"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Obra de Pascual Madoz publicada en Madrid entre 1845 e 1850 e agrupada en dezaseis volumes. Contén datos sobre as entidades de poboación de España e as súas características xeográficas, onde se recollen aspectos sociais, demográficos e económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto do ilustrado Xosé Andrés Cornide Saavedra Folgueira do que se conservan preto dun milleiro de folios inéditos no Arquivo Histórico de Galicia, en Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de dúas letras que representa un só son. En galego son dígrafos: <ch>, che, [t? "Stone Sans PhoneticIPA" >ʃ ] (chafariz, chandarme); <gu>, gue u, [g] (ou [ô]) (regueifa, guindastre); <ll>, elle, [¥] (ou [J]) (burbulla, illa); <nh>, ene hache, [?] (unha); <qu>, cu u, [k] (queixo, quilo); e <rr>, erre dobre, [r] (torre, correo). Os dous elementos dun dígrafo non se poden separar, por constituíren a representación dun son único (al-gu-nha e non *al-gun-ha).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte dun discurso que se desvía do asunto principal para tratar doutro tema relacionado ou suxerido por este.

      1. Máxima desviación angular dun astro con relación a un plano de referencia, xeralmente, o plano meridiano do lugar de observación. No movemento das estrelas circumpolares hai dúas posicións nas que a súa separación respecto a este polo é máxima en acimut: a digresión oriental, cara ao leste, e a digresión occidental, cara ao oeste.

      2. Elongación máxima dun planeta.

    2. Figura retórica de pensamento que consiste na detención ou ruptura do fío argumental dun discurso para tratar temas secundarios ou complementarios máis ou menos relacionados con el. Os modos máis empregados de digresión son a introdución de comparacións, anécdotas, lembranzas, exemplos e as presentacións de espacios, personaxes ou vestiarios; na narrativa as evocacións, as prolepses da historia, as analepses, a intercalación de novos relatos na trama principal e, en xeral, toda intervención do narrador. Entre as súas funcións, destacan a de complicar a acción, crear unha pausa na acción principal, presentar os antecedentes dun personaxe ou documentar o tempo histórico e costumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Bulgaria situada á beira do río Marica (50.740 h [1996]). É un importante núcleo mineiro e centro industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Uljanovsk, Rusia, situada á beira do río Kama, afluente do Volga (135.085 h [1995]). Chamada Melekess ata 1972, posúe unha central nuclear e un instituto de investigación nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de sensibilidade das emulsións fotográficas proposta polo DIN e actualmente en desuso. Substituíuse pola escala internacional ISO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repetición, por erro, dunha frase, palabra ou sílaba que comeza ou remata igual ca a anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia encargada de ordenar e clasificar os discos fonográficos e demais rexistros sonoros en musicais ou literarios.

    2. Conxunto dos rexistros sonoros musicais ou literarios relacionados cunha época, materia, autor ou cun grupo determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa que edita calquera tipo de gravación fonográfica. A nivel mundial cómpre destacar, entre outras, Polygram, Virgin, Warner e Decca Records.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á discografía.

    2. selo discográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno na capacidade de expresar as ideas por medio da escritura en persoas de intelixencia normal, sen problemas sensoriais nin lesións cerebrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dun corpo sólido de crebar en partes máis pequenas pola influencia de causas externas, como a presión, a humidade ou a oxidación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de disgregar ou disgregarse.

    2. Operación química que consiste en solubilizar substancias insolubles en auga ou nos ácidos disolventes habituais na análise química. Os reactivos engádense en estado sólido e a mestura fúndese. Segundo a natureza dos reactivos e do fundente, a disgregación pode ser ácida ou alcalina, coas súas variantes oxidante, redutora e sulfurosa.

    3. Separación dos grans ou dos diferentes elementos que compoñen unha rocha por causas mecánicas ou químicas.

      1. disgregación mental

        Trastorno do pensamento que consiste nunha falta de estruturación e coherencia mental.

      2. disgregación psíquica

        Trastorno no que se dá unha desconexión evolutiva entre os diferentes elementos do psiquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que disgrega.

    2. Substancia que se engade a un comprimido co fin de que este se desfaga ao estar en contacto cun líquido. Trátase xeralmente de produtos que se humedecen facilmente e que, ao facelo, inchan e provocan a separación dos grans que, prensados, forman o comprimido. O máis corrente é o amidón do trigo. Actualmente, hai disgregantes sintéticos ou semisintéticos, como a celulosa microcristalina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desunir ou separar as partes integrantes dun todo ou dun grupo.

    2. Separarse as partes ou elementos que compoñen unha unidade ou grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Erro cometido polo copista dun texto, frecuente nos manuscritos antigos, que consiste na repetición dunha letra, dunha sílaba, dunha palabra ou mesmo dun período enteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos animais que apoian unicamente os dedos ao desprazarse, como por exemplo os cabalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación destinada á pesca do arenque no mar do Norte. O seu aparello consta de dous mastros; o máis grande iza dúas velas redondas e o mediano unha redonda e unha áurica.

    VER O DETALLE DO TERMO