"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade da cuprita que se atopa en forma de filamentos capilares de cor vermella.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caldeira volcánica da illa de La Palma, Santa Cruz de Tenerife, Canarias, cunha extensión de 35 km2, declarada parque nacional en 1954. Situada dentro do municipio de El Paso. O relevo combina os picos do bordo da caldeira cos vales abarrancados polos que circulan cursos torrenciais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de axentes anticanceríxenos producido por bacterias da orde das actinomicetais. É un dos axentes anticanceríxenos máis potentes en tumores de animais.
-
PERSOEIRO
Gravador francés. Foi discípulo de Philippe Thomassin e Giulio Parigi. A súa obra caracterízase pola forza expresiva, polo seu sentido espacial, realismo e composición das masas. Tecnicamente débeselle a substitución do verniz suave polo forte dos xoieiros e dos fabricantes de instrumentos de corda nas augafortes, fórmula que perdurou durante anos. Estableceuse en Florencia ao servizo de Cosme II de Medici, onde gravou Caprichos (1617) e Feira da Impruneta (1620). En 1621 volveu a Francia, ao servizo do duque de Lorena, e gravou Pequena feira (1621) e as series dos Mendigos (1622) e da Nobreza Lorenesa (1623). En 1625 Isabel Clara Uxía solicitou os seus servicios, así que se trasladou a Flandres, onde gravou O sitio de Breda (1628), temática que retomaría en O sitio da illa do rei e O sitio da Rochelle. As súas últimas composicións foron Miserias da guerra (1633) e Suplicios (1634).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘zapato’.
-
Forma invariable que se aplica a unha persoa ou a unha cousa dun grupo sen importar cal (
-
Forma invariable que expresa que o designado polo substantivo non ten valor, importancia ou categoría (
-
-
-
Forma invariable que se aplica a unha persoa ou a unha cousa dun grupo sen importar cal (
-
Forma invariable que expresa que o designado polo substantivo non ten valor, importancia ou categoría (
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘zapato’.
-
GALICIA
Dramaturgo. Estudiou dereito e ingresou no corpo de avogados do estado. Ocupou diversos postos nas delegacións de Facenda de Madrid e Barcelona, na Cámara Oficial del Libro e no Instituto Nacional del Libro, presidiu a Sociedad General de Autores de España e foi director xeral do Contencioso e do Tribunal Económico Administrativo Central. O seu teatro presenta problemas políticos, relixiosos ou morais resoltos de maneira convencional, como en La cárcel infinita (1945) ou La muralla (1954), unha das obras de máis éxito da posguerra española. Outras obras da súa autoría son: Criminal de guerra (1951), Historia de un resentido (1956), La ciudad sin Dios (1957) ou La herencia (1958). Cultivou tamén a comedia, con pezas como Una muchachita de Valladolid (1957), Cartas credenciales (1960), Operación Embajada (1962) e La pasión de amar (1991). O recoñecemento popular veulle, non só polo éxito das súas obras...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre galego. Emigrou dende Galicia para instalarse en Montevideo, onde dirixiu, durante varios anos, o Colegio Galaico-Americano e apoiou a reforma educacional que José Pedro Varela comezara en Uruguay. En 1880 colaborou con La Voz de Galicia e, entre 1882 e 1883, con El Eco de Galicia, elaborando artigos sobre a historia e a literatura galega, e cun coñecido traballo antropolóxico sobre os costumes no campo uruguaio titulado “Tres semanas en el campo”. Participou tamén na redacción de El Heraldo Gallego en 1889, xornal que dirixía Ramón García Vicetto. Foi un dos fundadores do Centro Gallego de Montevideo en 1879, no que realizou diversas actividades.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi membro do Consello de Lexislación (1793) e ministro de Xustiza (1799) do Directorio tralo golpe de estado de Sieyès. Napoleón Bonaparte nomeouno segundo cónsul (1799), arquichanceler do Imperio (1804) e duque de Parma. Presidiu o Senado e o Consello de Estado en ausencia de Napoleón. Foi un dos redactores do Código Civil francés (1801-1804).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Comezou a súa actividade dramática no grupo da Universidade Laboral da Coruña. Ademais de ser fundador do grupo de teatro e monicreques Petón da Fox, en 1989, e do grupo Birimbau, en 1990, traballou no eido da dobraxe, como actor de teatro e televisión e tamén en curtametraxes. Participou, entre outros, nos espectáculos A esperar por Godot, do Teatro Galileo (1999), e Os vellos non deben de namorarse, do Centro Dramático Galego (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral francés, barón de Wagram, ao servizo de Napoleón, a quen seguiu á illa de Elba. Tomou parte na Batalla de Waterloo e a el atribuíuselle, como resposta á intimidación a renderse, a palabra merde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cóengo da catedral de Lugo e historiador. Foi o informante dos padres Flórez e Risco, autores de España Sagrada, e traduciu Instituciones de Derecho eclesiástico (1791), de Berardi, e as obras do bispo San Cibrán. Ademais escribiu Historia civil, diplomático-eclesiástica, antigua y moderna, de la ciudad de San Sebastián (1870) e Nueva demostración sobre la falsedad del privilegio del rey D. Ramiro I (1805). Foi membro correspondente da Real Academia da Historia desde 1801.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e pintor. Discípulo de Casto Sampedro Folgar, en 1906 ingresou na Sociedad Arqueológica de Pontevedra onde foi colaborador e debuxante oficial. Os seus traballos representan monumentos arquitectónicos realizados cun espírito arqueolóxico. O seu primeiro debuxo coñecido é Casa de Pontevedra, datado arredor de 1901, e produciu a maior parte da súa obra entre os anos 1906 e 1910. En 1909, co gallo da Exposición Rexionalista Galega de Santiago de Compostela, foi nomeado delegado da Sección Arqueolóxica e realizou, en colaboración co gravador Enrique Mayer Castro, os debuxos de catalogación da riqueza artística de Pontevedra e do arcebispado de Tui. No mesmo ano recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra e trasladouse a Madrid onde descubriu a primeira lápida romana atopada na capital. Realizou tamén acuarelas enmarcadas nunha tendencia impresionista que evolucionou cara a un expresionismo no que sobresaía o grafismo e a cor. Entre os seus debuxos destacan: Tejados...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Camposanquense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Complexo tecnolóxico identificado nos anos vinte do s XX por Jalhay e Serpa Pinto a partir dun conxunto lítico procedente da praia de Camposancos (A Guarda). Os primeiros investigadores relacionárono co Ancorense portugués e, posteriormente, Maury co Asturense. Estudiado tamén por Xosé María Álvarez Blázquez, Leisner e Vidal Encinas, é difícil de encadrar, tanto cronolóxica como culturalmente. Cano Pan sostén na súa obra Las industrias líticas talladas en la costa de La Guardia a Bayona (1991) que ten unha orixe polixenética e atribúe os distintos útiles deste complexo técnico a unha serie de períodos cronolóxicos distintos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Nacional del Teide-Las Cañadas.
-
PERSOEIRO
Escritor. Comezou a súa andaina literaria en El Correo Gallego, de Ferrol. Publicou os poemarios La musa loca (1910?) e Flor de mi senda (1912), e a miscelánea Alborear (1915?), que incluía poesía e teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tea delgada de algodón orixinaria da India.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘mentir’.