"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘carrexar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘carreteiro’.
-
PERSOEIRO
Militar e político chinés. Uniuse á loita revolucionaria de Sun Yat-sen, e trala súa morte en 1925 foi nomeado comandante en xefe do exército. En 1927 ocupou Nanjing e estableceuse na capital do Guomindang. O mesmo ano rompeu cos comunistas e ordenou as matanzas de Cantón e Xangai. En 1928 ocupou Pequín. En 1934, antes de ocuparse do perigo que supuña a invasión xaponesa, organizou unha ofensiva contra os comunistas e estes iniciaron a Longa Marcha cara a Yan’an. En 1937-1938, mentres os xaponeses ocupaban a costa desde Pequín ata Cantón, Chiang Kai-shek aceptou unha fronte unida cos comunistas e a axuda militar norteamericana. En 1944 produciuse a ruptura con Mao Zedong e en 1947 desencadeouse a guerra civil entre nacionalistas e comunistas. En 1949 Chiang Kai-shek refuxiouse, baixo protección norteamericana, na illa de Taiwán, onde estableceu un goberno nacionalista, recoñecido pola ONU ata 1971.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do changwat homónimo, Tailandia (170.397 h [1993]). É a principal cidade do norte de Tailandia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (20.107 km2; 1.534.074 h [1993]). A capital é Chiang Mai.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (11.678 km2; 1.241.865 h [estim 1993]). A capital é Chiang Rai (39119 h [1993]).
-
REXIÓNS
Rexión da provincia de Siena, na Toscana, Italia, ao leste dos montes homónimos, na que destaca o cultivo da vide. A produción máis importante é o viño tinto, seco, dunha cor vermella intensa e de gradación alcohólica entre 10,5° e 13°.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
iño tinto italiano procedente da zona de Chianti, na Toscana, de 12 a 14° de alcohol. Seco e de gusto a ameixa, lixeiramente amargo e acedo, elabórase coa uva sangiovese. Está presente en moitos mercados de exportación.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou fundamentalmente no N de Europa. Realizou a igrexa católica da Hofkirche en Dresde (1738) e os proxectos dunha das fachadas do palacio real de Varsovia (1740). En 1746 foi nomeado membro da Accademia de San Luca. Publicou un libro de gravados titulado Ornamenti diversi di porte e finestre (Diversos adornos de portas e ventás, 1743-1744) e publicou os folletos Plans, profils et façade de la nouvelle Eglise catholique à Dresde (Planos, seccións e fachada da nova igrexa católica de Dresde, 1740) e Sentimento sopra la pretesa riparazione nella cupola di San Pietro (Sentimento sobre a pretendida reparación da cúpula de San Pedro, 1742).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos cidadáns estadounidenses de orixe mexicana.
-
Cidadán dos EE UU de orixe mexicana.
-
Poboación dos EE UU orixinaria de México. Entraron ilegalmente no país nos anos sesenta para traballar na agricultura; sen embargo, axiña se instalaron nas grandes cidades dos EE UU, sobre todo en Los Angeles e Nova York. En 1963 César Chávez fundou a National Farm Workers Association, un sindicato de traballadores agrarios que en 1966 se afiliou ao American Federation of Labor-Congress of Industrial Organisations (AFL-CIO), que conseguiu grandes resultados coas loitas polos dereitos dos braceiros. Os dereitos civís, sen embargo, comezaron a recoñecérselles na década dos noventa, cando o seu peso demográfico no conxunto da poboación estadounidense (ó redor do 20% da poboación), ocasionou que estes fosen obxecto de atención preferente do Republican Party.
-
Movemento teatral impulsado por un grupo de mozos mexicanos en solidariedade cos xornaleiros procedentes de México e residentes nos EE UU. Iniciado por César Chávez e Luis Valdez, realizaban pequenas intervencións de carácter político e reivindicativo a partir de breves accións escénicas baseadas na improvisación e na adecuación a cada situación e circunstancia conflitiva. Despois da creación do Teatro Campesino en 1965, naceron outras agrupacións como Teatro de la Gente (1967), Teatro de la Esperanza (1971) ou o Teatro Bilingüe (1972), ata conformar un movemento no que se chegaron a integrar máis de cen agrupacións escénicas. Malia que o seu número diminuíu na actualidade, estes colectivos aínda manteñen os seus obxectivos iniciais de educación e mobilización popular, coa organización de funcións e doutro tipo de actividades, amais da publicación de textos dramáticos.
-
-
PERSOEIRO
Navegante e aviador. En 1960 levou a termo en solitario a primeira travesía atlántica a vela (Plymouth - Nova York en 40 días). Tamén foi o primeiro en dar a volta ao mundo a vela en solitario (1966 -1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situada ao SL da cidade de Cádiz (53.001 h [1996]). Os seus recursos económicos son a pesca, as salinas e a agricultura. Centro comercial e industrial. Dentro do termo está o poboado turístico de Sancti-Petri e nel as ruínas do templo de Hércules. Dentro da cidade localízase a igrexa barroca de San Telmo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, de topografía accidentada pola Sierra de la Loma de Chiclana (1.679 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica francesa realizada en 1928. Foi dirixida por Luis Buñuel e Salvador Dalí e interpretada por Pierre Batcheff, Simone Mareuil, Jaume Miravitlles e os mesmos directores. Esta curtametraxe é unha sucesión de imaxes impactantes, como a que mostra a un home cunha navalla na man disposto a seccionar o ollo dunha muller ou a dun home vestido de monxa que persegue en bicicleta a unha rapaza con afán lascivo. Está considerada como unha obra mestra do surrealismo pola sucesión de imaxes sorprendentes que intentan reflectir a rapidez e inconexión do pensamento subconsciente.
-
FAMILIAS
Familia de mecenas italiana orixinaria de Siena. Localizada en Alemmano (1277), o nome provén dun neto deste, Chigio. En 1377 adquiriron o grao de nobreza sienesa e en 1509 engadiron o apelido de Della Rovere. Agostino Chigi o Magnífico (Siena 1465 - Roma 1520) banqueiro da corte dos papas, instalouse en Roma en 1485. Baixo a súa protección, Baldassare Peruzzi construíu a Villa Farnesina. Fabio Chigi (Siena 1599 - Roma 1667) accedeu ao solio pontificio co nome de Alexandre VII e formou a Biblioteca Chigiana, incluída na Vaticana. Fabio Chigi (Siena 1631-1693) e Segismondo Chigi (? 1649 - 1677) mandaron construír o palacio Chigi en Roma, no que traballaron Giacomo della Porta, Carlo Maderno e Felice della Greca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Folclorista norteamericano. Destacou polas recompilacións no campo da música e da poesía popular de Inglaterra e Escocia. A súa obra máis destacada é a recompilación The English and Scottish Popular Ballads (Baladas populares inglesas e escocesas, 1882-1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Mamífero primate do xénero Pan. Pode acadar, no caso dos machos, 1,70 m de altura e un peso de entre 50 e 80 kg, mentres que as femias son máis pequenas e non sobrepasan o 1,30 m. O pelame é abundante e negro, e ambos sexos presentan unha barba corta. A cabeza carece de crista saxital, as orellas sobresáenlles moito e son grandes, e os orificios nasais son pequenos. Posúen dentes grandes e na mesma fórmula dentaria ca no home. Todas as extremidades presentan o polgar opoñible e os brazos son longos, o que lle permite apoiar os cotobelos ao andar. Dedican máis de catro horas diarias a comer sementes e froitas, e unha ou dúas horas a alimentarse de follas tenras. Completan a dieta con flores, gromos, resinas e cortizas e, de cando en vez, rouban ovos e cazan crías de corpitecos, antílopes ou porcos bravos e non almacenan alimentos. Constrúen cada día un niño ou unha plataforma para pasar a noite. Acadan a idade adulta aos doce ou aos trece anos. A cría nace indefensa e durante os...
-
Primate de cara de cor negra e molares moi pequenos, que habita as selvas húmidas do centro de África, por baixo dos 1.500 m de altitude, entre os ríos Zaire e Kasai. Manteñen a actividade sexual durante todo o ano mesmo durante o embarazo e a lactancia; son frecuentes as cópulas frontais.
-
Primate de cara de cor rosada ou parda, que escurece coa idade. É propio das selvas húmidas, dos bosques caducifolios ou das sabanas do centro e do oeste de África por baixo dos 2.000 m de altitude. As femias, despois de ter unha cría, están entre tres e catro anos sen entrar en celo. O período sexual dura entre un e seis meses e remata cando queda preñada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico que se publicou en Vilagarcía de Arousa entre os anos 1908 e 1910.
-
-
-
Obxecto indeterminado.
-
Obxecto de pouco valor que non ten utilidade ou estorba.
-