"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Anacos de palla e espigas baleiras que aparecen no medio dalgúns cereais despois de mallar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘funil’. Ex: coanocito, coanoflaxelado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das células típicas das esponxas que forman o endoderma. Son troncocónicas e están provistas dun longo flaxelo, rodeado na base dun colar de lanuxe microscópica, que forma un mecanismo de filtración. A función dos coanocitos é a de capturar as partículas nutritivas e dixerilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos coanoflaxelados.

    2. Protozoo da orde dos coanoflaxelados.

    3. Orde de organismos unicelulares flaxelados que viven fixados por un pedúnculo ou reunidos en colonias. Caracterízanse pola presenza dun colar citoplasmático que envolve a base do seu flaxelo único. As especies máis primitivas, do xénero Stylochromonas, teñen dous plastos de cor apardazada, aínda que a maioría das restantes especies os perderon e son fagotróficas (capturan sobre todo bacterias).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fento de rizomas serpeantes e frondes de ata 40 cm, bipinnatisectas, cos segmentos flabeliformes ou cuneiformes, cos soros protexidos nuns lóbulos na punta das frondes e cos pecíolos negros e lustrosos. É moi común en rochas e muros húmidos, e empregouse en xaropes e tisanas para aproveitar as súas propiedades expectorantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cordilleira da Costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi un dos animadores máis excéntricos da vida cultural de Ourense, cidade na que traballaba como agrimensor. Inventou unha lingua literaria para o seu uso persoal, o “trampitán”, no que escribiu a ópera La trampitana (1895). Publicou obras didácticas como Avisos al labrador. Principales nociones de agricultura (1867), e Desengaño. Obra moral y en verso contra el crimen (1880), e varias obras dramáticas, Guerra en Melilla (1888), Juanita y Juan (1890) e La Fidelidad (1897). En galego deixou inédita a zarzuela La Galiciana e a ópera María Pita (1863). Consérvase tamén o folleto Poesías, que presentou ao certame poético de Ourense de 1877.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Remeiro olímpico. Proclamouse campión de España en 12 ocasións e participou nos Xogos Olímpicos de Roma 1960 na especialidade de catro con temoneiro. Unha vez retirado, converteuse en xuíz-árbitro e como tal participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Foi unha das figuras máis destacadas do teatro castelán posromántico e naturalista. Debutou en Madrid en 1891. Actuou con Emilio Mario, Ricardo Calvo, Enric Borrás e outros, e formou unha compañía co seu home, o dramaturgo Federico Oliver.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe asturiana natural de Colunga que emprega tamén a forma Covián. Pasou a Galicia e asentouse en Pontevedra e Padrón. As súas armas levan escudo cortado: a primeira partición, en campo de ouro, cun monllo de ortigas de sinople; a segunda partición, en campo de sinople, cun castelo de ouro, cachotería de sable e, na súa entrada, un cabaleiro armado de prata, superado dun escudiño con nove puntos equipolados, cinco de ouro e catro de sable; bordo de goles, coa lenda en letras de sable: “Quien quiso quitar el oro a las armas de Cobián, pague las costas porque non se las perdonarán”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurisconsulto e político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu a carreira xudicial ata ser elixido deputado pola Cañiza en 1886. Reelixido deputado por Xinzo de Limia e senador por Pontevedra, conseguiu a acta de deputado por Tenerife no ano 1910. Foi nomeado ministro da Mariña en 1905 e ministro de Facenda en 1910; durante a segunda etapa ministerial propuxo reformar o sistema tributario español a través dunha serie de proxectos relativos á contribución territorial, aos dereitos reais en sucesións hereditarias, ás cédulas persoais, aos transportes ou ao consumo. En abril do mesmo ano abandonou o cargo e foi designado gobernador do Banco de España. Foi vicepresidente do Consello de Estado, presidente da comisión de orzamentos e avogado da Casa Real. Escribiu Proyecto de Leyes de presupuestos generales del estado para el año económico de 1911 (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome da terceira estancia do Devoniano inferior que se corresponde co Emsiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Coblenciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifesto de Koblenz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Secretario de Carlos I. Membro da administración real desde os Reis Católicos, en 1517 foi nomeado secretario real por Chièvres e no 1518 encargouse da secretaría de Indias. Converteuse no principal administrador da Coroa de Castela en tempos de Carlos I. O rei concedeulle un dereito sobre a prata e o ouro extraídos das minas americanas, coñecido como o dereito de Cobos. En 1543 Carlos I nomeouno conselleiro do futuro Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cobrar, especialmente impostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo norteamericano. Desenvolveu case toda a súa actividade profesional en Inglaterra. Destacou fundamentalmente polos traballos que el denominou como vortografías, imaxes de aspecto abstracto obtidas coa axuda de tres espellos unidos en triángulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adición á cocaína provocada polo seu consumo habitual. Considérase que a partir de 0,3 cg a intoxicación con cocaína pode ser perigosa. A fase aguda ou de embriaguez ten tres períodos: de euforia (con sensación de malestar se non se está acostumado), de alucinacións (táctiles, auditivas e visuais) e de somnolencia. Os efectos posteriores son longos e molestos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen sofre adicción á cocaína.

    VER O DETALLE DO TERMO