"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Escritora. Da súa produción destaca El cinturón traidor de Cuba y otros cuentos de invierno (1985), O vasalo da armadura de prata (1987), Arte de acecho (1990) e Feitura de lume (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xadrecista. En 1974 acadou o grao de mestra internacional de xadrez e en 1978 proclamouse campioa do mundo, título que mantivo ata 1988.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que estimula a cicatrización.

    2. Medicamento ou substancia que favorece a cicatrización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cicerón.

    2. Que ten semellanza ao estilo oratorio de Cicerón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia das ciclantáceas.

    2. Planta da familia das ciclantáceas.

    3. Única familia da orde das ciclantais, integrada por once xéneros e unhas 180 especies. Presentan aspecto de lianas ou de pequenas palmeiras de follas longamente pecioladas, con flores unisexuais dispostas alternativamente nunha espata simple e froitos bacciformes. Son plantas propias dos países intertropicais de América. Algunhas especies teñen interese por ser produtoras de látex, como a Cyclanthus bipartitus, ou polo uso das fibras foliares para elaborar tecidos, como a Carludovica palmata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á orde das ciclantais.

    2. Planta da orde das ciclantais.

    3. Orde de plantas da subclase das arécidas á que pertence, unicamente, a familia das ciclantáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor anónimo que realizou os frescos da igrexa alta de San Francisco en Asís contra o 1290 e que representan a vida deste santo. As pinturas atribuíronselle a Giotto di Bondone aínda que non corresponde co seu estilo; as tres últimas escenas atribúenselle ao mestre de Santa Cecilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compostos alicíclicos de fórmula xeral CnH2n. Teñen propiedades intermedias entre as dos alquenos e as dos alcanos, e aseméllanse máis a estes ao aumentar as dimensións do ciclo. Dan os mesmos tipos de derivados funcionais ca os alcanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo líquido soluble en alcohol e insoluble en auga, que ferve a 118°C. Tamén se coñece como suberano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cetona líquida con olor a menta que ferve a 179°C e que se aplica como intermediario de síntese. Tamén se coñece como suberona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo líquido que se obtén por hidroxenación catalítica do benceno e que ferve a 81°C. Emprégase como solvente e como materia prima para o nailon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cetona derivada do ciclohexano, obtida por deshidroxenación do ciclohexanol e empregada como disolvente e en síntese orgánica na obtención do ácido adípico, da caprolactona, do cloruro de polivinilo e dos seus copolímeros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gas empregado para anestesia humana desde o ano 1929, segundo a técnica do circuíto pechado e mesturado con osíxeno. O seu uso abandonouse por mor do perigo de explosión que comporta e pola aparición doutros produtos que o substitúen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Ourense. Ingresou de neno no mosteiro bernardo de Sobrado dos Monxes, onde tomou os hábitos; despois trasladouse ao colexio de San Bernardo de Salamanca. Licenciouse en Teoloxía na Universidade de Salamanca e acadou o grao de mestre (1692). Entre 1667 e 1670 exerceu como catedrático de Física nesta Universidade, en 1710 conseguiu a cátedra de san Anselmo e máis tarde a cátedra de Prima da universidade salmantina (1722). Foi, ademais, abade do colexio de San Bernardo de Salamanca e xeneral da súa congregación en Castela desde o ano 1724. En 1728 foi elixido bispo de Ourense, posto que desempeñou ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo. Doutor en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor no Colexio Universitario de Ourense (1979-1990) e, dende 1990, profesor de teoría e historia da educación na Universidade de Vigo. Foi director do Colexio Universitario de Ourense (1989-1990), vicedecano e decano da facultade de Humanidades e, dende 1998, vicerrector de Extensión Universitaria. En 1979 ingresou no Movemento Cooperativo da Escola Popular e, en 1983, contribuíu á fundación da Nova Escola Galega (NEG) baseada na pedagoxía de Célestin Freinet. Coordinou o suplemento pedagóxico “Na escola” (1988-1992) dos diarios La Región e Atlántico Diario, e promocionou as xornadas de educación para a paz (1985-1996), que intentou proxectar internacionalmente; unha síntese desta experiencia recóllese na obra Human Rights and values Education in Europe (Dereitos humanos e valores educativos en Europa). Dende a NEG promoveu a homenaxe aos mestres da ATEO, a Ferrer i Guàrdia, a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborou en diversas publicacións periódicas e dirixiu os xornais El Progreso, La Opinión Liberal e Álbum Literario. Publicou, entre outras obras: Leyendas, tradiciones y episodios históricos de Galicia (1891), El mejor juez es Dios (1887) e Biografía del insigne poeta gallego Manuel Curros Enríquez (1908). Editou tamén os traballos Tradición del tributo de las cien doncellas (1886) e Memoria sobre la crisis que en la actualidad sufre la industria pecuaria (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poeta. A súa obra encádrase na corrente socialrealista e nela recrea formas e temas da poesía popular. Publicou Mis pobres versos (1965) e Cantigas en gallego traducidas al castellano (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cidade ou aos seus habitantes.

    2. Membro da comunidade política constituída pola cidade ou o Estado con diversas obrigas, como as militares e impositivas, unidas ao dereito de participación efectiva na administración pública. As orixes deste termo remóntanse á cultura grega, á polis, na que o dereito a formar parte dese grupo de privilexiados se obtiña por nacemento. Nos primeiros tempos da cidade de Roma a condición de cidadán, cos seus dereitos inherentes, estaba limitada aos membros varóns das familias que constituían unha gens. Durante a República, o título de cidadán estendeuse a un grupo máis numeroso da poboación que, xunto cos tradicionais dereitos á patria potestas ou ó culto familiar, adquiriu o dereito e a obriga á defensa armada da comunidade e á participación na actividade pública. O cidadán opúñase aos outros habitantes (escravos, metecos, hospites) que non gozaban de dereitos políticos. No Imperio (212 d C) o termo baleirouse de contido e a cidadanía estendeuse...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición social e dereito adquirido por nacemento ou naturalización dun membro dunha comunidade política ou cidade, fronte aos demais individuos e aos poderes do Estado. É unha calidade persoal e intransferible que xera dereitos e deberes definidos e perde pola exclusión temporal ou definitiva da comunidade xurídica. A cidadanía asociouse á Revolución Francesa (s XVIII), que derrocou a monarquía e permitiu aos subditos liberarse da súa condición e converterse en cidadáns con dereitos e leis establecidas por eles mesmos. O proceso polo que a cidadanía adquiriu poder iniciouse coa proclamación dos dereitos fundamentais de habeas corpus no s XVIII e continuou coa lenta difusión do sufraxio político no s XIX. No s XX a extensión dos dereitos sociais ás pensións, sanidade e educación completaron a definición de cidadanía moderna. As novas teorías definen a cidadanía como unha loita entre o sistema de clases sociais e os dereitos dos cidadáns, na que o sistema de clases emprega o mercado...

      1. Relación entre un home libre e unha comunidade política ou Estado, na que o individuo ten obrigas e responsabilidades co Estado e a cambio adquire dereitos políticos plenos, que inclúen a participación na vida política e nos cargos públicos, e o dereito á protección. O concepto de cidadanía xurdiu nas cidades estado da antiga Grecia, onde se aplicou aos individuos posuidores de propiedades pero non ás mulleres, aos escravos ou aos membros máis pobres da comunidade, e supuña o dereito de voto e as obrigas de pagar impostos e prestar servizo militar. En Roma o título de cidadanía empregouse para distinguir os habitantes da cidade dos individuos dos pobos conquistados polos romanos e implicaba a posesión do dereito de voto nas asembleas (ius suffragii), do dereito para exercer cargos públicos (ius honorum), do dereito para contraer matrimonio (ius connubii) e do dereito para a posesión de bens patrimoniais (ius commercii). Os criterios que determinaban a...

      2. carta de cidadanía

        Documento que durante a Baixa Idade Media permitía ao forasteiro dunha cidade adquirir a condición de cidadán, con todas as vantaxes e obrigas correspondentes. O solicitante debía cumprir uns requisitos mínimos, entre eles, residir na cidade un ano e un día, ter casa aberta, contribuír coas cargas municipais e estar libre dos dereitos feudais.

    2. Conxunto de cidadáns dun lugar. Ex: A cidadanía expresou a súa repulsa polos últimos actos vandálicos.

    3. Comportamento do bo cidadán consistente na observación das leis de convivencia establecidas nunha sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cidade do Vaticano.

    VER O DETALLE DO TERMO