"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ortigueira baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela que pertenceu a unha antiga fundación monástica que tivo o seu esplendor a mediados do s IX cando foi reedificada polo conde Gatón. No s X Ordoño II incorporouno á mitra compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Negro (Aquitania 790 - 838?) Escritor. Clérigo ou monxe, entre o 826 e o 828 escribiu un poema latino en dísticos, imitando a Homero, Virxilio e Ovidio. Nel contou a vida e os feitos de Luís o Piadoso durante o período 781-826. Tamén escribiu dúas elexías, á maneira de Ovidio, dirixidas ao Rei Pipino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro particular e dúplice que estivo situado en Santalla da Devesa (Ribadeo). Documéntase nunha doazón feita por Iquilo o 5 de xullo de 1002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante de Ermesinda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino de orixe discutida. Presenta a variante gráfica Hermoxio. Pode tratarse dun composto xermánico (de airman ‘grande’, ‘poderoso’) ou dun derivado do grego erēmikós ( ἐ ρημικός) ‘senlleiro’, de erēmía ( ἐ ρημία) ‘soidade, deserto’. Hai tamén quen o vincula, partindo da variante gráfica con h, ao nome Hermes; e mesmo quen pensa que se trata dunha simple metátese de Remixio (en latín Remigius). Destaca con este nome o santo galego Ermoxio (s X), bispo de Tui. A súa festividade celébrase o 26 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, na marxe dereita do río Deba (17.346 h [1996]). A base da súa economía é a industria metalúrxica, pero tamén son importantes a agricultura (cereais) e a gandería bovina e porcina. Fundada no s XII, quedou practicamente destruída trala Guerra da Independencia (1808-1814). Do seu patrimonio cultural destacan o palacio de Valdespina, o palacio de Santa Cecilia e a parroquia de Santiago Apóstol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na localidade biscaíña de Ermua en 1980. Editada polo Centro Galego de Ermua, tiña unha periodicidade anual. Tirábase do prelo con motivo do Día das Letras Galegas e contiña diversos artigos sobre esa data e a personalidade homenaxeada, e outros nos que se abordaban diferentes aspectos da cultura galega. Reproduciu, ademais, textos de Fermín Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro e Rosalía de Castro. Complétase co programa de actividades da institución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de escama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten unha forma semellante ao escapo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de escarmentar. Na tradición oral recóllense ditos como: “Benaventurado o que noutro foi escarmentado! A vella, de escarmentada, pasa o rego remangada. Cos escarmentados fanse os avisados”.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Castigar ou reprender a alguén para que non volva cometer unha falta.

      2. Ser algo a causa de que alguén se corrixa e non volva cometer unha falta.

    1. Aproveitar a experiencia ou as ensinanzas propias ou alleas para non cometer os mesmos erros ou faltas. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ten que se saber escarmentar o que non queira chorar. Escarmentar na cabeza allea é unha boa ciencia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Castigo que se lle impón a algunha persoa. Na tradición oral recóllense ditos como: “O escarmento trae ás veces o arrepentimento”.

    2. Ensinanza que se extrae de erros alleos ou pasados e serve de advertencia para evitar repetilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás esclerodermatáceas.

    2. Fungo da familia das esclerodermatáceas.

    3. Familia de basidiomicetos con basidiocarpos estipitados, de peridio groso e simple, capilicio rudimentario e coas basidiosporas redondas e sen esterigmas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade do grupo das colaxenoses, de causa descoñecida e de patoxenia inmunolóxica, que afecta á pel, ás articulacións, aos músculos e a algunhas vísceras como o esófago e o resto do tubo dixestivo, o pulmón, o corazón e os riles. A forma xeneralizada da enfermidade denomínase tamén esclerose sistemática progresiva e os seus síntomas principais son: enfermidade de Raynaud, esclerodactilia, artralxias, telanxiectasia, calcificacións subcutáneas ou calcinose, afectación da cara, que se volve coma unha máscara, e trastornos funcionais das vísceras danadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola destinada á formación de mestres. En 1834, grazas á iniciativa do ministro galego Xosé Moscoso de Altamira, proxectouse por primeira vez a fundación dunha escola normal, seminario de mestres, en España. O termo “normal” figuraba xa nun decreto de Napoleón de 1808, con antecedentes no contexto da Revolución Francesa. En Alemaña, habería que remontarse ao s XVII para atopar referencias aos seminarios destinados á formación do profesorado. En 1839 inaugurouse a Escuela Normal Central que tiña entre os seus obxectivos formar mestres instruídos e capaces de dirixir as escolas normais de provincias. En 1843, o regulamento publicado contribuíu a acelerar a súa fundación. Arredor de 1845, existían en case todas as provincias, pero, en 1849, reduciuse o seu número. En Galicia, as dúas primeiras foron as de Ourense (1841) e Lugo (inaugurada o 30 de outubro de 1842, dirixida por Cayetano Hermógenes Palacios). O 2 de xullo de 1845 inaugurouse a da Coruña con Antonio de la Iglesia (director)....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos escualiformes.

    2. Peixe da orde dos escualiformes.

    3. Orde de peixes da clase dos condritios ao que pertencen as quenllas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Formouse no eido da cerámica na Escuela de La Moncloa e no eido dos metais na Escuela de Artes Aplicadas Mestre Mateo. Especializouse no traballo en esmaltes sobre metal. Profesora da Escuela de Artes Aplicadas y Oficios Artísticos Mestre Mateo de Santiago de Compostela dende 1978. Participou, entre outras mostras, na Bienal Internacional da Arte do Esmalte (Limoges, 1976), Artesanía galega (Canadá, 1984), Email-Kunst (Deidesheim, 1985), I Bienal Internacional El món de l’Esmalt (Salou, 1989), The Japan Shippo Conference (Toquio, 1993) e na Homenaxe de artistas galegos ao Che no 30 aniversario da súa morte (1998). Realizou exposicións en Santiago de Compostela e Vigo. Entre outros galardóns recibiu as medallas de prata e bronce no V e VI Concurso Exposición Mestre Mateo, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO