"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • PERSOEIRO

    Químico. Foi un dos iniciadores da análise química e introduciu o uso do microscopio nos estudios químicos. Empregou o ensaio á chama para diferenciar o sodio do potasio e obter o P2O2 por combustión do elemento; e tamén demostrou en1946 que o cinc era un elemento, cando conseguiu illalo en estado puro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Culto que se profesa á Virxe María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente literaria que se caracterizou polo preciosismo, a énfase e a retórica enxeñosa. Iniciouse a principios do s XVII co poeta Giambattista Marino, estendeuse rapidamente por toda Italia e chegou a influír nas literaturas europeas do seu tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo lixeiramente deprimido que resulta asolagado polas augas mariñas cando sobe a marea. Tamén pode estar situada nunha zona de esteiro e verse afectada polas achegas fluviais. Está formada por sedimentos, normalmente limos e areas achegadas polo mar ou polos ríos, enriquecidos con materia orgánica, que permiten o desenvolvemento de ecosistemas de grande interese biolóxico. As condicións variables de humidade, salinidade e profundidade favorecen a aparición de diversos tipos de plantas superiores, algas e fitoplancto. Nas zonas mergulladas pódense atopar plantas semellantes a algas, nas beiras encharcadas de elevada salinidade abundan as plantas do xénero Salicornia, acelgas marinas (Beta marítima) e outras especies suculentas, e nas zonas de máis baixa salinidade e pouco somerxidas aparecen os xuncos mariños, os carrizos e as espadanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión chá e pantanosa de Andalucía, situada preto da desembocadura do río Guadalquivir. Separada do mar por unha liña de dunas e atravesada polo devandito río, abrangue unha superficie de 4.200 km2. Unha boa parte dos terreos está dedicados á gandería temporeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente de pensamento económico baseada na teoría subxectiva do valor e na análise marxinal. Iniciado no último terzo do s XIX coas obras de W. S. Jevons, K. Menger e Léon M. E. Walras, houbo outros autores que poden ser considerados precursores importantes, como Hermann H. Gossen, A. Dupuit e Antoine A. Cournot. A súa influencia espallouse por todo o mundo e deu pé a diferentes escolas, como a inglesa (A. Marshall e Francis Y. Edgeworth), a de Viena (Eugen von Böhm-Bawerk, Friedrich von Wieser) ou a de Lausanne (V. Pareto), e ao posterior desenvolvemento da microeconomía. Significou a substitución do valor traballo dos clásicos pola teoría do valor utilidade, que establecía que os prezos das mercadorías non eran proporcionais ás horas de traballo dedicadas á súa produción, senón á utilidade marxinal que proporcionaban aos consumidores. A orixe dos beneficios xa non estaba no proceso de apropiación da plusvalía ou de explotación do traballo, senón na súa achega ao proceso produtivo, equivalente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría científico--filosófica de K. Marx e F. Engels, e dos seus seguidores, que representou unha ruptura coas teorías sobre o home, a sociedade e a súa historia, que se limitaban a contemplar e interpretar o mundo, pero que eran incapaces de transformalo, porque descoñecían o mecanismo de funcionamento das sociedades. Arrancou do concepto de alienación, presente en toda a visión marxista da realidade. Marx intentou analizar a realidade material das relacións do home cara á natureza por medio do traballo: o home é a esencia da praxe, que transformando o medio se transforma a si mesmo, descubrindo unha realidade global que é natureza e historia. Neste sentido pódese definir o marxismo como unha filosofía materialista e dialéctica. Marx descubriu que o home está condicionado por unhas estruturas e unha sociedade que el mesmo creou a través deste proceso histórico. O home vivía nun estado de alienación que lle impedía progresar e realizarse humanamente. As estruturas económicas da Primeira...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariante do marxismo que concibiu e aplicou Lenin na construción do socialismo en URSS cando alcanzou o poder. Caracterizouse pola consideración de todo problema teórico en termos de práctica revolucionaria e pola clara comprensión de que a mediación decisiva entre teoría e práctica se atopaba na organización revolucionaria do proletariado. As formas desta organización deben ser establecidas de acordo coa especialidade do contexto histórico e as medidas políticas que haxa que levar a termo.

    2. Denominación do marxismo tal e como foi establecido teoricamente e, sobre todo, aplicado na práctica con posterioridade á época leninista. Chamado así pola ortodoxia marxista de URSS, tratouse dun corpo doutrinal que, con variantes máis ou menos importantes segundo as tendencias do movemento comunista oficial, ofrecía unha selección simplista e deformada do pensamento de Lenin a base de xeneralizar algunhas das súas observacións particulares, de utilizar fragmentariamente a súa obra ou de unir concepcións alleas, sobre todo stalinistas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adquisición ou desenvolvemento de caracteres sexuais secundarios propios do xénero masculino no sexo feminino de calquer especie animal.

    2. Presencia de caracteres sexuais secundarios masculinos na femia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modalidade de comportamento sexual caracterizada polo feito de que a excitación erótica e sexual, que a miúdo chega ao orgasmo, é provocada polo sufrimento físico que o suxeito se autoinfrixe ou recibe doutra persoa. Este termo derivou do novelista Leopold Ritter Sacher-Masoch (1836-1896), que presentaba a algúns dos seus personaxes caracterizados por este comportamento. Sigmund Freud ampliou este concepto ao cualificar o masoquismo como un comportamento sempre secundario, contraposto ao sadismo, e ao diferenciar tres tipos: o masoquismo que está condicionado pola gratificación sexual, o que é expresión da natureza do sexo feminino e o que deriva de determinacións inconscientes que esixen un castigo.

    2. Comportamento da persoa que goza ao se sentir humillado ou maltratado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Doutrina filosófica que estableceu a materia como un constitutivo fundamental da realidade. Defende non só a independencia do real respecto ao pensamento humano, senón tamén a materia como substrato último do Universo, concepto polo que se opuña ao espiritualismo. As primeiras elaboracións sistemáticas do materialismo foron dadas na Antigüidade, na escola Chārvāka, no mundo oriental e na do atomismo grego, en Occidente. Nos ss XVI e XVII xurdiu unha nova corrente materialista de carácter mecanicista que deu máis forza ás posicións idealistas e espiritualistas no campo filosófico. A partir de G. W. F. Hegel, a reinterpretación marxista da dialéctica recolleu a tradición materialista e modificouna radicalmente, polo que se estableceu o materialismo dialéctico e o materialismo histórico. O desenvolvemento científico dos últimos séculos revelou pertinente unha concepción do mundo materialista, pero aplicouse con moita redución limitándoa ao campo da teoría do coñecemento.

      2. materialismo dialéctico

        Doutrina filosófica establecida por Karl Heinrich Marx e Friedrich Engels en que recolleron as teses fundamentais do materialismo, aínda que se opuxeron á súa formulación mecanicista. Para a dialéctica marxista, o mundo debe ser concibido como un conxunto de procesos en que os corpos e o seu reflexo mental no cerebro humano, os conceptos, permanecen sometidos a un proceso constante de aparición e desaparición. Trátase dunha concepción xeral do mundo -que ten a súa base científica no materialismo histórico e nas ciencias naturais- e comporta unha peculiar teoría do coñecemento. Esta última, elaborada principalmente por Vladimir I. Lenin, sostén que o coñecemento humano reflite a realidade, e non de forma pasiva e fotográfica, senón de xeito aproximativo e activo en que a realidade se entende como constituída por unha infinidade de niveis que se integran nunha totalidade en movemento constante. O proceso de coñecemento ten que ser progresivo, pero sempre incompleto. O criterio de verdade,...

      3. materialismo histórico

        Teoría establecida por Karl Heinrich Marx e Friedrich Engels sobre o desenvolvemento das sociedades. En contra do papel determinante atribuído polo idealismo aos factores ideolóxicos ou políticos no proceso histórico, o materialismo establece que toda a historia da humanidade, a excepción dos seus estados máis primitivos, estivo dominada por unha loita de clases, e que estas clases son produto das relacións de produción e intercambio de cada época e que por tanto, a estrutura económica da sociedade é o fundamento real a partir do que se explican a superestrutura das institucións xurídicas e políticas e as formas de representación relixiosas, filosóficas ou doutra índole. Á parte do factor económico, o marxismo incluíu o factor humano como elemento tamén fundamental na transformación da realidade histórica.

      4. materialismo mecanicista

        Corrente filosófica que xurdiu no s XVIII representada inicialmente por La Mettrie e Holbach e no s XIX por L. Büchner, K. Vogt e J. Moleschott. Caracterízase polo feito de que reduce todo fenómeno psíquico-espiritual a unha simple manifestación de determinacións materiais, e concibe a realidade como integrada por entidades independentes, illadas e estables, definidas por propiedades primarias irredutibles unhas das outras. De aquí vén a súa afirmación da posibilidade dun coñecemento absoluto, baseado no progresivo descubrimento destas entidades e propiedades. Pode identificarse co naturalismo.

    1. Actitude ou tendencia a dar unha importancia excesiva aos intereses materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de organización social en que o parentesco e a pertenza   a un grupo son determinantes para un tipo de descendencia que segue a liña materna. Comporta tamén a herdanza dos bens maternos e o feito de que o control e a educación dos fillos corresponden ao irmán da nai e non ao pai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema social en que os cónxuxes viven na casa da nai da esposa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia do socialismo marxista que propugna a loita revolucionaria para impoñer un réxime baseado na propiedade colectiva dos medios de produción.

    2. Corrente que, dentro dun partido ou dunha corrente de pensamento, propugna o programa máis radical ou máximo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina pola que certos obxectos, animais ou persoas posúen moita concentración da enerxía vital do universo e están dotados dun poder extraordinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político-relixioso propugnado en Persia no s V polo mago e sacerdote Mazdak (470?-535). Tendía ao igualitarismo e a un comunismo incipiente e foi perseguido cruelmente (528-529) ata que os seus seguidores foron reducidos á clandestinidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixión da antiga Persia que orixinariamente tiña un carácter dualista, pero foi interpretada nun sentido monoteísta por Zoroastro, quen estableceu a Ahura Mazdā (Ormazd) como deus supremo. Posteriormente derivou en ritualista e asumiu elementos xudeus e budistas; este sincretismo debilitou o monoteísmo zoroástrico: o principio do mal, Ahrimān (Angra Mainyu), erixiuse en rival de Ormazd, nun dualismo case absoluto. Aínda que a noción de salvador (shaoshyant) foi lixeiramente tardía, correspondeu ao papel representado por Zoroastro. No s VII os mazdeístas refuxiáronse en India e en Persia, e entre estes xurdiron os autores máis destacados das obras teolóxicas mazdeístas, como Dênkart (s IX), os do Libro de Zoroastro (ss XII-XIV) e os de Revâyât (ss XV-XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ya Palatino; ḥ yà ibn Ismāīl al-Ma’mūn.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina segundo a que a realidade, ou polo menos a realidade natural, é concibida como unha máquina ou un mecanismo, ou é explicada segundo un modelo mecánico. A concepción mecanicista do mundo establece o real como un corpo único rexido por leis mecánicas ou ben como un conxunto de corpos en movemento (coincidindo fundamentalmente co atomismo) e afirma a posibilidade e mesmo a necesidade de dar conta dos fenómenos naturais a partir de modelos mecánicos. Facilmente vinculado a unha concepción materialista da realidade (materialismo mecanicista), o mecanicismo foi rexeitado polo propio materialismo, nas súas modalidades de comprensión máis humanistas (marxismo e materialismo dialéctico).

    2. Teoría que pretende explicar os fenómenos vitais por medio de leis físicas da mecánica, oposta ao vitalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estrutura complexa das partes dunha máquina.

      2. Conxunto de elementos mecánicos que fan unha función determinada dentro do conxunto dunha máquina ou dun aparato máis complexo.

      3. Maneira en que opera unha máquina.

      4. Manexo dun instrumento ou dunha máquina.

    1. Maneira de funcionar, de desenvolverse ou de organizarse algo.

      1. Medio mecánico para producir o son nos instrumentos musicais, conectado habitualmente a teclas ou botóns.

      2. Movemento físico tendente a obter, cunha parte ou outra do corpo, os sons musicais dun instrumento, como, por exemplo, os movementos dos dedos polo piano.

    VER O DETALLE DO TERMO