid, París e Lyon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e escultor. Estudiou gravado na Escuela de Artes y Oficios de Madrid e asistiu aos Talleres de Arte Actual do Círculo de Bellas Artes de Madrid. No campo da escultura, obtivo unha bolsa da Junta de Extremadura (1987 e 1989), da Kunstlehaus Hamburg (1990), da Kunstlehaus am Deich Bremen (1991) e en 1994 recibiu a bolsa Banesto. Realizou exposicións, entre outras cidades, en Madrid e Berlín, e participou en diversas mostras colectivas entre as que destacan a V Bienal de Barcelona (1984), Artistas Hispano-Portugueses (1990), a Bienal de Vila Nova da Cerveira (1991), ARCO’95 e a IV Mostra Unión Fenosa (1995). A súa obra está na Colección Banco de España, no Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporánea (MEIAC) e no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e avogado. Licenciado en Dereito. Presidente da Cámara Agraria Provincial de Lugo, foi deputado no Congreso de los Diputados na lexislatura Constituínte (1977-1979), pola Unión de Centro Democrático (UCD), e na primeira e segunda lexislaturas (1979-1986), polo Grupo Parlamentario Centrista. É autor de diversos traballos xurídicos e artigos en prensa publicados na Revista Galega de Estudios Agrarios e escribiu os volumes Dereito civil de Galicia: comentarios á lei 4-1995 (1997), Montes vecinales en mano común (1999) e División de la herencia y liquidación del régimen económico matrimonial (2001). No ámbito da toponimia publicou Comarca de Sarria: O Incio, Láncara, Paradela, Páramo, Samos, Sarria, Triacastela (1992) e Toponimia de la comarca de Sarria (1998). Obtivo o Premio da Orde do Mérito Constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Comezou a súa formación como tallista ata que en 1958 se trasladou a Santiago de Compostela onde estudiou na Escuela de Artes e Oficios Mestre Mateo. En 1964 ingresou na Escola de Belles Arts de Sant Jordi e en 1967 na Escola Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Dende 1970 reside en París, onde aprendeu co Patkai as técnicas de traballo con formigón armado e a relación da escultura co contorno e coa arquitectura. A súa obra caracterizouse pola utilización da natureza como fonte de inspiración, a sinxeleza das formas e os vestixios do pasado galego. Nalgunhas das súas obras mostrou un estilo modernista. Empregou, entre outros materiais, o bronce, a madeira, a pedra, o ferro e o formigón. Aínda que desenvolveu a súa traxectoria artística en Francia, en Galicia realizou monumentos públicos de gran tamaño, entre os que destacan as obras realizadas para a facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela (1977) e para a residencia de anciáns...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Correspondente de Faro de Vigo, publicou El Jardín de los romances (1947). Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1953.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Estudiou na Escola de Enxeñeiros Técnicos de Vigo, licenciouse na Escuela Oficial de Madrid e rematou a carreira de xornalismo na Universidad Complutense. Comezou a súa actividade periodística no Faro de Vigo. En 1967 pasou a dirixir a delegación de La Voz de Galicia en Vigo e en 1977 foi nomeado director deste xornal na Coruña. Exerceu tamén como director de Antena 3 Radio, da Biblioteca Gallega e de Vídeo-Voz TV. En 1998 foi elixido secretario da Fundación Caixa Galicia e no mesmo ano pasou a dirixir El Ideal Gallego. Coa súa chegada ao xornal comezou un proceso de consolidación e expansión da Editorial La Capital coa adquisición de Deporte Campeón e de sete cabeceiras comarcais, ademais da creación de Diario de Ferrol e Diario de Arousa. Fundador da revista Nuestra Lucha, colaborou con diversos xornais e axencias informativas, como La Vanguardia, Informaciones, Diario de Barcelona, Associated Press, United...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Humorista e cantante. Coñecido como O’Xestal, comezou a súa traxectoria musical como barítono no coro Brétemas e Raiolas e como instrumentista (bombo) no cuarteto de gaitas Os do Couto. Participou tamén no Ballet Galego Rey de Viana. Colaborou coas agrupacións Cántigas da Terra, Follas Novas e Toxos e Froles, e cos grupos de gaitas Os Mariñáns, Os Calristas e Os Perilláns. Como humorista, acompañado dun grupo de gaitas, realizou numerosas actuacións por Galicia, por diversos centros galegos (Suíza, Inglaterra, España, Uruguay e Arxentina) e no Círculo Español de Nova York. Na súa discografía figura: O Xestal cos seus gaiteiros (1960), Grupo Folklórico O Xestal (1962), O San Fins do Castro (1962), Cuentos gallegos (1969), Unha vella ruxumeira (1970), Cancións e contos galegos (1973), Contos que van pra feira (1982) e Novos contos do Xestal (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e deseñador gráfico. Estudiou na Escola Pablo Picasso de Artes e Oficios da Coruña. Empregou diversas fórmulas e estilos artísticos, pero na súa obra predomina o realismo. Nas súas composicións reflectiu, entre outros temas, paisaxes urbanas, bodegóns e temas taurinos. Os seus debuxos a carbón, entre os que destacan Calle Tinajas (1998) e Convento de San Francisco (Betanzos), achéganse ao hiperrealismo. Realizou exposicións en Betanzos e na Coruña. Entre outras obras destacan O zume das estrelas (1998), galardoada cun accésit na Bienal Internacional Balconadas de Betanzos, Matador (1998), Serenidad (1999), Big Hat (2000),Virxe negra (2000) e Paseo e barandillas (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Profesor de debuxo da Escola de Artes e Oficios de Ferrol, cultivou a paisaxe, o retrato e a miniatura. Captou o tema paisaxístico do natural, principalmente escenas mariñeiras de carácter costumista nas que representou os peiraos e as xentes do mar da súa cidade natal. Destacan as súas obras Pinos, Monte galego en primaveira e Primaveira en Galicia. Entre os retratos que realizou cómpre salientar os de Concepción Arenal, o mestre Chané, Curros Enríquez e a condesa de Espoz y Mina. Como miniaturista realizou numerosas obras, entre as que cómpre subliñar unha miniatura sobre marfil de EduardoVII de Inglaterra e unha vitela para un abano coa que agasallou a Emilia Pardo Bazán. Entre outras publicacións colaborou en Almanaque Gallego. Participou, entre outras mostras, na exposición de arte galega organizada polo Heraldo de Madrid e na Segunda Exposición de Arte Gallego da Coruña (1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e poeta. Pertencente á chamada Xeración de 1936, colaborou en distintos xornais e revistas como Resol, Alba, Céltica ou Galiza. Fundou e dirixiu a revista Cadernos de poesía Albor e foi redactor xefe de El pensamiento navarro e de Faro de Vigo, e director da revista Pregón e do xornal La Voz de Asturias. Publicou: Primeiras cantigas de amor (1936), con ilustracións de Vidarte e epílogo de Álvaro Cunqueiro, La huella del ángel (1943), Pombal (1963) e Muíño fidel (1983), con ilustracións de Felipe Criado. Foi nomeado Fillo Predilecto de Mondoñedo en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Cultivou a paisaxe, xénero no que destacou, o retrato e o bodegón. Realizou exposicións, entre outras cidades, en Madrid, Bilbao e Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo cubano. Comezou a súa andaina profesional na dirección de Divulgación do ministerio de Cultura cubano e na revista Revolución y Cultura. As súas fotografías en branco e negro, recollidas moitas delas nas series Son de Cuba e Un momento de la Vida, amosan a realidade das xentes e das rúas de La Habana e doutras pequenas cidades da illa. Expuxo a súa obra no Center for Cuban Studies de Nova York, no Zeit-Foto Salon de Toquio (1997) e en diversos países do mundo, como Arxentina, Brasil, Francia, Italia e México. En 1998 participou en España na mostra Cuba: 100 Años de Fotografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora hondureña. Colaboradora dos xornais La Tribuna e Diario de Centroamérica, publicou, entre outras obras, Luz en la senda (1935) e Peregrinaje (Premio Latinoamericano de Novela 1942).

    VER O DETALLE DO TERMO