"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Formación política de carácter centrista liberal e de ámbito autonómico, fundada a comezos de 1983 despois de presentarse como plataforma electoral en outubro de 1982. O seu obxectivo era articular o espazo político existente entre a debilitada Unión de Centro Democrático (UCD), da que procedían moitos dos seus membros, e Alianza Popular. Liderada por José Luis Meilán Gil, presidente do Partido Gallego Independiente (PGI), recibiu o apoio de numerosos políticos galegos como Eladio Portela, Miguel Sanmartín e Miguel Piñeiro. En 1984, logo de manter contactos con outros partidos, as converxencias da Coruña, Lugo e Ourense formaron Coalición Galega. Nas eleccións locais de 1984, a Converxencia de Pontevedra, que se presentara en solitario, obtivo máis de 30.000 votos e conseguiu catro alcaldías e 125 concelleiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coalición de carácter electoral formada en 1990 pola Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) e pola Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN). En 1993 converteuse na Confederación Intersindical Galega (CIG).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de convivir.

    2. Relación que se establece entre as persoas que conviven.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que comparte a oficialidade en igualdade de circunstancias legais. Aplícase, sobre todo, á concorrencia de varias linguas en determinadas partes dun territorio oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de cooficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cooperativa fundada en Vigo en 1907 por militantes socialistas encabezados polo canteiro Xosé Araújo Pérez. O seu obxectivo era elaborar e comercializar pan a prezos accesibles á capacidade adquisitiva das clases populares. En 1910, coa intención de construír fornos propios, adquiriu uns terreos que logo serviron para edificar a Casa do Pobo da cidade olívica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Vigo no ano 1990. Editada pola Aula da Empresa Cooperativa da Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Vigo, nos seus inicios estivo dirixida por Santiago Santos Castroviejo e coordinada por Constantino Gago Conde; dende 1996 a dirección compartírona Ana Rosa Lorenzo Vila, Antxon Mendizábal Etxabe e o propio Santos Castroviejo. A partir do ano 2001 dividiuse nas seccións “Doutrina”, “Xurídica”, “Tributaria”, “Movementos sociais”, “Actualidade cooperativa” e “Libros e documentos”. Contan coa colaboración de María X. Cabaleiro, Xosé A. Gómez Segade, Xulio Pardellas, Uxío Labarta, Pablo Sande, Anne Haire, Antón Vaamonde, Xulio Ríos e Francisco Sineiro, entre outros. O seu obxectivo é o debate e a promoción das sociedades autoxestionarias de Galicia, e inclúe artigos nos que se analizan diferentes aspectos do cooperativismo, como os referentes ás leis, á situación social e política, aos rexistros de cooperativas, etc, en diferentes eidos do sector industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos corácidos ao que pertence o gaio azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo coral mixto da Coruña constituído en 1969 e dirixido por Ramiro Cartelle Álvarez. O seu obxectivo é a difusión da liturxia en galego e a recuperación do folclore de Galicia. O seu repertorio abrangue dende panxoliñas ou espirituais negros, ata salmos e himnos. Da súa discografía destaca Galicia canta a Deus e Panxoliñas de Nadal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa con cabeceira na vila de Corcubión que ten xurisdición sobre os concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas. Establecido en abril de 1834, substituíu o partido de Vimianzo, vila que ostentara a cabeceira na súa orixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. Foi director xeral de Instrução Pública e fundador da Sociedade de Geografia (1875). Escribiu obras de historia e literatura, como Diogo Caõ: descobertas e descobridores (1892) e Arte e literatura portugueza d’hoje: livro de critica: 1868-1869 (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación coral fundada en 1981. A partir de 1986 comezou unha nova andaina da man da súa directora Margarita Guerra e tivo como principal obxectivo a mellora da técnica vocal. O seu repertorio abrangue máis de duascentas obras de polifonía profana e relixiosa, coros de ópera e zarzuela, folclore e cantigas galegas. Pertencente á Federación Coral Galega (FECOGA), participou nas programacións culturais do Concello de Vilagarcía, da Deputación Provincial de Pontevedra, de FECOGA e da Federación de Círculos y Casinos de Galicia, e ofreceu concertos en toda Galicia. Obtivo o primeiro Premio do I Certame Coral de Noia (1989) e o Premio de Interpretación da I Mostra de Panxoliñas Xacobeo ‘93. Participou en varias edicións do Festival de Ópera da Coruña, interpretando coros de óperas (Marina, La Traviata, Fausto, etc) da autoría de, entre outros, Donizetti, Arrieta, Verdi, Massenet, Gounod e Pucini, acompañada da Sinfónica de Galicia e da Orquestra do Norte de Portugal,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de corpulento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Ramón Sobrino Buhigas publicada en 1935 polo Seminario de Estudos Galegos. Trátase dun inventario e dunha descrición dos gravados rupestres de Galicia acompañado de ilustracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento que implica a substitución dun termo por outro que expresa ou se refire ao mesmo concepto que o primeiro, evitando a súa repetición por cuestións de estilo. O feito de correferencia máis habitual é a substitución pronominal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario que saíu á luz en Bos Aires, fundado por Fortunato Cruces Angueira en 1898. Puido atravesar varias etapas, a primeira encabezada polo mesmo Cruces, e a segunda na que foi dirixido por Juan González Montenegro, entre 1899 e 1900.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Santiago de Compostela en 1865 subtitulada “Periódico literario, científico y artístico”. Nos seus artigos trataba temas de distintos ámbitos, como novas nacionais e internacionais ou crónicas locais. Tivo unha segunda etapa que comezou no ano 1900 baixo o subtítulo de “Diario independiente de avisos y noticias”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en 1870 en Ourense baixo o subtítulo de “Periódico democrático”. Dirixida por Xoán Manuel Paz Novoa, en 1873, cando chegou ao número 30, pasou a mans de Manuel de la Peña Rucabados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario bilingüe que saíu á luz en Bos Aires o 22 de marzo de 1908 co subtítulo de “Órgano de la colectividad gallega en la República Argentina. Es el periódico regional de mayor circulación en Sudamérica. Es el periódico español de mayor circulación en la Argentina y Uruguay”. Fundado por Fortunato Cruces, foi dirixido por José R. Lence desde os seus inicios ata que cesou en 1945. Entre os seus colaboradores figuran Manuel Casas, Basilio Álvarez, Xavier Bóveda, Ramón Mª del Valle-Inclán, Emilia Pardo Bazán, Eduardo Blanco Amor, Roberto Blanco Torres e Ramón Cabanillas. Recolleu, durante a ditadura de Primo de Rivera, artigos de contido político nos que se expoñían posturas galeguistas e republicanas; ademais, inseriu novas sobre as actividades das institucións de emigrantes. En 1945 pasou a denominarse Nuevo Correo e, máis adiante, converteuse no Faro de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Bos Aires o 3 de outubro de 1965, dirixida por Perfecto López Romero e pertencente a Ediciones Nós. Baixo o subtítulo de “El periódico para los 600.000 gallegos del Río de la Plata”, no seu primeiro número informaba sobre a lei do monumento a Castelao. Comezou a súa andaina como quincenario ata que pasou a ser mensual. Entre os colaboradores figuran Xerardo Álvarez Gallego, Víctor Luis Molinari, Isaac Díaz Pardo, R. Otero Pedrayo, Rodolfo Prada, Pura Vázquez, Celso Emilio Ferreiro, Carlos Casares e Darío Xohán Cabana. Á parte da información xeral sobre a situación política española e galega, contaba cunha sección, presente en todos os números, titulada “Ao servizo da patria dos galegos”, na que aparecen artigos e composicións literarias en galego. Destaca a estética da súa portada.

    VER O DETALLE DO TERMO