"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade fundada en 1989. Os seus fins son a promoción das actividades empresariais dos seus membros. Realiza conferencias, cursos, seminarios, reunións de traballo, entre outras actividades de carácter recreativo e social. Presidido por Salustiano Carro Páramo e dirixido por José Cantorna Agra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade de carácter empresarial fundada en 1993. Naceu co obxectivo de reunir os empresarios do Sur de Galicia nun foro empresarial que reafirmase o liderado de Vigo no desenvolvemento industrial de Galicia e do Norte de Portugal, e que promovese a colaboración entre os empresarios e o impulso da cultura empresarial. Entre outras actividades realiza conferencias, mesas redondas e coloquios sobre temas económicos e empresariais. Presidido por José Manuel Fernández Alvariño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade deportiva dedicada ao alpinismo e ás actividades na natureza en xeral. Fundouse en Vigo o 2 de febreiro de 1942, como resultado da fusión do Centro Excursionista de Galicia e a Peña Excursionista Viguesa, no seo do Real Club Celta de Vigo, do que se constituíu en sección. En 1952 adquiriu plena personalidade xurídica e adoptou a súa denominación actual. Os seus alpinistas participaron en escaladas a cumios dos cinco continentes. Mantén, entre outras, seccións de espeleoloxía e de actividades subacuáticas. O club recibiu diversas distincións, tanto de autoridades deportivas coma de asociacións de prensa especializada; entre elas destaca o máximo galardón que en tres ocasións lle concedeu a Federación Española de Montañismo.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en Vigo en 1955 co subtítulo de “Boletín de Información Social”. Incluía información sobre as actividades do propio club e as súas delegacións, intercalada con algún artigo. Contiña as seccións: “Vida del Club”, “Voz de nuestras secciones”, “Sección escalada”, “Nuestras delegaciones trabajan” ou “Notas sociales”. Entre os colaboradores aparecen Rogelio de la Granja, Antonio Veiga, Berenguer e Manuel Puente. Posteriormente, nunha segunda época, Constancio Vega encargouse da dirección do boletín que continuou na mesma liña temática.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación teatral creada en Madrid arredor de 1933 por Pura Ucelay e María Martínez Sierra, integrantes da Asociación Feminina de Cultura Cívica. O club naceu co obxectivo de promover a posta en escena de La zapatera prodigiosa de Federico García Lorca, pero ao pouco tempo o colectivo decidiu iniciar unha andaina en solitario e desenvolver un interesante programa orientado á renovación da escena madrileña, con Lorca como director de escena. Entre os espectáculos máis celebrados figura Peribáñez, a partir da obra de Lope de Vega, Peribáñez y el Comendador de Ocaña, e tamén hai que destacar os traballos preparatorios do espectáculo Así que pasen cinco años, sobre un texto do propio García Lorca, proposta que non se estreou.
-
PERSOEIRO
Director de orquestra. Nacionalizado francés, en 1944 dirixiu a orquestra da Ópera de París. Destacou como intérprete de Wagner e foi o primeiro director francés en Bayreuth.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Escocia sobre o río Clyde. Trátase dun importante porto fluvial situado preto de Glasgow (49.650 h [estim 1995]). A base da súa economía é a industria, na que destacan os estaleiros, a metalurxia e as fábricas de cemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Plancto propio das augas pouco iluminadas, que se atopa a unha profundidade que oscila entre os 30 e os 500 metros.
-
-
Que ou quen coadxuva.
-
Que coopera na acción doutros axentes.
-
Persoa que intervén nun proceso xudicial, sen ser chamado inicialmente como parte demandante ou demandada, e que ten un dereito ou interese lexítimo que poden resultar afectados pola sentencia.
-
Fármaco que contribúe, nunha prescrición, á eficacia do medicamento principal.
-
Substancia útil na elaboración de praguicidas, tales como tensoactivos, fluidificantes, estabilizantes e outros que teñen a capacidade de modificar axeitadamente as propiedades físicas e químicas das materias activas. Hainos de tres clases: os coadxuvantes activos, que amplifican a actividade biocida da materia activa, os coadxuvantes que reducen as perdas de produto na aplicación, debidas ao vento, á chuvia, etc, e os coadxuvantes de comodidade, que producen rendementos maiores na manipulación dos produtos. Tamén están os emulsionantes, os dispersantes, os estabilizantes e os colorantes que evitan a confusión con produtos alimentarios.
-
Substancia ou materia que non se consome como ingrediente alimentario por ela mesma e que se emprega na elaboración das materias primas, alimentos ou os seus ingredientes.
-
-
-
coagulador.
-
Fármaco que provoca ou acelera a coagulación do sangue extravasado. Os coagulantes máis empregados son a vitamina K, os sales de calcio e a auga osixenada, entre outros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política creada en 1993 trala agrupación de diversas forzas non centralistas e de signo nacionalista ou autonomista de Canarias. Os partidos fundadores foron: Agrupaciones Independientes de Canarias (AIC), que é o partido con maior presenza no Parlamento de Canarias; Iniciativa por Canarias (ICAN), que representa o nacionalismo de esquerdas dende a transición; Centro Nacionalista Canario (CNN), que é o resultado da evolución cara a posicións nacionalistas do antigo Centro Democrático Social; Asamblea Majorera (AM), que é partido maioritario na illa de Fuerteventura; e o minoritario PNL. No seu primeiro congreso, celebrado en Santa Cruz de Tenerife en 1999, resultou elixido presidente Paulino Rivero Baute. Así mesmo, decidiuse que no segundo congreso, antes do verán do 2002, se modificase a estrutura da formación para convertela en partido único. Ostenta o goberno canario dende 1993 (ata o ano 2000 co apoio do Partido Popular), ocupa o goberno de tres dos sete cabidos insulares...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que se editou en Vigo de marzo a novembro de 1886. Dirixida por Delio Fernández Chao, defendeu os intereses dos republicanos e dos coalicionistas, de acordo coa ideoloxía do novo partido democrático progresista de Ruiz Zorrilla e Salmerón. A redacción estaba ao cargo de A. Bernárdez Rodríguez e L. A. Mestre, e entre os colaboradores figuraban Eduardo Chao, Teófilo Braga ou Nicolás Salmerón. As súas seccións eran “Vigo Marítimo y Comercial”, “Tiroteos”, “Al vuelo”, “Variedades” e “Nuestro Telegrama”. Nas súas editoriais onde abordaban temas de interese local ou xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Orificio posterior da cavidade nasal que presentan os tetrápodos, especialmente os crosopterixios, e que pon en comunicación aquela cavidade coa bucal.
-
MUNICIPIOS
Municipio do Principado de Asturias, situado no val do río Navia (3.846 h [1996]). A economía baséase principalmente na agricultura, na gandería (vacúa) e na pesca. Dentro do termo está o castro de Coaña, ocupado no s I e despoboado ao longo do s II. Caracterízase polas súas casas de forma redonda ou ovada, cubertas por un tellado cónico de palla. Agrupábanse formando pequenos barrios e todas abrían as súas portas cara ao mesmo lugar. Consérvase a acrópole, na parte superior do castro, e restos das termas e das murallas. No concello está tamén o castro de Mohias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe establecida en Lugo que emprega as formas Coaño, Coañar e Acoañar. As súas armas levan, sobre campo de azul, un coaño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
asoira de xestas ou ramallos, empregada para varrer e xuntar os coaños que quedan na eira despois de mallar os cereais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Limpar a palla miúda cunha cañeira aventando os restos de pallas ou de espigas miúdas que quedan entre os cereais despois de mallar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coaña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba anual, glabra, de ata 50 cm de altura, algo fétida, con follas compostas, as superiores cos folíolos lineares, e flores brancas dispostas en umbelas. Os froitos secos son aromáticos e empréganse como condimento e na fabricación de licores. É semellante ao pirixel, aínda que resulta máis intenso e penetrante. As variedades máis apreciadas son a rusa e a marroquí. Emprégase na elaboración de embutidos e na condimentación de carnes, sopas, salsas, etc, así como aromatizante de determinadas bebidas alcohólicas. Moi usado nas cociñas india e chinesa, utilizábana os gregos e os romanos para a elaboración do pan e é unha das herbas amargas que consumían os xudeus durante a Pascua. Dos froitos maduros e das sementes da mesma planta obtense un aceite esencial doce e aromático, que se usa como saborizante.
-
-
coañadeira.
-
Feixe feito con coaños ou con palla. Ex: Puxeron unha coañeira na cima do palleiro.
-
Lugar escollido para a limpeza dos cereais despois de seren mallados.
-