"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Aplícase ao escrito con que se dedica unha obra ou en que se nomea a alguén herdeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Inglaterra, situada en Warwickshire, Reino Unido (118.340 h [1999]). Ten unha tradición de séculos na actividade mineira do carbón, completada pola explotación de depósitos de arxila. Conserva un mosteiro do s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi secretario xeral técnico da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (1991) e secretario xeral do Servizo Galego de Saúde. Foi secretario xeral de Asistencia Sanitaria do Ministerio de Sanidade e Consumo (1992-1996). En 1996 trasladouse a Madrid para formar parte do goberno de José María Aznar, co que desempeñou os cargos de presidente executivo do Insalud (1996-2000) e presidente de Correos e Telégrafos SA (2000-2003). En 2003 volveu a Galicia e foi nomeado conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e en 2004 vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia. Despois da retirada de Manuel Fraga, é elixido presidente do PPdeG no seu XIII Congreso (2006). No ano 2009 gañou as eleccións ao parlamento autonómico e converteuse en presidente da Xunta de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e profesor. Foi director xeral de ensino medio da Consellería de Educación (1987-1988) e, en 1988, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria. Promoveu a Lei de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia (LOSUGA) pola que se crearon as universidades da Coruña e Vigo. Desde 1990 ocupou diversos cargos directivos no Grupo San José.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi secretario xeral de Caixa Rural de Ourense e de Coren-Uteco. Cofundou a Acción Política Orensana, integrada en UCD, e Centristas de Galicia (1985), que formou parte do PP a partir de 1991. Foi conselleiro sen carteira na Xunta Preautonómica de Galicia (1979-1981), presidente da Deputación Provincial de Ourense (1979-1990), senador electo por Ourense (1986-1990 e 1997-2000) e deputado por Ourense (1989-2000). Presidiu o Parlamento de Galicia (1990-1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Dedicado ao xornalismo, colaborou nas publicacións da época e defendeu as súas ideas liberais desde as páxinas de La Voz de Galicia, El Telegrama e a revista Galicia. Da súa produción destacan Historia de la escritura (1886), El regionalismo y la obcecación (1887), Documentos inéditos de la Villa del Caramiñal (1888), Antigüedades de Noya (1888), En las orillas del Esla (1895), Costanza (1895) e La cruz de la espada (1898). Recibiu diversos premios e foi membro honorario de moitas colectividades. Foi condecorado coa Cruz Roja de primera clase del Mérito Militar e foi nomeado cabaleiro da Orden de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Traballou en Santiago de Compostela a comezos do s XIX. Adquiriulle os obradoiros a Antonio Rey e, aínda que apenas se coñecen obras del, parece que editou coplas e libros devotos como a Vida de S. Ysidro Labrador, anónima. Despois da súa morte, a imprenta pasou a mans do seu fillo Ramón Núñez Espinosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador probablemente galego. Cabaleiro de condición, pertenceu á corte castelá de Afonso X o Sabio. Da súa produción, localizada nos cancioneiros da Biblioteca Vaticana, da Ajuda e da Biblioteca Nacional, consérvanse 22 textos, trece cantigas de amor, tituladas “Ay eu! de min e que será?”, “Ay mia senhor, u non jaz al”, “Am eu tan muito mia senhor”, “Assi me traj ora coitad Amor”, “Ir-vus queredes, mia senhor”, “Ora veg eu que me non fará ben” (fragmento), “Por Deus, senhor, en gran coita serei”, “Pois naci nunca vi Amor”, “Preguntan-me por quê ando sandeu”, “Quando mi-agora for e mi alongar”, “Que ben que m eu sei encobrir”, “Que prol vus á vos, mia senhor” e “Quer eu a Deus rogar de coraçon”; oito cantigas de amigo,   “Ai, madr , o meu amigo, que non vi”, “Aqui vej eu, filha, o voss amigo”, “Dizede-m ora, filha, por santa Maria”, “Foi-s un dia meu amigo d aqui”, Levad , amigo, que dormides as manhãas frias”, “Que coita tamanha ei a sofrer”, “Trist anda, mia madr(e), o meu amigo” e “Vi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín ruso. En 1955 ingresou na escola de ballet do teatro Kirov de Leningrado e anos despois converteuse no primeiro bailarín da compañía. En 1961 exiliouse da URSS e adoptou a nacionalidade británica (1962), e posteriormente a austríaca (1982). Membro do Royal Ballet of London (1962), actuou por todo o mundo coa súa parella Margot Fonteyn. Dotado dunhas calidades excepcionais e cunhas dotes interpretativas moi líricas, está considerado como un dos mellores bailaríns de todos os tempos. Foi director do Ballet de l’Opéra de París (1983-1989) e das súas producións destacan O lago dos cisnes (1964) e Manfred (1977). Protagonizou varias películas, como   Don Quijote (1973) e Exposed (1983). Recibiu o Premio Nijinski (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de nutrir ou nutrirse.

    2. nutriente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tubo pequeno construído sobre unha base cerámica, con electrodos pequenos cilíndricos e unha cuberta exterior metálica. A causa das pequenas capacidades que posúe entre os electrodos, emprégase para frecuencias moi elevadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio convocado pola Agrupación Cultural O Facho desde 1969, co obxectivo de promover a creación de literatura infantil en galego. A primeira edición destes premios foi gañada por Carlos Casares con A Galiña azul (1969), e desde aquela resultaron merecedores do premio autores como Concha Blanco (A vaca titiriteira, 1991) ou Cristina Cubeiro Becerra (Litografía marela, 1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación, en notación musical, que sinala que unha parte da obra é esencial e non debe ser omitida. É o termo oposto ao ad libitum.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falecemento dunha persoa.

    2. Misa de funerais ou de aniversario en sufraxio dun defunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen se ofrecía a unha comunidade relixiosa en calidade de servo, sacrificando a súa liberdade ou os seus bens para a salvación da súa alma.

    2. Aplícase ao soldado, xeralmente impedido, que era recollido e mantido por unha comunidade relixiosa de padroado real.

    3. Aplícase ao rapaz ofrecido polos pais a un mosteiro para consagralo a Deus ou para que fose educado no mosteiro, na Idade Media. Máis tarde aplicouse o termo aos laicos que habitaban nun mosteiro ou que tiñan relación con el.

      1. Relativo ou pertencente ás congregacións relixiosas dos oblatos.

      2. Membro da Congregación de San Francisco de Sales. Foi fundada por María de Sales Chappuis, inicialmente como unha congregación feminina pero en 1874 Luis Brisson creou a masculina. A súa función principal centrouse na educación e no coidado espiritual da xuventude obreira.

      3. Membro da Congregación de Oblatos de María Inmaculada, fundada en Marsella en 1816. Dedicouse especialmente ás actividades misioneiras en América do Norte, África, Asia e Oceanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ugandés. Líder do Uganda People’s Congress, foi presidente de Uganda (1966), despois de protagonizar un golpe de estado que aboliu a monarquía e estableceu un réxime unitario e non parlamentario. Foi deposto (1971) por Idi Amin Dada e exiliouse en Tanzania ata 1980, cando volveu a Uganda. Reelixido presidente do estado (1980), outro golpe de estado depúxoo en 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto fundado en 1970 en Santiago de Compostela, que ascendeu á División de Honor en 1982. Anos despois de perder a categoría, entrou nun conflito xudicial coa ACB (Asociación de Clubs de Baloncesto) polo feito de reclamar a aliñación indebida dun xogador rival na eliminatoria de ascenso. Despois de varios anos de litixio, a entidade desapareceu como estamento deportivo e só existe como nome xurídico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de obrigatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que obriga ou implica obrigación.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Lugar axeitado para facer observacións.

      2. observatorio astronómico

        Lugar desde o que se observan os astros, se determinan os movementos e se estudan as súas propiedades. Os primeiros observatorios dos que se teñen referencia histórica foron construídos por Nemrod en Mesopotamia, hai 2.500 anos, e consistían en grandes pirámides. O mesmo tipo de edificacións foron construídas séculos máis tarde en China e en América do Sur. Os aparatos que había nos primitivos observatorios eran moi simples: a clepsidra, o gnomon e a frecha astronómica ou bésta, que servía para medir a altura dun astro sobre o horizonte e para medir a distancia angular entre dous astros. Nos observatorios da época grega utilizouse tamén a armila, o cuadrante, o astrolabio e a regra paraláctica, que se empregou ata finais do s XV. Os árabes construíron diversos observatorios, entre os que destacou o de Samarcanda (s XV), que serviron para establecer un importante catálogo de estrelas. En Europa os primeiros observatorios importantes non se construíron ata finais do s XV. Cara a 1471 Johann...

      3. observatorio meteorolóxico

        estación meteorolóxica.

    1. Lugar apto para a observación a distancia dun sector. Adaptados de acordo coa función para os que se designan, sempre conteñen material óptico e topográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO