Club Montañeros Celtas
Club Montañeros Celtas
Sociedade deportiva dedicada ao alpinismo e ás actividades na natureza en xeral. Fundouse en Vigo o 2 de febreiro de 1942, como resultado da fusión do Centro Excursionista de Galicia e a Peña Excursionista Viguesa, no seo do Real Club Celta de Vigo, do que se constituíu en sección. En 1952 adquiriu plena personalidade xurídica e adoptou a súa denominación actual. Os seus alpinistas participaron en escaladas a cumios dos cinco continentes. Mantén, entre outras, seccións de espeleoloxía e de actividades subacuáticas. O club recibiu diversas distincións, tanto de autoridades deportivas coma de asociacións de prensa especializada; entre elas destaca o máximo galardón que en tres ocasións lle concedeu a Federación Española de Montañismo.