"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Xénero de mapaches da familia dos prociónidos de ata 1,5 m de lonxitude. Propio de finais do Plioceno, os seus hábitos e aspecto son semellantes ao panda xigante. Os xacementos principais están localizados en Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escultor. De formación autodidacta, comezou a expoñer en Vigo no ano 1971. Na súa produción pitórica, en óleo ou acuarela, interesouse pola temática da vida cotiá: paisaxes campestres (Vista do delta do Miño), motivos mariñeiros (Mariscadoras na Ría), e a relixiosidade popular a través das escenas de romarías ou retratos de santos e de familiares (Tarde de merenda). No eido escultórico destaca o seu interese polo tratamento da figura humana en diferentes soportes como a madeira, o barro ou a pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Presidente do PP local de Cangas e vicepresidente do mesmo partido na comarca de Pontevedra, foi alcalde de Cangas entre 1991 e 1995, e representante popular no concello dende 1987 ata 1999. Entre 1990 e 1991 foi parlamentario popular e membro da comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego. Deputado provincial na Deputación de Pontevedra entre 1991 e 1996, formou parte da comisión de economía. Foi senador na VI lexislatura (1996-2000) e deputado no Congreso de los Diputados dende o ano 2000; forma parte das comisións de administracións públicas, de medio ambiente e do estudo do problema das drogas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi un dos fundadores da Académie Française. Da súa produción destacan os seus traballos de crítica literaria como Sentiments de l’Académie sur le Cid (Sentimentos da Academia sobre o Cid, 1635) e o poema épico La pucelle (A doncela, 1656).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Traduciu a Homero, Hesíodo e Petrarca. Como poeta foi o precursor dos metafísicos, tal e como amosa en The Shadow of the Night (A sombra da noite, 1593). Publicou as comedias The Blind Beggar of Alexandria (O mendigo cego de Alexandría, 1598), All Fools (Todos parvos, 1605), The Window’s Tears (As bágoas da fiestra, 1612) e as traxedias Bussy d’Ambois (1607) e The Conspiracy and Tragedy of Charles Duke of Byron (A conspiración e traxedia de Carlos duque de Byron, 1608).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Traduciu a Homero, Hesíodo e Petrarca. Como poeta foi o precursor dos metafísicos, tal e como amosa en The Shadow of the Night (A sombra da noite, 1593). Publicou as comedias The Blind Beggar of Alexandria (O mendigo cego de Alexandría, 1598), All Fools (Todos parvos, 1605), The Window’s Tears (As bágoas da fiestra, 1612) e as traxedias Bussy d’Ambois (1607) e The Conspiracy and Tragedy of Charles Duke of Byron (A conspiración e traxedia de Carlos duque de Byron, 1608).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banda de música que toca principalmente instrumentos de vento e que está formada por músicos afeccionados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de corda, sen cordal, da familia das guitarras, con catro cordas dobres e a caixa curva. Nos seus países de orixe (Chile, Arxentina, Bolivia e Perú) utilízase, sobre todo, no acompañamento de danzas ou en conxuntos instrumentais. Tamén se emprega como instrumento solista coa adición dunha quinta dobre corda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e poeta. Viviu en Francia desde 1912, onde entrou en contacto co ambiente das primeiras vangardas artísticas. Influído pola visión cubista de Metzinger e Le Fauconnier, instalouse en Barcelona (1914-1918), onde coñeceu a obra de Picabia e realizou a exposición Art Ornamental na galería Dalmau, na que presentou obras de estilo abstracto. De volta a París aproximouse ás propostas estéticas dadaístas e colaborou en revistas como Pereroz Dadá. En 1927 coñeceu a Ozenfant e a súa pintura entrou nunha fase de reflexión antroposófica (Natureza morta con cunca branca, 1928), aínda que sen esquecer a inspiración dadaísta (Paisaxes elásticas, 1930). Nos anos corenta a súa obra caracterizouse pola idea do musicalismo marcado pola interpretación onírica das temáticas da música, do mar ou da auga: Tema musical (1942) e Sinfonía de Salmos de Stravinskij (1957). Da súa obra poética destacan títulos como Foute inmobile ou Le Ciel-Cloche (1919-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e explorador francés, fillo de Jean Martin Charcot. Dirixiu dúas expedicións ao Antártico nas que completou a cartografía desde o arquipélago de Palmer ata a illa Charcot (á que lle deu o seu nome). A primeira expedición realizouna entre 1903 e 1905 a bordo do Français, e a segunda de 1908 a 1910. Fixo investigacións, especialmente sobre o plancto, en Grenlandia, no Atlántico Norte e no Mediterráneo. Morreu ao naufragar o seu barco diante das costas de Islandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurólogo. Creador da clínica de neuroloxía e profesor de anatomía patolóxica no hospital de La Salpêtrière, en París. Describiu un gran número de enfermidades do sistema nervioso, entre elas a esclerose lateral amiotrófica ou enfermidade de Charcot. Foi un dos primeiros en considerar o histerismo (que tratou por medio da hipnose) como unha afección psíquica. Os seus traballos puxeron a Freud no camiño dos seus descubrimentos psicanalíticos. Entre as súas obras cómpre destacar Leçons sur les maladies des vieillards et les maladies chroniques (Leccións sobre as enfermidades dos anciáns e as enfermidades crónicas, 1867), Leçons sur les maladies du système nerveux faites à La Salpêtrière (Leccións sobre as enfermidades do sistema nervioso realizadas en La Salpêtrière, 1873) e Clinique des maladies du système nerveux (Clínico das enfermidades do sistema nervioso, 1892-1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Iniciou a súa preparación artística no obradoiro do pintor Cazes, que lle inculcou a afección aos flamengos e aos holandeses. En 1728 ingresou na Académie Royale de Peinture et Sculpture, institución da que foi tesoureiro. Realizou, fundamentalmente, naturezas mortas nas que presenta os obxectos máis humildes cheos de interese e fascinación, e escenas de xénero nas que reflicte a vida da pequena burguesía parisina. Cara ao 1770 comezou a pintar ao pastel, técnica na que realizou un retrato da súa dona e dous autorretratos. Entre as súas obras destaca La Raie ouverte (A raia aberta, 1728), Dame cachetant une lettre (Muller selando unha carta, 1733) ou Le Jeune dessinateu (O debuxante novo). O seu fillo Jean-Baptiste Pierre Chardin (París 18.11.1731 - Venecia 1768?), tamén pintor, recibiu en 1754 o Grand Prix de Rome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista e litógrafo. A finais do s XIX dirixiu a Asociación Tipográfica e a Federación Local de Trabajadores (FLT) en Pontevedra. Foi membro da Agrupación Socialista local (1897-1898) e integrou a todos os tipógrafos na UGT. Emigrou a Bos Aires, onde foi redactor do semanario anarquista El Rebelde, pero expulsárono por motivos ideolóxicos. No 1905 volveu a Pontevedra e participou no grupo anarquista local, enfrontado cos dirixentes socialistas. Na redacción do semanario republicano La Libertad contactou co lerrouxismo e chegou á secretaría do Partido Radical pontevedrés en 1909. Emprendeu campañas contra o caciquismo do Marqués de Riestra nas publicacións Germinal, de Vigo, e España Nueva, de Madrid, polo que foi enviado á cadea en 1912. Un ano despois marchou a Uruguay e continuou o seu labor de cronista en xornais locais e madrileños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave de 18 cm de lonxitude que se caracteriza por presentar o macho unha plumaxe xeral negra, agás a mitra e a parte superior das alas que teñen unha cor branca, e a caluga de cor amarela. A femia é de cor castaña con riscas máis escuras e coa gorxa e o peito brancos. Aliméntase principalmente de sementes, polo que pode afectar localmente a cultivos como o do arroz. É unha especie bulleira que se despraza en grandes bandos. Aniña nas praderías norteamericanas e pasa o inverno nas pampas sudamericanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que fala moito.

    2. Persoa que promete cousas irrealizables ou cousas en favor de alguén e que non vai cumprir. Ex: Os máis dos políticos son uns charlatáns.

    3. endedor, normalmente ambulante, que pregoa as calidades das súas mercadorías berrando moito. Ex: Hai tempo que non vexo polo lugar ningún charlatán dos que viñan antes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de charlatanear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falar moito e sobre asuntos sen transcendencia. Ex: Sempre os vexo charlataneando diante da taberna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de charlatán. Ex: É sorprendente a súa charlatanería, se a atopas fortuitamente non te deixa tranquilo.

    2. Cousas que di un charlatán, falsas ou carentes de valor. Ex: Xa estamos afeitos ás súas charlatanerías, pero nunca cumpre nada do que di.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Foi o primeiro en utilizar o hidróxeno nos aeróstatos. Preparou cos irmáns Robert un globo propulsado por hidróxeno que se elevou nas Tullerías en agosto do 1783. Máis tarde, xunto con N. L. Robert, efectuou a segunda ascensión tripulada, e en 1785 ingresou na Académie des Sciences. En 1787 descubriu a relación entre a temperatura e o volume dun gas, pero non publicou os resultados, e en 1802 Gay-Lussac formulou esta lei (que leva o seu nome) de forma independente. Inventou diversos instrumentos ópticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor occitano. Convencido das teses de Mistral, foi teórico do rexionalismo e fundador da Fédération Régionaliste Française. É autor de Le Régionalisme (O rexionalismo, 1911) e Qu’est-ce c’est que le régionalisme? (Que é o rexionalismo?, 1936).

    VER O DETALLE DO TERMO