"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Dismutación dos aldehidos non aldolizables, sen hidróxeno en α, en ácidos e alcois de idéntica lonxitude de cadea, nun medio fortemente alcalino. É unha reacción característica dos aldehidos aromáticos, descuberta en 1853 por S. Cannizzaro ao obter alcol bencílico e ácido benzoico a partir do benzaldehido. Cando se empregan dous aldehidos diferentes ten lugar a reacción de Canizzaro cruzada, como, por exemplo, a oxidación do formaldehido polo benzaldehido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disparar empregando un canón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disparar empregando un canón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘mentir’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de cantear.

    2. Cada un dos madeiros que se colocan desde o cabalete ata a viga que vai enriba da parede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Labrar os cantos dunha peza, especialmente na madeira ou na pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral, duque de Pópoli. Serviu no exército de Filipe IV de Castela en Flandres, onde era gobernador. Posteriormente exerceu como lugartenente xeneral de Catalunya (1644-1645), cando esta se levantou contra o monarca. Foi derrotado polas forzas francesas do conde de Harcourt en 1645 e destituído.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Entreter a alguén con evasivas e enganos.

    2. Superar con habilidade un compromiso, unha dificultade ou un traballo desagradable.

    3. Facerlle sinais a alguén desde lonxe coa intención de chamar a súa atención.

    4. Lidar coa capa unha res na arte da tauromaquia.

    5. Estar ou aguantar á capa, mantendo a embarcación parada, aínda con vento, para conseguir unha maior seguridade do barco en situacións de temporal.

    6. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ao significado ‘chamar a alguén’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mandar ou dirixir como capitán unha tropa.

      2. Mandar ou guiar un grupo de persoas, unha sublevación ou unha acción semellante.

    1. Actuar como capitán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer caracois un cabalo dando voltas nun espazo reducido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo teatral pertencente a un instituto de Ferrol, dirixido por Eva Campo e fundado en 1977. Foi un dos moitos grupos de teatro escolar galego que apareceron a mediados dos setenta. Desenvolveu sempre unha intensa actividade cultural e un importante labor no eido da normalización lingüística. Entre os seus espectáculos cómpre destacar Romance de Micomicón e Adhelala de Blanco Amor (1978), Entremés famoso sobre a pesca do río Miño de G. Feixó (1979) ou Os vellos non deben de namorarse de Castelao (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Título de cada un dos altos dignatarios eclesiásticos asistentes do papa. É o propio pontífice quen os escolle e comunica os nomes dos elixidos nun consistorio. Os cardeais teñen a misión de elixir o sucesor do papa trala súa morte, nun conclave convocado con este fin. A configuración do cardealado foi gradual: desde o s V os bispos das sete dioceses que rodeaban Roma (suburbicarías) exercían función na basílica de San Xoán de Letrán, onde foron “incardinados”; os presbíteros encargados das igrexas (tituli) romanas recibiron a denominación de cardeais, no s X, e de diáconos, no s XI. Esta é a orixe da estruturación do colexio cardinalicio en tres ordes: cardeais-bispos (bispos suburbicarios), cardeais-presbíteros e cardeais-diáconos. Os cardeais, que desde o pontificado de León IX (1048-1054) comezaran a exercer tarefas no goberno da Igrexa, substituíron practicamente os sínodos romanos. Estaban intimamente ligados á sé de Roma...

      1. Ave da familia dos frinxílidos de peteiro groso e contorno redondeado e con plumaxe, especialmente os machos, predominantemente de cores rubia, roxa ou rosada.

      2. cardeal común [port: dom-fafe; cast: camachuelo común; ingl: bullfinch]

        [Pyrrhula pyrrhula, Fam dos frinxílidos] Cardeal de ata 15,5 cm, coa cara anterior e a caparucha negras, peito roxo (a femia co peito acastañado rosado) e as partes superiores gris azuladas, alas negras con franxa branca, mitra branca e cola longa e negra. Distribúese nos bosques húmidos de coníferas e planifolios do Paleártico. Na Península Ibérica localízanse polo extremo norte coincidindo coa rexión eurosiberiana e en Galicia vive nas fragas e nos bosques da ribeira.

      3. cardeal de Virginia

        [Cardinali

      4. cardeal dos piñeiros [cast: camachuelo picogrueso; ingl: pine grosbeak]

        [Pini

      5. cardeal escarlata [cast: camachuelo carminoso; ingl: scarlet rosefinch]

        [Carpodacu

      6. cardeal gris

        [Paroaria coronatus, Fam dos frinxílidos] Cardeal de ata 19 cm, de patas longas. Os dous sexos teñen a cabeza e a gorxa rubia cunha curupela. Vive nos prados con arbustos dispersos de Bolivia, Paraguay, Uruguay, S de Brasil e N de Arxentina. Apréciase como ave de compañía polo seu colorido e canto melodioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Redondela (Corcubión), segundo os planos do enxeñeiro Francisco Llovet (1755). Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade de cardeal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de carear.

    2. Referido a un corpo de volume que ten as caras traballadas para que formen ángulos rectos entre si.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘ollo’.

    VER O DETALLE DO TERMO