"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • PERSOEIRO

    Dirixente obreiro. De profesión tipógrafo, fundou en Palma de Mallorca a Societat Tipogràfica de Mallorca que presidiu ata 1883, cando se trasladou a Barcelona. Militou no movemento socialista e foi un dos fundadores da Unión General de Trabajadores (UGT) e do Partido Socialista Obrero Español (PSOE).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Estudiou nas universidades de Columbia e Wisconsin. Traballou no Banco Interamericano de Desarrollo nos anos sesenta e foi alcalde de Quito (1970-1978). Presidiu o Banco Ecuatoriano Nacional de la Vivienda y Junta Nacional de la Vivienda. En 1992 accedeu á presidencia de Ecuador á fronte da Unión Republicana (UR). Emprendeu un programa económico neoliberal e austero, afrontou un conflito armado con Perú no Alto Amazonas e viuse afectado polo escándalo da apropiación de fondos do vicepresidente Alberto Dahik. Participou no IX Cumio do Grupo de Río (4 e 5 de setembro de 1995), onde os presidentes do hemisferio definiron o establecemento dunha área de libre comercio común para o 2005. En 1998 foi elixido deputado nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua pertencente á familia lingüística pama-nyungana do phylum australiano que se fala en Australia. Na súa morfoloxía nominal cómpre destacar o sistema ergativo, combinado cun sistema acusativo nos pronomes persoais, e un sistema de catro clases nominais (xéneros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das quenopodiáceas, ao que pertence o cogombro do demo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Avogado dos colexios oficiais de Madrid e València, foi deputado por Madrid en 1844 e por Pontevedra en 1867. Nomeado en abril de 1867 senador vitalicio, foi membro do Consello de Estado e vicepresidente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación. Escribiu Apuntes para una historia de la legislación española sobre imprenta desde 1840 al presente (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón (15.227 h [1996]). É a cabeceira e o centro económico da comarca agrícola de Las Bajas Cinco Villas. As principais actividades económicas son a agricultura, especialmente os cultivos de cereais, a industria agroalimentaria e a fabricación de maquinaria agrícola. De orixe ibérica, foille conquistada aos musulmáns por Afonso I de Aragón o Batallador (1106), quen lle concedeu a carta de poboamento. Foi escenario das loitas civís que precederon ao compromiso de Caspe. Alí tivo lugar a reconciliación entre Xoana Enríquez e Leonor de Navarra (1467). As tropas de Filipe V sitiárona durante a Guerra de Sucesión. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa románica de San Salvador e a de Santa María, de orixe románica e modificada no s XVII, declaradas Ben de Interese Cultural en 1931 e 1984 respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen embala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Empaquetar ou protexer convenientemente calquera tipo de material ou obxecto para que non sufra ningún deterioro.

    2. Golpear o fondo dunha embarcación ou a superficie da auga para asustar os peixes e provocar que se introduzan na rede.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que un vehículo ou móbil adquira velocidade.

    2. Incrementarse a velocidade dun móbil ou dunha actividade que se está a desenvolver.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de embalar.

    2. Caixa ou calquera envoltura coa que se embala un material ou un obxecto.

    3. Cantidade que custa a embalaxe dunha mercadoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de embaldosar.

    2. Acción de embaldosar.

    3. Piso revestido con baldosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pavimentar con baldosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de embalar para dirixir o peixe cara a rede.

    2. Pedra atada a un cabo coa que se bate na auga para que os peixes caian nas redes.

    3. Aparello de pesca semellante ao trasmallo que se compón dun só pano de malla pequena. Emprégase na pesca das xardas, agullas, xurelos, bogas e outras especies que nadan en augas próximas á superficie, preto da costa; estes quedan enganchados nas mallas ao trataren de atravesar a rede. Pódese calar a diferentes alturas segundo a profundidade á que naden os peixes que se desexan capturar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Ribadeo. As súas armas levan un barco pesqueiro sobre ondas de azul e prata. A esta caste pertencen tamén os Balo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen embalsama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de embalsamar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Evitar a putrefacción dos cadáveres inxectando nos seus vasos diferentes líquidos conservadores e enchendo ao mesmo tempo as súas cavidades con substancias olorosas e balsámicas. O que se pretende é evitar a multiplicación dos microbios, destruíndo os que estean presentes e impedindo a súa posterior contaminación, e a autólise dos sistemas enzimáticos do cadáver, para o que se empregan substancias coaguladoras das proteínas. Esta conservación dos mortos dunha maneira artificial xa se practicaba no antigo Exipto, baleirando as vísceras e enchendo o corpo con substancias pouco coñecidas como bálsamos ou resinas. O método de embalsamamento moderno máis habitual consiste en inxectar pola arteria carótide uns catro litros de líquido composto de formol, alcol etílico, auga destilada e hexametilenetetramina, uns dous litros pola arteria xeral, un litro en cada cavidade pleural e outro nas cavidades abdominal e cranial. Tamén existe un método de conservación temporal que consiste en poñer diversas...

    2. Encher de aromas balsámicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer medeiros na leira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de encabalgar.

    2. Aplícase ao verso que continúa o sentido do verso anterior cando se produce un encabalgamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de encabalgar.

    2. Recurso literario que consiste en crear un desacordo entre a unidade sintáctica e a unidade métrica, producido cando aquela continúa no verso seguinte ou seguintes. Pola súa extensión, pode ser suave ou abrupto, segundo a unidade de sentido se alongue ata o final do verso seguinte ou se deteña violentamente antes da súa metade; e pola súa estrutura, pode ser léxico (se corta unha palabra), sirremático (se separa un sirrema) ou oracional (se separa o antecedente da oración de relativo).

    VER O DETALLE DO TERMO