"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Doutrina filosófica que se desenvolveu entre os ss II e IV. Na súa historia distínguense tres épocas: a romana, representada por Plotino e Porfirio; a siria, por Xuliano o Apóstata, e a ateniense, por Proclo e Damascio. Plotino, considerado o fundador da escola, estruturou un pensamento que era asemade unha prolongación do platonismo e unha creación autenticamente súa. Representou o punto máis alto da elaboración do pensamento filosófico-relixioso do momento, segundo o que todo provén de Deus e todo torna a El gradualmente. O afastamento do Un e da simplicidade absoluta supón unha degradación cara ás sombras. Este proceso componse de tres graos: o Intelecto, a Alma universal e o mundo corpóreo que se caracteriza polas tebras e o mal absoluto. A materia é o último grao do descenso, pero representa a un tempo o inicio do retorno, posto que a alma constitúe o ser verdadeiro de todo o que vive, tendo por natureza a unidade superior da que provén. No caso de que, ferida de orgullo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade do Protozoico con categoría de eratema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Neoprotozoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe mítico grego, fillo de Aquiles e de Deidamía, tamén coñecido como Pirro. Participou na Guerra de Troia e matou a Príamo. Tras a guerra, recibiu como escrava a Andrómaca, viúva de Héitor, á que mantivo como a súa concubina, casou con Hermíone, filla de Menelao e Helena, e fundou o reino de Epiro. Foi asasinado en Delfos por Orestes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Epiro (373 a C-357 a C), fillo e sucesor de Alcetes I. Unha das súas fillas era Olimpia, nai de Alexandre o Grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Epiro, neto de Alexandre I de Grecia. Despois de que Eácides lle arrebatara o poder, á súa morte compartiu o reinado co sucesor, Pirro, quen o asasinou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de deformacións que afectan a un oróxeno xa formado e que consisten, basicamente, en fracturas verticais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente filosófica desenvolvida na segunda metade do s XIX, que supuxo unha renovación dentro do tomismo e que tomou pulo como parte da neoescolástica. Foi impulsada por León XIII, que pretendía convertela no punto de partida da renovación intelectual da Igrexa Católica. Os primeiros defensores desta renovación foron pensadores próximos aos xesuítas como M. Liberatore e J. Kleutgen. No s XX destacou E. Gilson.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neotomismo.

    2. Seguidor do neotomismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forza electromotriz creada nun medio cando un fluxo calorífico atravesa perpendicularmente as liñas de forza dun campo magnético. Esta forza, denominada tamén termoelectromotriz, ten unha dirección perpendicular ao plano formado polo fluxo calorífico e o campo magnético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Seguidor de Vecchietta, traballou preferentemente en Siena, onde ata 1475 pintou asociado co F. di Giorgio Martini. O tema case único da súa produción foi a Virxe co Neno. Como escultor fixo un San Bernardino en Borgo a Mozzano, e unha Santa Caterina no oratorio da santa, en Siena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos minerais do grupo dos silicatos caracterizados polo feito de ter unha estrutura en que os tetraedros de SiO4 se dispoñen individualmente e só están ligados entre eles por catións. Os nesosilicatos presentan un empaquetado denso que lles confire moita densidade e dureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Albarellos (Lalín). O seu cumio acada os 738 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no nome persoal grego Néstor (Νέστωρ), probablemente forma abreviada de Eunéstor ‘o que regresa felizmente’, composto de eu ‘ben’ e nóstos ‘regreso, retorno’. A súa festividade celébrase o 26 de febreiro (o de Panfilia), o 4 de marzo (o do Quersoneso) e o 27 de outubro (o gladiador e mailo de Kiev).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asteroide número 659 do catálogo. É de magnitude 16,3 e pertence ao grupo dos troianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía grega, rei de Pilos e fillo de Neleo e Cloris. Escapou á matanza dos seus once irmáns, levada a cabo por Heracles. Na Ilíada aparece como un ancián que destaca sempre pola súa prudencia no falar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista e monxe ucraíno. Escribiu varias haxiografías, das que destaca o Paterikon. Atribúenselle os primeiros anais rusos, coñecidos como Crónica de Néstor, que comprenden os anos 858-1106.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - 250) Mártir. Foi bispo en Panfilia (actual Turquía) e morreu crucificado durante a persecución de Decio. A súa festividade celébrase o 26 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Quersoneso, actual Crimea? - ?) Mártir. Morreu xunto con outros 8 mártires. A súa festividade celébrase o 4 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Coñecido como o gladiador, obrigárono a loitar no circo fronte a un coñecido gladiador e venceuno. O Emperador Marco Aurelio Valerio Maximiano mandouno decapitar por isto. A súa festividade celébrase o 27 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO